Lingua galega « O divino ferrete

Twitter en galego!

Exemplos académicos

Darlle á fodincha, fochicar, trebellar, ter sexo, botar un foguete ou botar, coma nós, un ferrete… todo é o mesmo: foder, que a RAG exemplifica dunha maneira cando menos curiosa.

{Fonte: @Eduard_dCV}

Fagámoslles fronte

Foron varias as veces que neste blog denunciamos as malas prácticas en materia de lingua do PSdeG, innúmeras as veces que tivemos que contrarrestar as desfeitas do PPdeG, e toca hoxe deixar constancia do noso malestar con esta saída de ton, de cartel e de norma que proferiu o BNG. Quen opte libremente por tirar de Estraviz, que tire, mais evidentemente quen marca os criterios non é o Estraviz senón a Academia da Lingua Galega; por iso, esta chafallada do Bloque Nacionalista non ten aló moito pase.

Rectificarán? Se é así, que oxalá, daquela que aproveiten tamén para lle varrer o espazo despois de terra, que sobra.

Cabeciña e lingua!

A necidade do Partido Popular

Quen non sabe e sabe que non sabe é un ignorante; apréndelle. Quen non sabe e non sabe que non sabe, ese é un necio; evítao. – Mateo o Evanxelista

Quen non sabe é un ignorante, quen non sabe que non sabe é un necio. – Chinua Achebe

Este proxecto do Divino Ferrete ten moito -todo- que ver coa lingua. De tal maneira que, sexa quen sexa o que o faga, sempre terá o noso apoio aquel que denuncie a mala praxis do Partido Popular, partido que leva anos destrozando o noso patrimonio máis prezado.

Zasca!

Parabéns, wikipedistas!

O 6 de setembro de 2012 a Wikipedia en galego acadou os 90.000 artigos. O artigo co que se logrou a cifra sinalada foi Xogos Paralímpicos de Londres 2012‎. Moitos e sinceros parabéns a editores, lectores e galegofalantes en xeral.

Navega en galego

En que idioma navegas? Por defecto, os navegadores que se utilizan no Estado español usan o castelán. Non importa que os menús estean efectivamente en galego, pois pode ser que a lingua de referencia que utilice o programa siga sendo o español. Isto ten implicacións importantes, por exemplo, á hora de entrar nunha páxina con versións en varios idiomas, nas que se abrirá automaticamente a versión castelá e non a galega, ou no feito de que ao facer a procura dunha palabra no navegador, se recuperen primeiro os resultados da wikipedia en español e non da wikipedia en galego.

Vén de poñerse en marcha o blog Navegar en Galego co obxectivo de ofrecer consellos prácticos e descargas de utilidade para as persoas que queiran mudar o idioma do seu navegador.

{Fonte: Extracto tomado de E ti xa navegas en galego?, publicado en Praza Pública}

A ousada ignorancia da ultradereita

A piada do deputado de UPyD Cantó, unha épica exhibición da ignorancia lingüística, histórica e sociolóxica máis profunda. É moi recomendable a lectura da análise titulada Toni Cantó, o l’exhibicionisme impúdic de la ignorancia e publicada en Ciència i Política.

Tuiteiros a seguir

Somos moitos os homes e mulleres que día a día nos ocupamos da lingua, nos preocupamos por ela e tratamos de que o país, lingüisticamente falando, se normalice. É por iso que hoxe abrimos unha nova categoría, a de #Tuiterío, na que compilar valiosas contas de usuarios de Twitter que nos asesoran e informan en temas de lingua. Primeiro de todo, a @tweet_en_galego. Sigámola! E a continuación, @profe_galego, que resolve as nosas dúbidas de forma rigorosa, dinámica e desinteresada. Sigámola tamén.

Trolls galegófobos e futboleiros

Oxalá o C. D. Lugo atenda esta petición de galeguización, aínda que só sexa para calar a boca dos trolls vilingües. Que noxo dan, contra; ollo ás parvadas que solta parte do persoal a partir do comentario #2.

Irmandade Galega de Adegueiros

Aplaudimos a creación da Irmandade Galega de Adegueiros o pasado 4 de xullo en Ribadavia, que promove a normalización lingüística na etiquetaxe das botellas de viño do país e outros sectores agroalimentarios, tal que o cárnico. «No caso dos viños queremos que, ademais da etiquetaxe, a literatura da botella sexa enteiramente en galego. De momento uníronse 197 marcas e 400 empresas, o cal supón o 40 % do total. E esperemos que aumente ao 50 %, xa que se trata dun sector moi receptivo», explica José González, presidente do Foro Peinador.