Un dos primeiros filmes porno ou para adultos en contar cun argumento e guión elaborados foi a película norteamericana Deep Throat (1972). A longometraxe foi dirixida por Gerard Damiano, de orixe italiano, e tivo como actriz principal a Linda Lovelace, pseudónimo de Susan Boreman.
A fita foi vetada e tachada de inmoral e obscena en 23 dos 50 estados dos Estados Unidos polas súas imaxes de sexo explícito. Ademais, foi un dos primeiros filmes para adultos en amosar sexo anal, cando, a comezos da década dos 70, aínda non proliferaban estas prácticas, mesmo no eido pornográfico.
Cunha trama sinxela a modo de comedia, Deep Throat converteuse, pouco despois da súa publicación, nun fenómeno cultural e mediático. Malia contar cun baixo orzamento de apenas 25.000 dólares, foi unha das fitas máis rentábeis da historia do cinema X. Gerard Damiano rodouna en seis intensos días e supuxo un duro ataque á moral puritana dos Estados Unidos. Nela, a moza protagonista, interpretada por Lovelace, manifesta unha disfunción á hora de sentir o orgasmo ao practicar sexo; tras consultalo cunha amiga e probar con múltiples prácticas sexuais, acode a un psicólogo, quen acaba por descubrir que o clítoris da moza se atopa na súa gorxa, polo cal se estimula mediante felacións profundas.
O filme veuse rodeado de polémica dende un principio por estar vinculado na súa distribución a unha empresa con lazos coa Mafia italiana. Mais a problemática non quedou aí, a película foi levada a xuízo en múltiples ocasións e a derradeira delas por petición da súa actriz principal, Linda Lovelace, quen asegurou que fora forzada a realizar o filme polo “sádico” do seu primeiro home, Chuck Traynor, quen segundo ela, a tería ameazado con matala se non o obedecía. A estrela do porno chegou a converterse en activista en contra da industria do porno nunha etapa da súa vida.
Dende logo é unha peza que non deixa indiferente a ninguén e a súa trascendencia chega até os nosos días, posto que no 2005 publicaron Inside Deep Throat, un documental que trata a relevancia que o filme tivo na vida social e cultural americanas e que inclúe entrevistas con varios dos actores e xente da vida pública dos Estados Unidos.




Any interesting discussion is worthy of attention, this blog is definitely worth adding to your favorites.