admin « O divino ferrete

Poetas sen roupa

Poets without Clothes é un blog que recompila imaxes de distintos poetas e épocas coa característica común de estaren nus os fotografados.

O telexornal do século XV

TVE explica como vestir as fillas con decoro para que non provoquen. O telexornal da cadea pública volve sementar de novo a polémica despois de afirmar hai uns días que rezar calma a ansiedade das persoas desempregadas.

Do trío aciago

Un ménage a trois pasou do pracer á dor cando Ashley Hunter, de 33 anos, apuñalou a Orlando DeWitt, de 37 anos, durante unha cita. O ataque produciuse cando DeWitt se negou a cambiar de posición durante o acto sexual.

{Fonte: NewsOne}

Curso de prostitución

O Violasogros

José Bernardo Medina, un mexicano de 36 anos foi detido pola policía local tras ser denunciado polo seu sogro por violación. Seica José pasou unha noite de festa co seu sogro e inxeriu moito alcol, sentindo a necesidade de practicar sexo co seu sogro, quen no entanto, grazas ás súas fillas, puido ser socorrido.

{Fonte: Cuatro}

O doutor mutilador

Refrega no bordel

En Tournai, unha localidade situada na rexión de Valonia, en Bélxica, a 85 quilómetros da capital, un home armado cun coitelo entrou nun bordel situado na avenida de Maire, nos arredores da cidade, coa intención de roubar o diñeiro que había na caixa. A reacción inicial das prostitutas alí presentes foi a de se agocharen na parte traseira do local, mais antes de que o ladrón conseguise facerse co botín, tiraron de todo o que tiñan ao seu alcance para impedir o atraco. Segundo a prensa local, as mulleres utilizaron consoladores para golpear ao individuo, que finalmente fuxiu do bordel con apenas 30 euros.

{Fonte: El Mundo}

Os rabinos mamóns

Os rabinos norteamericanos gañaron a batalla legal e agora poderán succionar o pene dos cativos aos que lles realizan a circuncisión como parte do rito xudeu.

{Fonte: SDPNoticias}

A homosexualidade como delito

A homosexualidade é un delito en 80 países do mundo. Nalgúns, como en Irán, Iemen ou Arabia Saudita, onde se aplica a sharia, ese delito págase coa morte. Uganda, un dos países máis profundamente cristiáns de África, tamén decidiu modificar o seu código penal para condenar á morte os homosexuais. O proxecto de lei, actualmente en discusión no Parlamento de Kampala, contempla a execución para a chamada homosexualidade agravada ou reincidente, e a cadea perpetua para todo aquel sorprendido tendo relacións sexuais con alguén do mesmo sexo.

{Fonte: Caza al homosexual, no diario El País.}

Ofensiva de Papa Paco