Debate « O divino ferrete

Viñeta sobre a prostitución

Para o debate:

Viñeta de El Jueves

{Fonte: El Jueves}

Giulietta á busca de Romeo

“Mírame, tócame, agarímame, provócame, sedúceme, contrólame, protéxeme, grítame, reláxame. Son Giulietta: se vas falar de min, próbame”.

Este a locución do derradeiro anuncio de Alfa Romeo. Un spot publicitario sexista feito cunha mirada masculina e, por suposto, pensado para e por homes heterosexuais. O caso deste particular Romeo e Giulietta non é excepcional: a ollada dos medios de comunicación é androcéntrica e sexista por sistema (que non por natureza).

Os medios de comunicación adoitan construír realidades suxeitas a estereotipos e canons que non reflicten a heteroxeneidade da sociedade actual. Un dos patróns máis utilizados, que non o máis fácil de recoñecer, é o que reproduce o seguinte esquema: eles fan, elas son.

É dicir, os homes son suxeitos activos que miran, tocan, agariman, provoca, seducen, controlan, protexen, gritan e relaxan. E as mulleres son obxectos (coches) fermosos, cómodos, sedutores e luxosos. A acción fronte a esencia. A razón enfrontada á salvaxe natureza. O útil enfrontado ao decorativo. Machismo elevado á máxima potencia.

Sen porno por defecto

Os clientes de catro grandes operadoras británicas, que son BT, Sky, TalkTalk e mais Virgin, deberán informar expresamente se desexan acceder a sitios web de contido sexual explícito, posto que estarán bloqueados por defecto. O motivo dado: a protección de menores na red.

{Fonte: El Mundo}

Cameron e o matrimonio homosexual

Se apoio o matrimonio homosexual, non é a pesar de ser conservador senón porque son conservador. – David Cameron, primeiro ministro británico.

{Fonte: PinkNews}

Señoras e señores

Distinguir entre “señora” e “señorita” non é nin un afago nin unha obriga, senón máis ben un residual sinal de machismo que persiste na nosa sociedade. Con esta idea como bandeira, diversas asociacións feministas de Francia lanzaron unha campaña para eliminar esa opción dos formularios e a correspondencia. Osez le féminisme e Chiennes de garde sosteñen que incluír a palabra “mademoiselle” (señorita) supón que a muller deba expor a súa situación persoal e familiar, algo que non sucede cos homes, que sempre son “señores”.

{Fonte: La Información}

A foto infiel

Autocontrol, a Asociación para a Autorregulación da Comunicación Comercial, reproba a foto do monarca Xoán Carlos I de España nun anuncio para infieis, logo da reclamación presentada polo Concello de Madrid contra a campaña que lanzou o pasado mes de xullo a axencia de contactos Ashley Madison, cun anuncio de aventuras extramatrimoniais.

Sexo e ximnasio

Curioso o dos videos musicais que poñen nos ximnasios. Mulleres esculturais, nádegas anti gravidade, camisetas molladas e movementos a cámara lenta –ou é quizais un efecto óptico por levar moita velocidade na bicicleta… – Na sala de máquinas, as usuarias súan visualizando un futuro e circular cu de pedra. Nos bancos de pesas, eles soñan con levar á cama as femias do televisor…

Alén de fantasías, subidas de temperatura e suores, sexo e ximnasia van da man en moitos aspectos. A práctica de exercicio físico favorece a producción de testosterona nos homes, eleva a autoestima e mellora o desexo sexual. Protexe, ademais, ante problemas como a disfunción eréctil. En termos de equivalencia, un coito permite queimar ata 150 quilorías e ten o mesmo efecto que subir a un segundo piso (Princeton Consensus Panel).

Sexo e exercicio físico, pola contra, divórcianse no caso do deporte de elite, malia que non sen controversia. Sitúanse, por unha banda, os que defenden a abstinencia absoluta para manter a tensión e evitar unha excesiva relaxación do deportista. Pola outra, os que consideran necesario suavizar con sexo a agresividade de xogadores de fútbol en risco de ser expulsados por actitudes violentas no campo, e lembran o efecto ‘anabolizante’ do coito, que mellora o rendemento físico. Non hai consenso.

Na banda oposta, os excesos anulan todo tipo de beneficio: o consumo de anabolizantes e tratamentos con testosterona asociados á vigorexia botan por terra tanto o desexo sexual como a capacidade de erección do deportista.

Da maquillaxe como obriga

A polémica está servida: a maquillaxe forma parte do uniforme das traballadoras da empresa Mercadona, o primeiro grupo de supermercados do Estado, que inclúe a da maquillaxe entre as obrigas das súas empregadas. Así mesmo, os homes non deben mirar pola limpeza no barbeado e por suposto non están permitidos os piercings nin as tatuaxes para ninguén.

{Fonte: El Mundo}

A submisión lingüística

Logo de moitas entradas sobre sexualidade e xénero, vai tocando unha de lingua, de maneira que aproveitamos a ocasión para ligar este vídeo de dez minutos escasos obra de Tallers per la Llengua que trata o tema da submisión lingüística sofrida polos catalanoparlantes.

Transferido, cos peros que se lle queiran pór -que tampouco non poden ser moitos-, ao caso de noso, o dos galegofalantes, unha conclusión  non hai dúbida de que a quitamos sen grandes esforzos: resulta indispensable que nós, galegofalantes, na nosa terra falemos na nosa lingua en toda circunstancia e con todo o mundo.  Galego 24/7, por dignidade.

Fútbol nada máis

Nunha entrada titulada Morbo e prensa demos conta do amplo espazo que o diario El Mundo lle dedica ao sexo e á farándula, e hoxe retomamos o fío con dúas -supoñemos- novas que se publicaron no sitio web do Marca o pasado domingo 17 de xullo.

Fútbol nada máis. Si, home, si.