Piti Sanz achéganos este texto.
Vin a radiografía. Era clara. Líanse as letras do obxecto no meu interior. Vin a radiografía do abdome, a parte baixa. Vin a radiografía de recto. Colon-recto. Vin a radiografía do meu puto cu co vaso introducido, facendo o baleiro. As letras. Líase perfectamente: DURALEX. É unha marca de lencería de cristal. Mentira cocha, é unha marca de vaixelas. É curioso, vaixela sempre me soou a vaxina e esta vez confundín o continente co contido ou eu que sei. Fixen familia semántica. Dito así é comprensíbel. Minto outra vez. Só metín un vaso polo cu no cumio da excitación sexual, e fíxeno polo lado equivocado. Refírome ao vaso, o lado equivocado do vaso. O cu foi un acerto, xeralmente, até hoxe…
O caso é que me gustan as conas mais que a un parvo un lapis. Sempre fun moi lambeconas, termo que o corrector automático do word me corrixe coma se non existise. Existo, son, e son moi lambeconas, reafírmome. Nunca me interesou a idea de foder con outro tío, pero si que unha cona ben establecida ma metese dalgunha forma. Somos humanos e utilizamos ferramentas, iso diferéncianos dos animais.
Coñecín a ….. un día calquera. De seguida conxeniamos. Aos poucos días comenteille a idea: fodámonos mutuamente, con ferramenta… Mágoa que a ocorrencia sucedese en plena excitación, a saber: o sangue non se concentra no cerebro, por tanto as xenialidades brillan pola súa ausencia.
Había un vaso de cristal (o famoso DURALEX) na mesiña de noite… Era un vaso estreito para beber, pero ancho para unha penetración anal. Isto excitoume máis, ‘se cabe’, e perdón polo retruécano.



