Das variacións na temperatura

O sistema de determinación do sexo pola temperatura ambiental é un tipo de determinación do sexo da descendencia por factores ambientais no cal a temperatura á que están sometidos os ovos durante o desenvolvemento embrionario do animal determina que o individuo que vai nacer sexa dun sexo ou outro. Hai determinados limiares de temperatura que ao sobrepasalos nacen individuos dun sexo, e cando a temperatura permanece por debaixo nacen do outro sexo. Onde é máis común este sistema é entre a clase dos réptiles.

{Fonte: Galipedia}

Sen admisión de comentarios.