19042012
Coruña española y olé
Engadido por admin | Categoría: Abuso e discriminación, Lingua galega | 3 comentarios

(…) Se xa é unha mágoa que o PPdeG renuncie á lingua galega, o que resulta inconcibible é que iso suceda tamén coa propia Xunta. Neste caso vemos ben claro como ultrapasando toda norma, desprezando mesmamente a Lei de Normalización Lingüística, a Consellería de Cultura e Educación, desoficializa na práctica o topónimo ‘A Coruña’ ao tempo que nos dá mostras do papanatismo instalado nas altas esferas do goberno galego. Quen debería dar exemplo de respecto e coidado especiais pola lingua galega ofrécenos desleixo, menosprezo e auto-odio.
{Fonte: Carta Xeométrica}



Será Xunta española y olé, estou farto de ver sempre que se vincule a cidade da Coruña con estas cousas, os coruñeses non somos culpables dos feitos dos políticos e o seu papanatismo.
Por o tanto vincular a cidade con españolismo e olé, paréceme unha falta de respecto á cidadanía coruñesa, que respecta como os demáis habitante galegos ao galego e á sua cultura.
Que alguén queira facer política co nome da cidade é problema seu, e moi corto de mirás quen vencella, intenta vencellar, ou aparenta vencellar ese feito coa cidadanía coruñesa.
Ola, Anxo. Eu non o vexo coma ti. Entendo que ben puido ser Orense español y olé, Puentevedra española y olé e demais parvadas.
Faltas de respecto? Da Xunta, como sinala o texto moi claramente. E de ninguén máis.
Cidadanía coruñesa? Aquí non se apunta nada ao respecto, nin para ben nin para mal; secasí, tal cal eu o vexo, dicir que non é culpable dos feitos políticos locais é moito dicir. Cada cidade e cada país escolle os seus representantes. Os galegos si somos culpables de sufrir esta Xunta, disto eu non teño moita dúbida (mesmo con todos os condicionante que un lle quere meter: corrupción do sistema electoral, sen ir máis lonxe), os composteláns si son culpables de permitir que un personaxe coma Conde Roa chegase a mandar no consistorio, os pontevedreses de teren a Lores ou os lugueses a Orozco. Poida que nin ti nin eu teñamos unha responsabilidade persoal co noso voto, pero si na nosa pertenza ao colectivo. De calquera maneira, isto xa pertence a outra discusión e nada ten que ver coa entrada presente, a cal nada menciona sobre a atitude e responsabilidades da cidadanía coruñesa a ningún respecto.
Alejandro, xa vexo na nova que a quen se culpa é a Xunta, pero sei que o cabezallo da nova fai esa vinculación á cidade, non á Xunta de aí que eu puxese, Xunta española e olé, que penso sería máis correcto, e non Coruña española e olé, que non penso corresponde co que se describe na nova.
Sei que a culpa da nosa clase política e dos nosos representantes no goberno é nosa porque somos nos quen votamos, pero tamén che direi que máis ca culpa de quen vota, e culpa de quen non vota, de feito nunhas eleccións podemos dicir que vota un 50% da pobación con dereito a voto, quen é quen decide quen nos representa e dese 50% un 25% digamos fai a maioría, por o tanto estamos gobernados por o que decide un de cada catro. E isto porque un 50% di que non lle interesa a política ou pasa da política, pero en canto lle recortan dereitos na sanidade, na educación, nos dereitos laborais, etc. son os primeiros que protestan, cando esas persoas que non votaron son parte da culpa, xa que coa sua abstención, voto en branco ou nulo, fixeron posible que o goberno esté apoiado por menos dunha cuarta parte da cidadanía, así que tampouco votemos toda a culpa a xente que si cumpre co seu dereito de ir votar, e tamén botemos a culpa a que non exerce ese dereito, que tamén teñen unha boa parte da culpa, que aquí parece sempre que temos a culpa quenes imos votar. Saúdos.