Abuso e discriminación « O divino ferrete

O telexornal do século XV

TVE explica como vestir as fillas con decoro para que non provoquen. O telexornal da cadea pública volve sementar de novo a polémica despois de afirmar hai uns días que rezar calma a ansiedade das persoas desempregadas.

A homosexualidade como delito

A homosexualidade é un delito en 80 países do mundo. Nalgúns, como en Irán, Iemen ou Arabia Saudita, onde se aplica a sharia, ese delito págase coa morte. Uganda, un dos países máis profundamente cristiáns de África, tamén decidiu modificar o seu código penal para condenar á morte os homosexuais. O proxecto de lei, actualmente en discusión no Parlamento de Kampala, contempla a execución para a chamada homosexualidade agravada ou reincidente, e a cadea perpetua para todo aquel sorprendido tendo relacións sexuais con alguén do mesmo sexo.

{Fonte: Caza al homosexual, no diario El País.}

Fellatio non petita, accusatio manifesta

O Ministerio Fiscal do Estado español solicitou dous anos de cárcere para un home acusado de abuso sexual, por facer unha felación a un amigo mentres este estaba durmido. O xuízo celebrarase na sección terceira da Audiencia cántabra. Segundo se recolle no escrito de cualificación da Fiscalía, os feitos ocorreron cando o procesado estaba no interior do seu domicilio nacompaña do seu hoxe ex-amigo, cando este último quedou durmido ao redor das seis da mañá, despois de que os dous estivesen consumindo bebidas alcohólicas durante a noite. Aproximadamente unha hora despois, o acusado, segundo o fiscal co ánimo de satisfacer os seus desexos sexuais e aproveitándose de que o mozo estaba sumido nun soño profundo, espiuno de cintura para abaixo e comezou a lle facer unha felación. Cando esta persoa chegou a introducir o pene da vítima na boca, esta acordou sobresaltada, manifestoulle o seu desgusto e díxolle que era heterosexual. Ademais vestiuse e marchouse. E ao pouco, a denuncia.

{Fonte: FinoFilipino}

Donne e il femminicidio

Un sacerdote italiano, Piero Corsi, xustifica os malos tratos porque as mulleres “provocan cada vez máis”. Coloca unha carta no taboleiro informativo da parroquia, titulada Donne e il femminicidio, na que asegura que as mulleres “desatan os peores instintos e despois chégase á violencia ou ao abuso sexual”. A súa pretensión, sinala, é facer unha “sa crítica” e apunta que moitas veces “unha prensa fanática e desviada” bota a culpa de todo ao home, escondende que as mulleres “deveñen arrogantes, crense autosuficientes e acaban por exasperar as tensións”.

{Fonte: Público}

Dúas concepcións

Da ruindade monxil

“Pertencemos á Igrexa e á fe católica e temos suficiente capacidade intelectual e responsabilidade para defender os nosos fillos”. É a cautela que lanza un grupo de pais e nais de Zas antes de expoñer o conflito que manteñen co responsable da súa parroquia a conta do xiro “extremista” que, aseguran, experimentou a doutrina que reciben na catequese os seus nenos e nenas, ata o punto de retiralos destas xuntanzas e ensinarlles o Catecismo pola súa conta, nun local alleo á institución católica. A causa, din, está na chegada á parroquia das relixiosas da Fraternidad Reparadora Apostólica, que comezaron a “adoutrinar” os pequenos “na tristura, no sufrimento”, “na valoración da dor e da enfermidade como castigo de Xesús polos nosos pecados” ou na ameaza de que “se non acoden ás xuntanzas, o demo vai entrar no seu corpo e na súa casa”. Estas monxas, explican, mudaron os materiais de catequese “de toda a vida” polo libro Ven y sígueme, no que estas familias observan “claras referencias ao Opus Dei” (…)

Fragamento extraído da nova en Praza Pública.

O caso de David Reimer

En 1965, naceu en Canadá un cativo chamado David Reimer. Aos oito meses de idade, foi sometido a unha circuncisión. Desafortunadamente, a operación saíu mal debido a un fallo médico e o seu pene quedou inservible. Os seus pais visitaron a consulta do psicólogo John Money, quen suxeriu unha solución disparatada: un cambio de sexo. Os seus pais estaban angustiados pola situación e estiveron de acordo co procedemento. Non sabían que as verdadeiras intencións do doutor eran probar unha teoría súa moi particular: a identidade sexual pode ser aprendida, e decidiu utilizar a David como coello de indias. David converteuse en Brenda. Tiña unha vaxina e déronlle suplementos hormonais. David Reimer comezou a medrar e tiña sentimentos contraditorios e confusos sobre unha variedade de temas. O peor de todo é que os seus pais non lle informaron da súa verdadeira identidade sexual. Finalmente, os pais de David déronlle a noticia do seu verdadeiro xénero sexual cando tiña 14 anos. Brenda decidiu converterse en David unha vez máis, deixou de tomar estróxenos e reconstruíronlle un pene. O doutor Money insistiu en que o experimento fora un éxito, deixando fóra moitos detalles da loita de David coa súa identidade sexual imposta. Á idade de 38 anos, David Reimer suicidouse.

Maltrato animal e surrealismo

Un home de 65 anos, cuxa única compañía é unha cadela de raza pastor alemán, foi imputado por malos tratos animais despois de que unha veciña o sorprendese practicando sexo co animal e alertase a policía local de Torrent, localidade onde reside o sexagenario. Os axentes, a quen o home abriu a porta aínda espido e co “membro viril erecto”, abriron dilixencias contra el e trasladaron a cadela a unha protectora de animais para que se fixesen cargo dela.

O home, quen non comprende os motivos polos que a policía lle retirou o animal, acudiu ao día seguinte ao retén policial para reclamar que lle devolvesen a cadela, á cal se referiu como “a súa parella”. “Foi chorando dicindo que a botaba de menos”, explicaron fontes da protectora que se fixo cargo do animal.

Os feitos ocorreron o pasado xoves pola tarde cando unha veciña observou dende unha xanela como o home tiña sexo coa cadela. O home agrediu o animal en presenza dos axentes e estes abriron dilixencias por malos tratos.

{Fonte: Levante-emv}

O mundo secreto das nenas esposas

A fotoxornalista de National Geographic, Stephanie Sinclair, viaxou durante oitos anos a India, Yemen, Afganistán, Nepal e Etiopía para filmar o documental: Too Young to Wed. The secret world of child brides. Para realizalo, entrevistou nenas casadas, outras que fuxiron da súa situación e outras que sufriron feridas ben grandes, como cortarlles as orellas e o nariz. E tamén falan homes partidarios desta práctica. O video que traemos son 10 minutos escasos que paga moito a pena ver.

{Fonte: Trafegando ronseis}

A necidade do Partido Popular

Quen non sabe e sabe que non sabe é un ignorante; apréndelle. Quen non sabe e non sabe que non sabe, ese é un necio; evítao. – Mateo o Evanxelista

Quen non sabe é un ignorante, quen non sabe que non sabe é un necio. – Chinua Achebe

Este proxecto do Divino Ferrete ten moito -todo- que ver coa lingua. De tal maneira que, sexa quen sexa o que o faga, sempre terá o noso apoio aquel que denuncie a mala praxis do Partido Popular, partido que leva anos destrozando o noso patrimonio máis prezado.

Zasca!