Tuiterío « O divino ferrete

Costelas versus homosexualidade

Gran chío de @Todomorbo.

@Codigocero, geek GL

Máis #Tuiterío: todo bo geek galego debe seguir a conta de @codigocero, o diario de novas tecnolóxicas de Galicia.

Os números de noso

Logo de aberta a categoría #Tuiterío, é tempo de a irmos enchendo. Así, por exemplo, a do IGE é unha conta de Twitter que é recomendable seguir, porque malia todo o que ten de institucional e o que iso implica, o certo é que deita luz sobre datos que non poucas veces son moi reveladores e axudan a comprender mellor a realidade do país.

Tuiteiros a seguir

Somos moitos os homes e mulleres que día a día nos ocupamos da lingua, nos preocupamos por ela e tratamos de que o país, lingüisticamente falando, se normalice. É por iso que hoxe abrimos unha nova categoría, a de #Tuiterío, na que compilar valiosas contas de usuarios de Twitter que nos asesoran e informan en temas de lingua. Primeiro de todo, a @tweet_en_galego. Sigámola! E a continuación, @profe_galego, que resolve as nosas dúbidas de forma rigorosa, dinámica e desinteresada. Sigámola tamén.