Información « O divino ferrete

Proxecto Nu

Non é especialmente complicado que un espido feminino chegue á portada dun diario. Pero non adoita ser o tipo de espidos que reivindica o fotógrafo Matt Blum na serie The Nu Project.

{Fonte: Huffingtonpost}

A orixe do mundo ten rostro

Pois iso, que seica hai novidades ao respecto da Orixe do mundo.

A orixe do mundo

A orixe do mundo, no orixinal francés L’origine du monde, é un cadro realizado por Gustave Courbet en 1866. É unha pintura ao óleo sobre lenzo, duns 55 centímetros por 46 centímetros, que representa en primeiro plano unha pube e o tronco espido dunha muller reclinada sobre as sabas dun leito e que ten as pernas separadas. A escala, o encadre e o punto de vista elixidos polo artista supuxeron unha radical novidade respecto a toda a tradición pictórica anterior, producindo no espectador unha forte impresión de sensualidade e erotismo. Hoxe atópase exposto no Museo de Orsay, en París.

Ilustres da prostitución (II)

[Entrada continuación de Iustres da prostitución I]

Numerosas personalidades ao longo da historia recorreron ao servizo de prostitutas e/ou prostitutos, e mesmo algúns prestaron servizos sexuais remunerados. Destacan entre eles os seguintes:

  • Miguel Anxo: Sentía paixón pola beleza do corpo, neste caso, masculino. Así o proban estatuas como o David, considerado por moitos como a quintaesencia da beleza física masculina. Chegou a contratar os servizos de mozos prostitutos, como un tal Febo di Poggio.
    • Henrique VI de Inglaterra: este monarca, aborrecido da súa esposa, adoitaba frecuentar outras compañías que lle proporcionaban un pracer renovado. O seu confesor, farto da reiteración do seu pecado, díxolle: “Non mostrades propósito de emenda, Sire, así que teño que recordarvos que é un requisito para a absolución que deixedes de visitar outros leitos que non sexan o voso conxugal”. O monarca non respondeu nada, pero a partir de entón invitou a comer diariamente ó seu confesor, dando ordes ó seu cociñeiro para que ó clérigo sempre se lle servise perdiz. E así se fixo durante un mes, ata que o sacerdote amosou o seu cansazo ante a repetición do mesmo manxar. Ó que, sorrindo, Henrique IV replicou: “Agora vedes, reverendo pai, o que me sucede a min coa raíña.”
    • Luís XIV de Francia: tamén chamado o “Rei Sol”, buscábaas el mesmo dentro da corte, agasallándoas con toda clase de regalos.
    • Franz Schubert: músico brillante, que levou unha vida bohemia rodeado de intelectuais, amante das tabernas, dos “ambientes populares”, e tamén dos prostíbulos. De gran envergadura e pouco agraciado fisicamente, posiblemente buscase a compañía das prostitutas ó non ter éxito nos asuntos de amor. Morreu, como tantos outros xenios, de sífilis.
    • Prosper Mérimée: historiador e arqueólogo francés, que escribiu Carmen e outras narracións baseadas nos seus coñecementos de campo do “modus operandi” da putas andaluzas, quen lle deixaron profunda pegada.
    • Hugh Grant: actor estadounidense arrestado en 1995 por recibir sexo oral dunha prostituta, polo cal se desculparía despois nun programa de televisión.

