Ilustración « O divino ferrete

Golfiño, outra visión

De cando Golfiño, revista orientada ao público infantil e xuvenil de banda deseñada en galego, era vangarda, e como tal tiña sexo, sensualide e moito gusto. Naquela publicación debuxaron por exemplo Miguelanxo Prado, Xaquín Marín, Kiko da Silva, Jacobo Fernández ou o autor destas viñetas que traemos, o vigués Norberto Fernández. Vendo o que se fixo, dá mágoa ver o que non se fai.

Culturgal

Os días 26, 27 e 28 de novembro temos cita no Pazo da Cultura de Pontevedra, co gallo do Culturgal. O divino ferrete tamén estará presente, no stand de Toupa. Alí poderedes informarvos sobre o devir do proxecto así como tamén colaborar, pois poremos á venda unha serie de artículos que non han deixar indiferente. Levaremos mesmo unha maquiniña de facer chapas, o cal sempre é do gusto dos máis cativos.

Así como o guión gráfico corre a cargo de Héctor Barros, os deseños do merchandising e tamén o novo logo co parafuso e mais a porca que temos dende a pasada semana son da autoría de Amaia Míguez, unha das nosas fichaxes máis recentes.

Velaí queda, liberado con licenza CC, un dos deseños que presentaremos esta fin de semana.

Guión gráfico 1/6

Unha vez explicado o concepto de guión gráfico, velaí vai a escena I.I d’O divino ferrete, coa protagonista Lorena Pernas Cienfuegos aterrando en Lavacolla. Os debuxos son obra do noso ilustrador, o monfortino Héctor Barros.

Ábrense as portas da sala de chegadas do aeroporto. Lorena entra turrando dunha maleta. Leva unha saia e unha camiseta.

Lorena párase no medio da terminal e fedella no móbil. Altera o bluetooth e renomea o seu móbil: «Acabada de chegar, necesito que me dean unha boa benvida».

Lorena recibe unha mensaxe: «Eu daríache a benvida que mereces». Mira ao seu redor. «Si, pero onde estás?», responde.

Lorena mira para un señor maior, case ancián, que a esculca con ollos larpeiros. Repara despois nunha señora que tamén mira para ela e que lle sorrí. «A ver se dás comigo», víbralle no móbil.

Lorena mira para dous mozos novos, de vinte anos, que se están bicando nunha columna e que ollan para ela como convidándoa a algo.

Lorena repara nun rapaz, que se achega mentres olla ora para ela, ora para o móbil. O rapaz sorrí e encamíñase cara ao baño.

Lorena vaille detrás. Entra o rapaz no baño de homes e Lorena vai tras del, pero dubida na porta.

Preme aquí para leres a escena I.I cos diálogos.

Storyboards

Un guión gráfico, designado decote co anglicismo storyboard, é o conxunto de ilustracións mostradas de maneira secuencial cuxo principal obxectivo é servir de guieiro dunha historia, para o caso a trama dun filme. Trátase dunha serie de viñetas que axudan a visualizar as escenas e atopar problemas potenciais antes de que estes ocorran. Canda os debuxos é habitual que veñan instrucións ou apuntamentos que indican ao equipo de traballo por onde debe tirar.

Por que vos contamos isto? Porque esta fin de semana trataremos de subir a primeira secuencia ilustrada, que vos permitirá ter unha idea de como enfocaremos a gravación.

Do debuxo

Hoxe apetécenos presumir de ilustrador.
Esta é unha das propostas de cartel.