Dinamarca, onde os gais casan pola Igrexa
Para que redactar un texto propio cando Fran P. Lorenzo informou perfectamente a través de Dioivo? Copio e pego:
Mentres Oriente e Occidente se unen nese cruzada fóbica contra gais, lesbianas e transexuais, hai lugares nos que mesmo a vivencia relixiosa da homosexualidade está a lograr unha normalización inédita. Dinamarca, por exemplo, debate hoxe [14 de marzo] no seu parlamento unha lei que será previsibelmente aprobada en xuño, e que permitirá os matrimonios homosexuais nas igrexas dinamarquesas. O texto, froito dunha promesa eleitoral de 2010, apóiano os tres partidos da coalición gobernamental de centro-esquerda e a alianza roxi-verde Lista Única.
Desde hai unha década Dinamarca, onde non existe separación entre Estado e Igrexa, xa permitía unha sorte de benzón nos templos do país para as parellas de gais e lesbianas, casadas civilmente. Agora con esta medida, que conta coa oposición dos sectores máis conservadores de Igrexa Nacional Luterana malia respectar a vontade dos pastores de exercer ou non o casorio, dáse un paso máis na normalización plena dos dereitos homosexuais, nun terreo tan espiñento e fértil para a homofobia como é o da relixión. Dinamarca ponse así á cabeza, canda España, Islandia, Portugal, Suecia, Noruega, Sudáfrica, Canadá ou Bélxica, desoutra liga internacional de Nacións Unidas contra a Homofobia, nas que, malia os progresos evidentes, aínda queda moito por facer e por batallar.

{Ler o texto completo}
{Máis info en Church of Denmark#Same-sex marriage}