    {Fonte: Artigo Prostitución da Wikipedia en galego}

    Bécquer o pornógrafo

    (…) resulta que Gustavo Adolfo Bécquer non estaba só atento a que volverán as escuras anduriñas, e o interesante documental que o profesor mostrou aos seus alumnos, e que pode verse na rede, Bécquer desconocido, descobre o lado oculto do escritor romántico, mitificado tamén a consecuencia da súa temperá morte. Resulta que Bécquer tiña que buscar a vida, e para iso dedicouse a facer traducións e escribir obras de teatro comercial. Máis tarde, ao cabo, e mediante enchufe, conseguiu un emprego como redactor do xornal El Contemporáneo. Pero tras a revolución de 1868 e a caída do reinado de Isabel II parece ser que quedou en paro e debeu soportar de novo estreitezas. É daquela cando colabora coas revistas satíricas Gil Blas e Doña Manuela (El Jueves e a Revista Mongolia do XIX, podería dicirse) e publica canda o seu irmán, pintor, a serie de acuarelas Los borbones en pelota, baixo o pseudónimo de SEM. Trátase dun álbum de oitenta e nove acuarelas pornográficas nas que se satiriza á corte de Isabel II -tataravoa de Xoán Carlos-, que tiña fama de amante do popular e de ser afeccionada ao sexo (ben, obrigárona a casar co seu curmán Francisco de Asís aos 16 anos, que querían!). Claro que naquela época algunhas publicacións eran censuradas: El Sol, El Imparcial, La Iberia. Pero mirémolo así: que fosen censuradas quere dicir que existían.

    {Fragmento traducido do artigo Los Borbones en pelota, de Begoña Huertas para Eldiario.es}

    Trekant

    Trekant é un reality educativo da televisión norueguesa onde mostran como masturbarse de maneira eficiente para chegar ao orgasmo. É semellenta a outros programas televisivos que tratan temas relacionados co sexo, mais coa peculiaridade de que o practican en antena. Neste programa, en novembro de 2011, a avogada feminista norteamericana Carlin Ross causou controversia ao ser a primeira muller en realizar un acto de masturbación que concluíu nun orgasmo mostrado de maneira explícita nunha canle de televisión en aberto.

    O alivio de Obama

    Barack Obama, dende o seu perfil na rede social de microblogging Twitter, é seguidor de Celebrity Sideboob, unha popular páxina web onde se publican fotografías de famosas con xenerosas vistas ao lateral dos peitos. É duro gobernar o planeta, algún alivio tiña que ter o pobre presidente norteamericano.

    {Fonte: Gizmodo}

    O aguante das persoas rubias

    Aínda non se sabe moi ben por que, pero resulta que as persoas rubias precisan dun 20 por cento máis de anestesia ca o resto de xente para que a substancia lles faga efecto cando están riba dunha mesa de operacións. Nun principio, os anestesistas simplemente coñecían o dato en base ás súas experiencias, mais unha serie de experimentos «lixeiramente crueis, polo ben da ciencia» confirmou o feito, medindo a dor que sentían ao recibiren descargas eléctricas mentres se lles fornecía gas anestesiante. Crese que isto pode ter que ver con algún factor de tipo xenético común a todas as persoas rubias, que ademais de proporcionarlles a súa natural palidez e cor de pelo arroxado, fai delas uns seres especialmente sensibles á dor.

    {Fonte: Microsiervos}

    Por que se chama dildo?

    O uso do termo dildo, hoxe común na fala como sinónimo de consolador, aparece por vez primeira na lingua inglesa durante o século XVII, nas obras de teatro The Alchemist de Ben Jonson e The Winter’s Tale de William Shakespeare.

    {Fonte: Sexualidadvital}

    Historia do noso voto feminino

    Clara Campoamor defendeu nas Cortes, cun brillante discurso, o dereito da muller a exercer o seu dereito ao voto. Fíxoo con éxito: o sufraxio feminino quedou aprobado o primeiro de outubro de 1931 como artigo da Constitución da República. A deputada conseguiu que as mulleres puidesen votar, enfrontándose aos que entón pensaban que a muller non estaba preparada ou os que temían que o seu voto estivese demasiado influenciado pola Igrexa. Fronte a Clara Campoamor, a deputada radical-socialista Victoria Kent defendía o adiamento do sufraxio feminino até que as mulleres do Estado español, moitas delas ancoradas na submisión ao marido e a obediencia ao confesor, sentisen súa a República e estivesen preparadas. Finalmente, a tese de Campoamor triunfou por 161 votos a favor e 121 en contra. O logro do sufraxio feminino en España permitiu un incipiente acceso das mulleres ás administracións e institucións e, por vez primeira, expúxose a necesidade de pensar nelas para captar o seu voto.

    {Fonte: Nodo50}