O telexornal do século XV
TVE explica como vestir as fillas con decoro para que non provoquen. O telexornal da cadea pública volve sementar de novo a polémica despois de afirmar hai uns días que rezar calma a ansiedade das persoas desempregadas.
TVE explica como vestir as fillas con decoro para que non provoquen. O telexornal da cadea pública volve sementar de novo a polémica despois de afirmar hai uns días que rezar calma a ansiedade das persoas desempregadas.
Pirates II Stagnetti’s Revenge é o filme pornográfico co maior orzamento da historia:este é o tráiler, e efectivamente a estética da película denota o esforzo económico dedicado ao proxecto, onde aparecen estrelas do cinema X tal que Sasha Grey, Jesse Jane, Stoya, Gabriella Fox, Riley Steele, Shay Jordan ou Katsuni. O seu estreno foi en setembro de 2008.
Un filme documental de Diana Fabianova sobre un dos grandes tabús da feminidade: a regra.
Sex crimes and the Vatican é un filme documental de Colm O’Gorman, quen foi violado por un crego católico da diocese de Ferns, no condado de Wexford (Irlanda) á idade de 14 anos.
Este filme foi producido e emitido pola BBC, e paga realmente a pena dedicarlle un tempo e unha reflexión.
Hai dous veráns saltou o escándalo en Polonia por unha película non tan afastada da realidade: As mozas do centro comercial (Galerianki, no seu título orixinal). O filme podería resumirse na seguinte frase dunha das súas protagonistas: “Teño mozo para que me compre cousas, tanto ten se cambio de mozo cada tres días”.
Trátase dunha versión contemporánea de “Kino pravda“, un retrato hiperrealista que debuxa unha xeración carente de valores morais. Algo que non sentou moi ben nun país onde o catolicismo está tanto ou máis arraigado que en Italia ou neste no que vivimos. “Galerianki” é a ópera prima de Kasia Roslaniec. Orixinalmente foi concibido como unha curta, aínda que Roslaniec usou o abundante material solicitado para facer unha longametraxe.
Nesta película fálase de mociñas polonesas que acoden aos centros comerciais en busca dun “mecenas” ou “patrocinador”, un home adiñeirado que satisfaga os seus desexos materiais a cambio de favores sexuais. Trátase dun perfecto exemplo de troco.
A protagonista é Alicia, unha adolescente de 14 anos cuxa maior desacougo para por non ter móbil. Por iso, accede á proposta dunha amiga e acode a un centro comercial do barrio á busca dun “patrocinador”. Se se me permite o xogo de palabras, tratábase dun troco de “batería descarga” por “recarga de saldo”.
A película foi galardoada en numerosos festivais (Seúl, Kazakstán, Polonia…), ademais de gañar a Lúa de Valencia no Festival Internacional de Cinema Jove celebrado nesta cidade.
A estrea en Polonia causou tal expectación e polémica que chegou a converterse case nunha cuestión de estado. Proba diso é que a directora recibiu duras críticas por parte de pais que a acusaban de lles aprender ás súas fillas como conseguir cousas sen esforzo. Con todo, a directora deféndese dicindo que ela non é culpable do problema e que só se limita a mostrar “o que pode estar a facer” calquera adolescente de clase media-baixa para permitirse luxos que o seu status social non lle permite.
Gran parte das críticas recibidas pecaron por exceso (pensando que descubriran a pólvora, cando este tipo de trocos existiron dende sempre) e por defecto (situando o conflito só en Polonia e non ao virar a esquina), aínda que despois de escoitar unas cantas ninguén pode negar o seguinte axioma: o “se me compras un móbil fágoche unha mamada” non é un caso exclusivo da patria de Carol Wojtyla.
Non é a primeira vez que falamos de Erika Lust neste espazo. De feito, por ter témola mesmo entre os nosos referentes, aínda que, con franqueza, non todos os membros do noso equipo gostan do que fai esta directora, porque algún detractor tamén hai por aquí.
En calquera caso e malia non ser do gusto de todos, paga a pena mencionala de novo agora que o seu último traballo, unha curta titulada Room 33, está colgado na rede a disposición de calquera. De maneira que a gozalo.
Xa trouxemos aquí o interesante documental My Penis and I e hoxe toca a secuela, My Penis and Everyone else’s, tamén do británico Lawrence Barraclough.
My Penis and Everyone Else’s de Lawrence Barraclough en Vimeo.
My penis and I é un filme documental realizado polo británico Lawrence Barraclough para a BBC en 2005.
Mágoa que non teña subtítulos en galego, pero en todo caso a lingua empregada é un inglés moi pausado e accesible.
Bo visionado.
My Penis and I from Lawrence Barraclough on Vimeo.
A proba ou regra de Bechdel é unha sorte de termómetro do sexismo cinematográfico popularizado pola tira de banda deseñada Dykes to Watch Out For, da autora norteamericana Alison Bechdel, que circulou entre 1983 e 2008 (a tira, non a autora). Concretamente apareceu na tira titulada “The Rule” en 1985. Nesta, o test Bechdel -tamén recibe este nome- é enunciado por un dos personaxes, unha muller, que afirma non ver filmes que non cumpran cos seguintes 3 requisitos:
* Ten que contar con cando menos dous personaxes femininos.
* Nalgún momento estes dous personaxes teñen que manter unha conversa.
* O tema da conversa pode ser calquera; poden falar do que lles pete, agás sobre homes.
Non parece moi complicado, pero éo. Unha cantidade importante de filmes non supera a proba de Bechdel. Hai quen fala do 50% de suspensos.
E O divino ferrete?, aproba ou para setembro? Todo está no guión.
En fin, que mellor nolo explique a moza do vídeo.