“O liberalismo sexual do mundo en xeral diminuíu as forzas morais coas que tratamos de educar os mozos nos seminarios. Ante tanta invasión de erotismo non é fácil manterse fiel ni no celibato nin no respecto aos nenos.” – Felipe Arizmendi, bispo mexicano en San Cristóbal de las Casas.
Mario Vaquerizo converteuse na estrela do Orgullo Gai da Coruña, organizado polo PP, ou así o pregoa triunfalmente La Voz de Galicia. Non é casual a promoción, apoio e protagonismo que o PP lle dá ao home de Alaska, pois Vaquerizo representa á perfección o tipo de gai que o PP queren impor: reprimido, casado cunha muller, submiso, divertido bufón e cómplice da homófoba Igrexa. – Shangay Lily
“A homofobia é racismo. No fútbol e no deporte en xeral aínda existe un tabú sobre a homosexualidade, cando a xente debería vivir libre de acordo aos seus propios desexos e sentimentos”, escribiu no proemio do libro Il campione innamorato. Giochi proibiti dello sportCesare Prandelli, seleccionador co combinado italiano que está a disputar este días a Eurocopa de fútbol de Polonia e Ucraína. Pero algúns intelectuais da pelota está visto que non saben senón vogar á contra, o último Antonio Cassano quen afirmou (con desculpas a posteriori):
Se digo o que penso, ármase. Que se hai maricóns no vestiario? É problema deles, a min non me afecta. Pero eu espero que non os haxa…, se non, xa sabes, veñen os ataques de todas partes.
“Cando alguén decide modificar unha parte do seu corpo, é porque non está a gusto con ela. O meu puido resolverse con axuda psicolóxica, pero optei polo bisturí. Hoxe, a simple idea dunha inxección faime tremer. Pero non xulgo a quen acoden ao cirurxián.” – Emmanuelle Béart, actriz francesa.
Logo de publicarmos a entrada -amplamente difundida (grazas!)- titulada “O éuscaro, unha lingua violenta“, chega hoxe esta segunda parte en forma de simple apuntamento, porque é tan pouco sutil e tan bochornoso que nin de análise precisa. Pois iso, máis sobre a criminalización das linguas; e, para o caso, máis sobre a criminalización do éuscaro.
“El vascuence sólo lo entienden separatistas, filoetarras y nacionalistas” – Isabel San Sebastián, animadora cultural.
A raíña Ana de Gran Bretaña e Irlanda tivo 13 abortos e 4 xestacións que resultaron en outros tantos fillos, mais 3 destes morreron antes de cumprir os 2 anos de idade; o único fillo que sobreviviu foi William, duque de Gloucester, quen non obstante morreu aos once anos. Crese que as súas dificultades cos embarazos puideron ser debidas a un caso de lupus non diagnosticado.
O nome orixinal da revista Playboy era Stag Party (Festa de Cervos) ; o seu logotipo nunha primeira etapa non era polo tanto o coñecido coello, senón un cervo.
Segundo o informe BitDefender, dos pais, un 95% asegura que descubriu os fillos menores accedendo a contidos pornográficos a través de internet. A idade media dos cativos para comezar as procuras de material pornográfico está marcada nos 11 anos.
O divino ferrete, un proxecto nado no seo de GalegoLab, quere ser o primeiro filme pornográfico feito en lingua galega en todas e cada unha das súas etapas.
Será distribuído en rede e de balde, terá unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Xenérica e contará con dúas versións, unha de porno duro e outra de porno suave.