Xeral « O divino ferrete

Poetas sen roupa

Poets without Clothes é un blog que recompila imaxes de distintos poetas e épocas coa característica común de estaren nus os fotografados.

Refrega no bordel

En Tournai, unha localidade situada na rexión de Valonia, en Bélxica, a 85 quilómetros da capital, un home armado cun coitelo entrou nun bordel situado na avenida de Maire, nos arredores da cidade, coa intención de roubar o diñeiro que había na caixa. A reacción inicial das prostitutas alí presentes foi a de se agocharen na parte traseira do local, mais antes de que o ladrón conseguise facerse co botín, tiraron de todo o que tiñan ao seu alcance para impedir o atraco. Segundo a prensa local, as mulleres utilizaron consoladores para golpear ao individuo, que finalmente fuxiu do bordel con apenas 30 euros.

{Fonte: El Mundo}

Simulador prostático

Existe un simulador para as revisións médicas da prostata? Seica si.

{Fonte: Finofilipino}

Merkel tetiñas free

Pois hai quen veranea cos narcos e hai quen apoia o Tetiñas free.

{Fonte: FinoFilipino}
{Máis información: Mallorcadiario.com}

Os mozos das flores

O termo “Mozo das flores” foi utilizado polo antropólogo Erin Malvert o 22 de novembro de 2003 durante un relatorio no congreso internacional de Antropoloxía na cidade de Atenas para se referir ao fenómeno cultural espontáneo e non sistémico que consiste en lle asignar a un neno home o rol de “Dama de honra” ou “Flower Girl” (Rito cristián protestante) cando non existe unha nena na familia da noiva que poida asumir este mester durante unha cerimonia de matrimonio.

E unha vez explicada a orixe do termo, En Corea do Sur hai un tipo de home que recibe esa mesma denominación. Trátase de homes heterosexuais aos que lles encanta pasar horas diante do espello.

{Fonte: Wikipedia en castelán e El País}

Golfiño, outra visión

De cando Golfiño, revista orientada ao público infantil e xuvenil de banda deseñada en galego, era vangarda, e como tal tiña sexo, sensualide e moito gusto. Naquela publicación debuxaron por exemplo Miguelanxo Prado, Xaquín Marín, Kiko da Silva, Jacobo Fernández ou o autor destas viñetas que traemos, o vigués Norberto Fernández. Vendo o que se fixo, dá mágoa ver o que non se fai.

Ilustres da prostitución (I)

Numerosas personalidades ao longo da historia recorreron ao servizo de prostitutas e/ou prostitutos, e mesmo algúns prestaron servizos sexuais remunerados. Destacan entre eles os seguintes:

  • Xulio César: líder político e militar da etapa final da República Romana. Famosa era a faladuría que corría polas rúas de Roma sobre a súa persoa: “é o home de tódalas mulleres e a muller de tódolos homes” (difundida por Curión). De feito, a súa especial relación con Nicomedes IV, rei de Bitinia, fixo ―segundo Suetonio― que se lle dedicaran outras lindeces como “rival da raíña e plancha interior do leito real”, “establo de Nicomedes” e “prostituta bitiniana”.

Ademais desta suposta bisexualidade, algúns escritos sinálano como puteiro. Segundo o historiador Suetonio «Tense por certo que [César] foi moi dado á incontinencia e que non reparaba en gastos para conseguir tales praceres, corrompendo considerable número de mulleres de familias distinguidas, entre as que se cita a Postumia, esposa de Servio Sulpicio; a Lollia, de Aulo Gabinio; a Tertula, de M. Crasso, como tamén a Mucia, de Cn. Pompeio [...] Pero a ningunha amou tanto como á nai de Bruto, Servilia, á que regalou durante o seu primeiro consulado unha perla que lle costara seis millóns de sestercios [...]. Non gardou máis respecto nas provincias do seu mando ó leito conxugal [...] Tivo tamén amores con raíñas, entre outras con Eunoé, esposa de Bagud, rei de Mauritania, e á que segundo refire Nasón, fixo o mesmo que ó seu marido, numerosos e ricos presentes; pero á que máis amou foi a Cleopatra, coa que frecuentemente prolongou festíns ata a nova aurora [...]. Tan desarranxadas eran, en fin, as súas costumes e tan ostensible a infamia dos seus adulterios, que Curión pai o chama nun discurso “marido de tódalas mulleres e muller de tódolos maridos”».

  • Tiberio: emperador romano que, de acordo con algúns escritos, foi un consumado voyeur, revolucionando este concepto e converténdoo nunha arte, como conta Suetonio: «Na súa quinta de Capri tiña unha habitación destinada ás súas desordes máis secretas, con leitos por todas partes. Un grupo elixido de mozas, de mozos e de disolutos, inventores de praceres monstruosos, e ós que chamaba os seus mestres de voluptuosidade (spintrias), formaban alí entre si unha tripla cadea, e entrelazados deste modo se prostituían na súa presencia para espertar, por medio deste espectáculo, os seus estragados desexos…».
  • Agripina a menor: imán do emperador Calígula. Este prostituíaa entre os seus favoritos, ademais de manter unha relación incestuosa con ela. Muller de gran beleza e ambición, tratou de gobernar a través do seu fillo Nerón – co que se lle atribúe outra relación incestuosa – ata que este a mandou asasinar por oporse a unha das súas relacións.
  • Mesalina: terceira esposa do emperador Claudio, deu rédea solta á súa ninfomanía, chegando a prostituírse baixo o alcume de Liscia, lanzando un reto ás demais prostitutas de Roma para ver cal delas podía atender a máis homes nun só día. O seu nome está asociado ó de muller libidinosa por antonomasia.
  • María Magdalena: a tradición católica sinala a esta santa como prostituta, ó identificala coa muller adúltera á que Xesús salva da lapidación (Jn 8:3-11). Porén, non existen evidencias textuais de ningún tipo que sosteñan esta teoría.
  • Continuará…

    {Fonte: Artigo Prostitución da Wikipedia en galego}

Vimbio corporal

A sensualidade en vimes.

Folga Xeral

Dos bispos imbéciles

Rexeitamento ao aborto e ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo. É unha das claves esenciais dos “criterios” que os bispos galegos veñen de emitir de cara ás eleccións galegas do vindeiro 21 de outubro. Como é habitual os máximos dirixentes da Igrexa católica en Galicia fan público un escrito para “lembrar, neste momento das eleccións democráticas ao Parlamento autonómico, algúns aspectos do maxisterio da Igrexa sobre o home e a sociedade”. Fano, como é de esperar, dirixińdose “aos católicos”, pero tamén “á opinión pública en xeral” para expresar as que, en opinión da institución, deben ser as orientacións do voto.

Velaquí o documento, en castelán e nada máis que castelán, difundido por estes cinco fenómenos da estulticia.

#Haiquebotalos!

{Fonte: Praza Pública}