Pápulas perladas

As pápulas perladas son unha condición dermatolóxica que se manifesta decote nos homes. É un fenómeno fisiolóxico inofensivo, sen ningún potencial maligno. Aparecen en filas de pequenas protuberancias de cor carne na coroa do pene (na base do glande). É pouco frecuente que se manifesten en todo o glande. Non é unha enfermidade de transmisión sexual e a súa aparición non se relaciona coa actividade sexual ou a hixiene persoal. Recentes investigacións mostraron que é de tipo hereditario. As protuberancias son moi sensitivas, o que pode chegar a causar molestia. Estas pápulas persisten durante toda a vida, diminuíndo a súa visibilidade conforme avanza a idade.

Unha condición similar ocorre nas mulleres, que pode ser malinterpretado como a infección HPV; tampouco é unha enfermidade de transmisión sexual.

{Fonte: Wikipedia}

Sen admisión de comentarios.