Música « O divino ferrete

Nádegas musicais

Top10 da música sexy

As dez mellores cancións para a práctica do sexo, segundo un estudo dirixido polo psicólogo británico Daniel Mullensiefen, no que tomou de mostra as cancións en streaming dos usuarios de Spotify:

1. A banda sonora de Dirty Dancing.
2. Sexual Healing, de Marvin Gaye.
3. O Bolero de Ravel.
4. Take My Breath Away, de Berlin.
5. Calquera cancións de Barry White.
6. Let’s Get It On, de Marvin Gaye.
7. Unchained Melody, de Righteous Brothers.
8. My Heart Will Go On da banda sonora de Titanic, cantada por Celine Dion.
9. Je T’aime , de Serge Gainsbourg.
10. I Will Always Love You, interpretada por Whitney Houston.

{Fonte: MuyInteresante}

Quim e a cabritinha

Hoxe, unha entrada de música e despropósitos:

Quim Barreiros, coñecido por moitos pola Cabritinha, saía así de antierótico na portada dun seu disco.

Eu gosto de mamar. Nos peitos da Cabritinha.
E passo o dia a mamar. Nos peitinhos da Fofinha.

Deitámonos xuntos?

Touch and Go son unha banda británica que ten uns temas do máis suxestivo. O máis, se cadra, é este “Would you…?”.

Sinalar, de paso, que entrada a entrada imos enchendo a categoría música, e que paga a pena deterse un pedazo nela.

E de bonus, esta versión en castelán que tamén percorreu as discotecas do mundo enteiro.

Canto ao pene

Unha oda ao pene a cargo de Matt Mulholland.

O procreador de América

O caso é que estes días apareceu nos xornais a nova de que un agricultor brasileiro de 90 anos chamado Luiz Costa de Oliveira ten un total de 33 fillos entre os feitos coa muller, os da cuñada e mais os da sogra. Valla pois esa nova de escusa para traermos un vídeo musical do que se deu en coñecer como ‘El Ruiseñor de América‘, Julio Jaramillo, enorme cantate de boleros que tivo, segundo as fontes, entre 27 e 42 fillos, de 5 esposas, e tamén de andar a picar fóra da casa, evidentemente.

Devoradora de homes

Unha muller fatal é un personaxe tipo, normalmente unha dona que usa o poder da sexualidade para atrapar o desventurado heroe. É unha tradución directa da expresión francesa femme fatale. Adoita ser representada ou caracterizada como sexualmente insaciábel. Aínda que polo xeral é malvada, tamén hai mulleres fatais que nalgunhas historias fan de antiheroínas e mesmo de heroínas. Na actualidade o arquetipo é visto como un personaxe que constantemente cruza a liña entre a bondade e a maldade, actuando sen escrúpulos sexa cal for a súa lealdade.

Extracto do artigo Muller fatal na Galipedia.

Oh-oh, here she comes
Watch out boy she’ll chew you up
Oh-oh, here she comes
She’s a maneater

* os vídeos e/ou entradas con contidos musicais quedan aloxados sempre na categoría Música.

Da promiscuidade

Considérase a promiscuidade como a práctica de relacións sexuais con varias parellas ou grupos sexuais. É un concepto oposto á monogamia (e por suposto, á castidade), pero non se debe confundir coa poligamia nin co poliamor.

Aínda que é unha práctica común en moitas especies animais e no ser humano, está mal vista pola maioría das relixións e en moitas culturas, malia que a súa concepción foi mudando ao longo da historia. O cristianismo, islamismo e xudaísmo considérano pecado, pois aínda que algunhas correntes aceptan a bigamia e a poligamia nos homes, fano sempre dentro do matrimonio. Porén, o budismo ten unha visión diferente.

Con todo, na cultura occidental desde sempre houbo tres consideracións distintas baseadas no xénero. Até ben entrado o século XX, unha muller que gozaba libremente da súa sexualidade e con diferentes parellas (homo ou heterosexuais) seguía a ser considerada unha golfa, un home promiscuo heterosexual era un «machote», e un home promiscuo homosexual era un depravado e un enfermo. No século XXI, estas etiquetas non desapareceron: o sexo libre gañou adeptas pero o sexismo non deu tregua nas mentes e institucións máis poderosas.

Na actualidade quizais estea a cambiar a concepción do matrimonio e, en xeral, as relacións afectivas. Moitas parellas casan tarde e fano por motivos legais ou fiscais. E ata o matrimonio, non se considera impropio ir coñecendo diferentes parellas sexuais, xa sexa con relación afectiva xa sen ela.

A promiscuidade estivo presente na literatura e a cultura ao longo do tempo, desde a Biblia coa historia de Sodoma e Gomorra, até as cancións do reguetón máis actual. Pero o episodio que máis me gusta sobre a promiscuidade é ‘Madamina, il catalogo è questo‘, unha aria do primeiro acto da ópera de Mozart Don Giovanni, con libreto de Lorenzo da Ponte. Nela, Leporello cóntalle a dona Elvira todos os amoríos de don Xoán.

O sexo sentido

Os corpos cheiran, saben e miran, son escoitados e tocados. Os cinco sentidos son os nosos guías, as sherpas que estimulan linguas, peitos, costas e pescozos. Os bos cheiros abren as comportas do desexo. Os malos: paralizan a nosa libido. Mirar é excitante, ás veces, case tanto como imaxinar mentres o tacto colle o seu camiño… dedos, palmas, brazos e corpos enteiros recoñecéndose entre curvas e poros. E, por suposto, os sabores: esa amalgama de salgados do corpo humano.

O oído é un dos sentidos máis estimulantes. Escoitar mentres o resto de sentidos están coordinados. Deixarse perder entre respiracións, xemidos e suspiros na compaña dunha boa banda sonora. Pechar os ollos e bailar o mellor dos agarrados!

Velaí van algúns temas febrís para cando a intuición, o sexto sentido, estea perdida e precisemos notas que acompañen a velada.

Fever – Peggy Lee
Cry To Me – Solomon Burke
Let’s Get It On – Marvin Gaye
Madness- Marlango
Touch Me – Bob Marley

A gasolina do sexismo

O xénero musical coñecido como reggaeton dá para moitos estudos sociolóxicos. A súa estética denigra, e tamén as súas letras: «dame que estoy suelta», «pégale a mi gata», «castígala por detrás», «yo soy tu maestro», «para las que son más zorras que los cazadores» etcétera.

“Este tipo de música, mediante un ritmo pegadizo, disfraza mensaxes machistas que atentan contra a dignidade da muller” – Pilar Oriente, coordinadora provincial do Instituto da Muller de Málaga.