San Pornando Valley

O Val de San Fernando, tamén coñecido como “Porn Valley” ou “San Pornando Valley”, está situado ao sueste de California, nos Estados Unidos. Non sería máis que un belo val californiano se non fose porque dende os anos setenta foi concentrando a industria do porno do maior consumidor e produtor de porno mundial, Estados Unidos. Calcúlase que preto do 90% dos filmes X distribuídos e feitos legalmente neste país foron quer producidos, quer filmados no Val de San Fernando.

Foi nunha clínica do “Val do Porno” na que saíu á luz unha nova que fixo tremer a industria do cine de adultos ‘made in USA’. Los Angeles Times publicaba que “un actor de cinema para adultos deu positivo por VIH na Clínica Sherman Oaks (situada no Val de San Fernando), usada pola industria pornográfica”. Malia non darse máis datos sobre o acontecido (mesmo se descoñecía o sexo do figurante) axiña saltaron todas as alarmas e o cine para adultos californiano ficou en corentena.


Este caso alimentou a controversia que rexorde a cada pouco nos Estados Unidos sobre se os actores e actrices porno están suficientemente protexidos nas súas rodaxes contra as enfermidades venéreas. Con todo, a empresa do porno e as autoridades médicas americanas promoven activamente, tal e como asegura LA Times, as probas para evitar infeccións de enfermidades de transmisión sexual.

Moitas asociacións a favor do uso do condón reclaman que se utilicen preservativos tamén nas fitas X, a modo de exemplo para a poboación e para introducir esta peza imprescindible no xogo sexual, coa finalidade de normalizala.

O Divino Ferrete aposta por un sexo de calidade e seguro, como non podía ser doutra maneira, con actores e actrices que exaculan en galego. Será unha foda sen riscos, tanto para Lorena como para os seus “amantes galegofalantes”.

2 comentarios para “San Pornando Valley”

  1. Outes di:

    Coma sempre, interesante e instructivo!

    • olalla di:

      A próxima entrada será froito dunha interesante e moi lúbrica conversa na cidade vella de Santiago. Terás algo que ver.