Hipertrofia na arte

Nunha entrada recente comentabamos o caso de Ellie Jaycock, que padece macromastia xuvenil. Ben, ao fío traemos esta pintura na que aparece retratada Lu-Shi, de 42 anos, pouco antes de lle ser extirpado o peito (a extirpación de cada mama está documentado que levou tres minutos e medio aproximadamente). O autor do lenzo é o chinés Lam Qua, que o asinou o 17 de abril de 1848.

Sen admisión de comentarios.