Refuxio contra ninfómanas

A policía rescata un cidadán de Múnic que se refuxiou nun balcón para fuxir dunha ninfómana que lle esixía volver ter sexo tras unha longa noite de paixón. A vítima, de 43 anos, coñeceu a muller, catro anos maior, nun bar da cidade bávara. Ambos os dous foron á casa dela e tiveron relacións, segundo explicou a propia policía nun comunicado. Cando o tipo quixo marchar, a muller pechou a porta con chave e pediulle máis. O home someteuse inicialmente aos seus desexos, pero ante o desemedido apetito sexual da súa compañeira, buscou refuxio no balcón.

{Fonte: El Jueves}

Sen admisión de comentarios.