Un home do cal a Policía de Ohio non revelou a identidade foi acusado de roubar un vehículo e usalo para romper a vidreira dun local de venda de artigos para adultos co propósito de entrar na tenda e levar sen pagar un xoguete sexual (unha réplica feita en plástico dos órganos xenitais femininos) dun valor aproximado de 800 dólares.
{Fonte:USA Today, vía El Jueves}
Medicina, sadismo, porno, arte? A ilustración guieira de dona Lorena Bobbitt?
Extracto traducido da nova en Diario Extra.
Unha traxedia conmocionou os residentes de Rubiataba no interior de Goiás, no Brasil, onde un adolescente de 16 anos morreu logo de masturbarse 42 veces seguidas sen ningunha pausa. Segundo os informes das autoridades o raparigo comezara ao redor da medianoite e pasou a noite toda a facer secuencias de masturbación sen descansar, terminaba unha e comezaba outra.
Na computadora persoal do mozo foi atopado preto de 1 millón de vídeos eróticos e 600 mil fotografías de mulleres espidas e con pouca roupa.
O mozo seica tiña queimaduras de terceiro grao nas súas mans logo da maratónica acción.
{Fonte: Diario Extra, vía FinoFilipino}
Unha muller do distrito de Limerick cunha alerxia severa aos cans morreu en 2008 logo de practicar sexo cun pastor alemán. Trátabase dunha irlandesa que coñecera un tipo nun ‘chat’ de zoofilia vía Internet, quen lle propuxo manter relacións sexuais co seu can, ao que ela accedeu de forma voluntaria.
O home, Sean McDonnell, de 57 anos, está acusado de violar as leis que en Irlanda prohiben dende 1891 a zoofilia, polo que podería enfrontar unha pena de cadea perpetua por iso. A policía irlandesa, non obstante, determinou que o sexo foi consentido pola muller, falecida dun shock anafiláctico poucas horas despois do encontro sexual co can.
{Fonte: The Journal}
Explotación sexual de animais
A prostitución de orangutáns é unha práctica común nalgúns territorios de Asia, da que dá boa proba o caso descuberto pola veterinaria Karmele Llano en 2007, quen denunciou os abusos sufridos por Pony, un orangután femia de 12 anos, nun bordel de Keremgpangi, na selva de Borneo central. O animal fora depilado por completo, lavado e perfumado, e mesmo lle pintaran os beizos. Ademais, estaba encadeado á cama para evitar que fuxise. Tras a denuncia a femia foi trasladada a un centro de rehabilitación de Nyaru Menteng.
Samuel Martín Martín. Así se chama o novo párroco das localidades toledanas de Noez e Totanés, que saltou hai un ano á luz pública por subtraer diñeiro da parroquia para sufragar os seus gastos. As irregularidades económicas detectadas provocaron o seu cesamento por parte do arcebispo de Toledo, Braulio Rodríguez.
O seu delito foi gastar 17.000 euros en liñas eróticas e prostituírse en internet, pousando espido en sitios webs e cobrando 50 euros por 15 minutos de sexo ou 120 euros por unha hora. Anunciábase como un home fogoso, dotado, forte e disposto a todo tipo de fantasías sexuais, agás o masoquismo.
Mais que non todo quedou no escándalo do roubo dos 17.000 euros. Samuel tratou de sufragar parte da débeda vendendo por 9.000 euros a través da Internet un cadro do século XVII pertencente á parroquia de Noez, unha cifra moi por baixo do seu valor real. O texto do anuncio fala por si só: “Cadro de tamaño normal, pintura en lenzo do século XVII, de autor descoñecido mais pertencente á escola dalgún pintor importante daquela época. Cores tenues con moderados claroscuros. Prezo negociable”.
Tamén era profesor de relixión de secundaria e catequista. Unha vez descuberto o escándalo, chegou a ofrecer o seu salario de 1.800 euros mensuais (visto que a venda do cadro non prosperara) como pequeno avance da súa débeda.
