PornMD é un sitio de internet que crea unhas serie de mapas divididos por zonas cos termos máis buscados nos últimos 6 meses nos portais porno de todo o mundo. Moi, moi interesante saber por onde tiran os gustos dos distintos estados.
Con estas porcentaxes…

Segundo o ultimo informe da ONG francesa Alliance contre le VIH, Ucraína é o país europeo con maior taxa de seropositivos: o 1,6 % da poboación adulta ten o virus. En Kiev, a capital do país, o 24% das prostitutas está enferma e case o 38% en Donestk, a segunda cidade máis poboada do Ucraína.
![]()
{Fonte: Wikipedia / AIDS in Ukraine}
Mapa exipcio do acoso sexual
Hai meses que non traemos un mapa serio a este blog (categorizados como tales, temos 13, por certo), pero por fin hai algo de interese que nos vai permitir acabar con este período de seca: o mapa dos penes do mundo segundo o seu tamaño.
Para agrandar a imaxe, premede nela; para aqueles que queirades entrar en detalle, visitade TargetMap
Viva o Congo!
Mapa da conexión a internet
{Extracto traducido dunha entrada de Microsiervos}
O estudo Global Game Download de Pando Networks analiza a fiabilidade e velocidade de conexión a Internet de países de todo o mundo, 224 para ser exactos que suman 27 millóns de descargas realizadas desde 20 millóns de computadores.
No mapa interactivo Global Download Study os distintos países están coloreados conforme á súa velocidade de conexión media. En verde máis escuro os que teñen unha velocidade media máis alta. En cor clara as máis baixas.
Insúltannos
Malia que preto do 40% dos pais e nais das sete cidades galegas queren que os seus fillos sexan educados en galego, o 88% das aulas serán impartidas en castelán de todos os xeitos.
A falta dos datos de 30 centros –que os colexios non quixeron facer públicos ou que aínda non eran definitivos–, o resultado é moi prexudicial para o galego, precisamente nas contornas onde todos os estudos destacan a masiva perda de galegofalantes nos últimos anos. Así, dos 141 centros urbanos de Infantil analizados, en tan só 17 as familias elixiron maioritariamente como lingua principal o galego, mentres que en 87 optaron polo castelán e en 7 houbo un empate que agora as autoridades educativas deberán solucionar. Os 30 restantes non teñen datos finais. En definitiva, o 62% dos centros educará os cativos en castelán, o 5% debería facelo nas dúas linguas e o 12% en galego, unhas porcentaxes que poderían empeorar para a lingua propia vista a tendencia e á espera do 21% restante cuxa decisión aínda non se coñece.
Nos casos concretos das cidades de Pontevedra e da Coruña soamente un colexio imparte clases na lingua propia de Galicia.
{Fonte:STEG}
Hai tempo que non traemos unha entrada con mapas. A de hoxe ponlle solución cun mapa dos estados e os títulos de Miss Universo que ostentan.
Homofobia de estado
Plans de prevención estival ante doenzas en destinos tropicais. Advertencias respecto do alto risco penal polo contacto coas drogas no estranxeiro. Ollo coas subidas nas tarifas de telefonía móbil cando traspasamos as fronteiras xeográficas… Tendo que poñer nas vacacións tantas ilusións como precaucións –e cartos– parecemos esquecer que a práctica homosexual en non poucos países está castigada con penas que van desde multas até a pena de morte.
As relacións entre persoas do mesmo sexo –con idade legal, de forma consentida e no ámbito privado– son ilegais en 76 países de todo o mundo. É máis: en Arabia Saudí, Irán, Iemen, Mauritania, Sudán, 12 estados do norte de Nixeria e partes meridionais de Somalia mesmo están castigadas coa pena de morte.
Homofobia de Estado, un informe sobre as leis que criminalizan a actividade sexual con consentimento entre persoas do mesmo sexo (maio, 2011), elaborado pola Asociación Internacional de Lesbianas, Gais, Bisexuais Trans e Intersex (Ilga) advirte da férrea ideoloxía de Gobernos que, lonxe de levantar as limitacións á liberdade sexual e identidade de xénero, se ratifican na súa postura ou mesmo a endurecen: en Malawi, o Presidente Bing Wa Mutharika non só recuou na súa intención de perdoar a relación amorosa entre Steven Monjeza e Tiwonge Chimbalanga, senón que fixo incluír no Código Penal a criminalización das “prácticas indecentes entre as mulleres”, lembran os responsables do informe a modo de exemplo desta realidade.
Con todo, a ‘homofobia de Estado’ trascende do ámbito da sexualidade e anega todo o que teña que ver coa identidade de xénero e a igualdade de dereitos: as persoas LGBTI son sistematicamente discriminadas e acosadas nestes países en nome dos ‘valores tradicionais’ e baixo o temor a que “contaminen” ao resto da poboación, segundo se advirte no documento que, ao longo de 72 páxinas, debulla un completo mapa da discriminación homosexual e transexual en todo o mundo.
“Esta non é exactamente –indican os responsables do informe– a forma máis coherente de defender os valores, que se supoñen son tan ‘tradicionais’ como ‘naturais’ e, certamente, recaen no inmoral, tendo en conta que, como resultado, neste último ano, varios defensores dos dereitos LGBT foron asasinados. Non podemos senón expresar gratitude e admiración pola coraxe de todos/as os/as activistas que arriscan as súas vidas e a súa seguridade para construír un movemento LGBTI forte e –sobre todo– un mundo mellor, onde todos os dereitos humanos sexan verdadeiramente para todos e todas”.
“O día non está lonxe, cando se considere en todas partes que a homofobia e a transfobia merezan a mesma repugnancia que actualmente teñen o sexismo e o racismo, e ningunha retórica auto implantada evitará que a parede da Homofobia de Estado se derrube”, conclúen.










