Igualdade para dar e recibir
Pegging é a penetración anal dun home por unha muller, servíndose ela para tal fin dun dildo ancorado na súa cintura. Certamente, un tema tabú que esperta críticas previsibles e non fundamentadas: “Iso é cousa de maricóns”, é a máis repetida. Con todo, moitos destes críticos descoñecen a fonte de pracer que están a pasar por alto.
Este xogo sexual, que nun inicio parecía destinado só a parellas lesbianas, conta cada vez con máis adeptos confesos entre o público heterosexual. Unha forma indirecta de democratizar a relación de parella, elixindo o grosor e mais a cor do instrumento.
O sexo anal non goza hoxe de moi boa prensa, posto que pola súa propia definición moitos homes heterosexuais non conciben recibir sexo desa maneira.
Con todo, xa na literatura, o Marqués de Sade en toda a súa obra e autores como Guillaume Apollinaire no seu libro Les Onze Mille Verges apoiaban esta práctica como verdadeira fonte de pracer (criticando a miúdo a penetración vaxinal), posto que o devandito orificio era o molde perfecto para que o pene ou obxecto utilizado atopase aposento.
Pero esta “mala prensa” ten, como gran parte das críticas, a súa orixe nunha profunda ignorancia e descoñecemento.
Practicado correctamente, o pegging é unha práctica sexual moito máis enriquecedora ca o sexo convencional. Alén da mera penetración, o pegging esixe unha comunicación de parella fluída e unha confianza sólida, dado que se trata dunha zona delicada que require mimo e atención. Pura simbiose.
E para os menos decatados, que normalmente adoitan ser os primeiros en criticar, quizabes lles conveña saber unha cousa: a estimulación da próstata (o equivalente ao punto G feminino) chega pola porta de atrás.




A próstata non é o equivalente do punto G.
A próstata EXISTE.
Snob Megalove, insinúa que o punto G feminino non existe?
Ven da experiencia esa certreza? Explíqueme se me trabuco.
Grazas pola entrada de hoxe Jose Andres.