A pesar de que moitos dos seus veciños non soubesen nada das súas actividades sexuais, os alumnos de Samuel tiñan as súas fotos nos teléfonos móbiles e pasábanas os uns aos outros.
Os veciños do lugar considerábano unha persoa integrada. Un deles, Manuel, afirma que “Diante de min nunca dixo nada dunha muller e a miña señora cóntame que nin unha mirada”, conclúe. Aínda que unha das mulleres de Noez, chamada María, parece desculpalo: “Á fin e ao cabo, era humano”, matiza.
O párroco destituído confesou publicamente, ante os fregueses na misa de doce do domingo 7 de febreiro de 2010, que “sacara diñeiro” das irmandades. Dentro das solucións propostas polo arcebispado de Toledo para resolver este escándalo, nun comunicado emitido ás persoas e entidades afectadas, sinalaba confiar “na axuda da oración e da misericordia divina”. Desde logo, unha solución moi efectiva.
Controis militares de virxindade
Nas recentes manifestacións de protesta en Exipto, as mulleres manifestantes foron golpeadas, recibiron descargas eléctricas, e foron espidas para a continuación ser sometidas a controis de virxindade. Un dos xenerais responsables afirmou que estes controis foron realizados para evitar que as manifestates denunciasen o teren sido violadas polas autoridades exipcias:
“Non queriamos que dixesen que as acosaramos sexualmente, de modo que o que buscabamos era probar que non eran virxes. E ningunha delas o era”.
Militarismo, machismo, paternalismo… Aí queda outra de abusos intolerables.
Unha de católicos
Marcial Maciel argumentaba que tiña unha estraña enfermidade que os nenos podían axudar a aliviar; que precisaba dunha mostra de seme para un exame e un «axudante» para llo extraer. Argumentos incribles e ridículos para un adulto pensante, pero que facilmente enganchan un neno ou un adolescente que confía no padre e lle confire autoridade moral, que mesmo inclúe até o poder pedirlle que faga cousas que el non entende ou non lle parece que sexan boas; que confía en que se o padre as di é que deben ser boas. Este é exactamente o tipo de confianza que deposita un fillo no seu pai natural, quen lle dá indicacións de facer cousas «polo seu propio ben», aínda que «agora non entende, pero xa entenderá» etcétera.
María Paloma Escalante (antropóloga)
«El abuso sexual y el uso simbólico del concepto religioso del “padre”»,
na Revista Academica para el Estudio de las Religiones (2009).
O xornalista José Rodríguez, nun estudo publicado en 1995 sobre o comportamento sexual da Igrexa católica española, fundamentado sobre unha ampla base de datos e estatísticas cos historiais sexuais confirmados de case 400 sacerdotes daquela (e parte hoxe) en activo, concluíu que un 7% comete abusos sexuais graves a menores.
Noutra investigación realizada un ano antes, en 1994, polo catedrático da Universidade de Salamanca Félix López Sánchez, e publicada polo Ministerio de Asuntos Sociais de España, determínase que do total de cidadáns españois que teñen sufrido abusos sexuais cando nenos, o 4% asegura que foi abusado por un sacerdote católico.
Masturbación laboral en toda regra
Ana Catarina Bezerra Silvares, unha brasileira de 36 anos, divorciada, con tres fillos e empregada dun estudio contable da localidade de Vila Velha, sofre de ansiedade e a consecuencia desta tamén de compulsión orgásmica, motivo que lle provocou o ir a xuízo e gañar o dereito a se masturbar no posto de traballo, ademais de a acceder a imaxes eróticas dende a súa computadora.
A compulsión orgásmica seica é xerada por unha alteración química na rexión cerebral do córtex, que produce ataques de angustia e que só pode ser aliviada a través do orgasmo. En tratamento, Bezerra Silvares necesita masturbarse por volta de 18 veces ao día; sen este, chegou a facelo até case 50 veces.
A Xustiza autorizouna a que se masturbe cada dúas horas no seu horario de traballo, ademais de lle permitir o acceso a páxinas web eróticas na procura dun estado de relaxación maior.
{Fonte: Sábado}












