O galego oral de Google

O servidor Google fala galego, éuscaro e catalán. A empresa incluíu no seu servizo de procura por voz, Voice Search, as linguas destes tres países sen estado, e responde a calquera termo que queira buscarse. Dende Google informaron o pasao venres a través do blog oficial de que o búlgaro, portugués, finés, húngaro, islandés, noruegués, romanés, serbio, eslovaco e sueco tamén foron engadidos ao servizo, que funciona nos móbiles intelixentes con sistema operativo Android -a partir da versión 2.2.

{Fonte: Slashgear}

2 comentarios para “O galego oral de Google”

  1. outro máis di:

    A min no Samsung furrúlame, no Sony non podo nin escoller o galego…

  2. outro máis di:

    Pero si que podo escoller o galego como lingua do teléfono. Ten cousas sen traducir, pero bueno…