Relixionadas « O divino ferrete

Os rabinos mamóns

Os rabinos norteamericanos gañaron a batalla legal e agora poderán succionar o pene dos cativos aos que lles realizan a circuncisión como parte do rito xudeu.

{Fonte: SDPNoticias}

Ofensiva de Papa Paco

Barrabasadas de Timoteo (I)

Porque non permito que a muller ensine, nin que exerza dominio sobre o home, senón que estea en silencio.

1º Timoteo 2:11-15

Leite sacro

Detido un pastor evanxélico por violar os seus fieis tras convencelos de que o seu pene contiña leite sacro. Valdecir Picanto Sobrinho é un pastor evanxélico brasileiro que foi detido por, segundo el, ciscarlles o Espírito Santo enriba aos seus fregueses, en estado líquido. Segundo o relixioso, este saía do seu pene en forma de leite sacro. A Igrexa renóvase!

{Fonte: Jornal Correio Popular}

O mago de Oz de Connecticut

Kevin Wallin, membro da Diocese Católica de Bridgeport, Connecticut, encarna á perfección a decadente terxiversación dos principios místicos desta relixión. Logo de que na última década se desatasen innumerables escándalos ao redor da igrexa católica (casos de pedofilia, tráfico de mulleres, depravación organizada…), a sofisticación desta tendencia acada puntos estridentes, coma no caso deste sacerdote: Wallin foi recentemente arrestado tras vender en sete ocasiones crystal meth, con 98.5% de pureza, a axentes encubertos. Tras investigar os antecedentes do crego de 61 anos, comprobouse que non só fornicaba na reitoría da catedral, vestido de muller, senón que adquirira unha tenda de pornografía chamada ‘Land of Oz‘. Hai seis meses foi expulsado da súa diocese norteamericana, aínda que aínda continuaba a percibir o seu salario.

A Igrexa, que marabilla!

{Fonte: Pijamasurf}

Masturbación satánica

O canzorro xenital de Carboentes

Non precisa de explicación ningunha, de maneira que sen máis aí queda unha imaxe dos xenitais pétreos que decoran un dos canzorros da igrexa de Santo Estevo de Carboentes, no municipio pontevedrés de Rodeiro. Cousas veredes!

{Fonte: Galipedia}

Donne e il femminicidio

Un sacerdote italiano, Piero Corsi, xustifica os malos tratos porque as mulleres “provocan cada vez máis”. Coloca unha carta no taboleiro informativo da parroquia, titulada Donne e il femminicidio, na que asegura que as mulleres “desatan os peores instintos e despois chégase á violencia ou ao abuso sexual”. A súa pretensión, sinala, é facer unha “sa crítica” e apunta que moitas veces “unha prensa fanática e desviada” bota a culpa de todo ao home, escondende que as mulleres “deveñen arrogantes, crense autosuficientes e acaban por exasperar as tensións”.

{Fonte: Público}

Costelas versus homosexualidade

Gran chío de @Todomorbo.

Da ruindade monxil

“Pertencemos á Igrexa e á fe católica e temos suficiente capacidade intelectual e responsabilidade para defender os nosos fillos”. É a cautela que lanza un grupo de pais e nais de Zas antes de expoñer o conflito que manteñen co responsable da súa parroquia a conta do xiro “extremista” que, aseguran, experimentou a doutrina que reciben na catequese os seus nenos e nenas, ata o punto de retiralos destas xuntanzas e ensinarlles o Catecismo pola súa conta, nun local alleo á institución católica. A causa, din, está na chegada á parroquia das relixiosas da Fraternidad Reparadora Apostólica, que comezaron a “adoutrinar” os pequenos “na tristura, no sufrimento”, “na valoración da dor e da enfermidade como castigo de Xesús polos nosos pecados” ou na ameaza de que “se non acoden ás xuntanzas, o demo vai entrar no seu corpo e na súa casa”. Estas monxas, explican, mudaron os materiais de catequese “de toda a vida” polo libro Ven y sígueme, no que estas familias observan “claras referencias ao Opus Dei” (…)

Fragamento extraído da nova en Praza Pública.