Totó García versus Nacho Vidal

Entre os nosos referentes temos o Saló del sexe en català, unha iniciativa a cargo do Festival Internacional de Cine Erótico de Barcelona que contou con tres edicións, a primeira en 2006 en Manresa, e que tiña por obxectivo normalizar o sexo en lingua catalá. Lamentablemente, este Festival xa non se celebra (e non sen polémica).

Por outra banda, o que aínda temos é o Salón Erótico de Barcelona, un festival de renome que non perdeu nada de fol; ao contrario: cada ano acapara un maior interese mediático; Nesta ocasión celebrarase do 6 ao 9 de outubro, é dicir, dentro de nada.

Con esta escusa, aproveitamos para informar dunhas votacións que están a ter lugar estes días: as de mellor actriz porno e mellor actor porno do Estado. Nesta última, hai unha nova que no Ferrete nos interesa enormemente:

Totó García vai segundo nas votacións!

Aínda hai tempo para votar e chimparlle ese primeiro posto que neste momento ostenta Nacho Vidal.

Un comentario para “Totó García versus Nacho Vidal”

  1. Ala, moitas grazas polo post :D D