
Pór o condón a fume de carozo
Está todo inventado.
{Fonte: Meme-meme}
Giulietta á busca de Romeo
“Mírame, tócame, agarímame, provócame, sedúceme, contrólame, protéxeme, grítame, reláxame. Son Giulietta: se vas falar de min, próbame”.
Este a locución do derradeiro anuncio de Alfa Romeo. Un spot publicitario sexista feito cunha mirada masculina e, por suposto, pensado para e por homes heterosexuais. O caso deste particular Romeo e Giulietta non é excepcional: a ollada dos medios de comunicación é androcéntrica e sexista por sistema (que non por natureza).
Os medios de comunicación adoitan construír realidades suxeitas a estereotipos e canons que non reflicten a heteroxeneidade da sociedade actual. Un dos patróns máis utilizados, que non o máis fácil de recoñecer, é o que reproduce o seguinte esquema: eles fan, elas son.
É dicir, os homes son suxeitos activos que miran, tocan, agariman, provoca, seducen, controlan, protexen, gritan e relaxan. E as mulleres son obxectos (coches) fermosos, cómodos, sedutores e luxosos. A acción fronte a esencia. A razón enfrontada á salvaxe natureza. O útil enfrontado ao decorativo. Machismo elevado á máxima potencia.
Progresos na tele estadounidense
Primeiro anuncio lésbico da televisión nos EUA.
A Unión Europea informa:
O cartón sanitario europeo facilita que as persoas procedentes dos 27 Estados membros da Unión Europea, incluídos Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza, poidan acceder aos servizos de atención sanitaria durante as súas visitas temporais no estranxeiro.
Desta forma, se vostede marcha de vacacións, fai unha viaxe de negocios, toma un breve descanso ou vai estudar ao estranxeiro, asegúrese de conseguir este cartón. Permitiralle aforrar tempo, problemas e diñeiro no caso de enfermar ou sufrir unha lesión durante a súa estadía no estranxeiro.
… e publicita:
Calvin Klein é unha marca de roupa que dende os anos oitenta fai uso de imaxes con alto contido sexual como parte da súa iconografía. A primeira das moitas polémicas campañas publicitarias da compañía data de 1981, cando se emitiu un anuncio para televisión no que a actriz Brooke Shields, que daquela tiña só 16 anos, pousaba cun pantalóns vaqueiros ben cinguidiños, asubiaba a centenaria balada de folk americano Oh My Darling Clementine e despedíase cunha pregunta e a súa resposta, hoxe famosas:
Do you want to know what comes between me and my Calvins? Nothing.
* Queres saber o que hai entre eu e os meus Calvins? Nada.
Prohibido!
Un fondo negro, unha boa dose de photoshop do barato e os dous grandes peitos de Soledad Sánchez, candidata do Partido Democrático de Ciutadella á alcaldía loxicamente de Ciutadella, ben agarrados polas mans dun home que se lle coloca por tras: o amante, un modelo ou o xefe de campaña. E tamén, claro, un slogan estúpido: “dous grandes argumentos”. Dá iso para prohibir un cartel electoral? Si, nas Baleares cando menos. Bastou cunha denuncia de Esquerra de Menorca no Institut Balear de la Dona para que este respondese que o cartel debía ser retirado, por sexista.
Ben, e que se fai logo con estes vídeos de campaña de Anna Mee Allerslev, candidata de Det Radikale Venstre, para as municipais de novembro de 2009 en Copenhaguen? Porque algo haberá que facer, máis aínda cando esta moza é hoxe concelleira -en realidade alcaldesa de zona para as comisións de Emprego e Integración-.
No primeiro vídeo quen nos fala é Ditte, unha amiga. No segundo, unha colega e deputada en activo do parlamento dinamarqués, nada menos. Isto tamén había que prohibilo? Porque se o de Sole Sánchez foi sexista, e parece que si, estes dous vídeos -e son soamente dúas mostras de moitas; cousas da pluralidade- danlle unha volta curiosa ao asunto.
En fin, que mal gusto e pailanadas houbo, hai e haberá sempre, en todos lados. E prohibir non é a solución para evitalo; si o é simplemente deixar de votar por quen só ofrece dous argumentos, e faino con tan pouco sentidiño.
Dous apuntamentos para acabar de entendelo:
1) As palabras escritas na roupiña de Ditte, a amiga da alma de Anna Mee Allerslev, son san/saudable (sund), bonito/fermoso (smuk) e divertido (sjov). Tal é o Copenhaguen que a candidata promete para os cidadáns.
2) Importante é dicilo: ningún candidato de ningún outro partido pediu en ningún momento que se prohibise nada, nin por sexista nin por chafalleiro. “Non é serio. Se iso é o mellor que poden ofrecer, é bastante triste”, dixeron dende as filas de Venstre. “É un vídeo sen ningún contido, plano”, valoraron dende a formación ultradereitista Dansk Folkeparti.
Anna Mee Allerslev, para facer fronte ás críticas polos seus vídeos de campaña, argumentou: “dalgunha maneira podo entender as críticas que nos fan, mais o certo é que como campaña de comunicación funciona”.



