Jimbo Wales, Lawrence Lessig e moitos outros persoeiros expoñen dunha maneira sinxela o concepto de cultura libre ou cultura compartida.
Un guión gráfico, designado decote co anglicismo storyboard, é o conxunto de ilustracións mostradas de maneira secuencial cuxo principal obxectivo é servir de guieiro dunha historia, para o caso a trama dun filme. Trátase dunha serie de viñetas que axudan a visualizar as escenas e atopar problemas potenciais antes de que estes ocorran. Canda os debuxos é habitual que veñan instrucións ou apuntamentos que indican ao equipo de traballo por onde debe tirar.
Por que vos contamos isto? Porque esta fin de semana trataremos de subir a primeira secuencia ilustrada, que vos permitirá ter unha idea de como enfocaremos a gravación.
Reportaxe a cargo de Olalla Tuñas sobre O divino ferrete no diario Galiciaé.
[...] O divino ferrete é unha iniciativa con licenza Creative Commons, baseadas no principio de Sofware Libre, que facilitan un modelo legal para a exposición de contidos na internet. Tobar declara que escolleron esa vía por considerala “un formato de progreso” e que utilizarán todos os soportes de código aberto, porque, en boca de Tobar, “pagar como o fai a nova Xunta non ten ningún sentido”.
Reportaxe a cargo de Marga Tojo sobre O divino ferrete no suplemento da fin de semana do diario Galicia Hoxe.
[...] Está no forno un novo filme X no que importa a trama, e moito. Pois nel andan a traballar cinco guionistas, todos eles escritores, e até hai dous Premios Xerais. O divino ferrete estará falado, zugado, xemido e exaculado en galego. E haberá carallas, e carallos, e conas, e cachas e collóns, leitadas, zurrichas, e conechas a ferver. Pois de feito será a primeira peli porno da historia na lingua de Galiza. E para máis goce promete desmarcarse da falocracia imperante no mercado.
Un apuntamento: na entrevista dise “Monti Castiñeiras, Totó García e Yara Lamas interpretan o filme”. Ben, un matiz: Monti Castiñeiras contribúe ao prestar a súa voz para o narrador, e aí acaba o conto. Mágoa para moitas e moitos.
Hoxe apetécenos presumir de ilustrador.
Esta é unha das propostas de cartel.
Do primeiro de setembro até este pasado mércores 22, o número de visitas aos seguintes artigos da Galipedia foron como seguen:
Estaba cantado que a lingua galega tería uns números altos, moi altos. O que se cadra para algúns non estaba tan claro é que o sexo, a pornografía en xeral e o cinema porno en particular sumarían respectivamente case seis, catro e dúas veces máis visitas ca o artigo de cinema galego, máxime cando o perfil medio do galipedista é o dun tipo certamente concienciado co seu, a súa historia, o seu cinema, a súa gastronomía etc. Amais, tanto o do sexo coma o do porno son artigos que están desenvolvidos por extenso en múltiples wikis noutras linguas e que polo tanto a Galipedia non ten en exclusiva, o que podería restarlle lectores, cousa que non sucede con cinema galego, artigo con contidos orixinais da wikipedia galega.
Ben, e isto cara a onde nos leva? Coma sempre coas estatísticas, onde nos queiramos ir. Con todo e iso, parece evidente que o galego, hoxe, suscita interese, e que tal fai o sexo, desde sempre. Así, por que non probar a normalizar desde un campo con tanto potencial coma polémica? En fin, un novo tema para o debate.
Fernando Fernández, un camioneiro de Coirós, foi o realizador da primeira curta X de produción e título galegos, Pallas mentais. Non cremos acertado citala como o primeiro filme en galego, é dicir, en lingua galega, porque a lingua galega remataba precisamente aí, no título. Non había diálogos, nin en galego nin en cebuano. Foron, ou son, doce minutos nos que se debulla a fantasía dun home mentres navega en internet. Contou coa participación de dous actores profesionais, oriúndos de Salamanca. A historia, segundo o creador contou nunha entrevista concedida a Vieiros, era como segue:
«Un tío empeza a andar en internet, métese nunha páxina porno -desenganémonos: para o que vale internet é para facer pallas- e empeza a masturbarse; entón de debaixo da mesa sáelle unha paisana e empeza a facerlle a fantasía que el tiña: unha mamada. Ao cabo, o tipo córrese por fóra e ve que non había ninguén».
En fin, a curta de Fernández é o máis similar a un precedente que ten este proxecto, O divino ferrete. Ou case. Para sermos honestos, hai tamén unha outra peza catalogable como porno galego, pero é dura de máis para a ligar nestes primeiros días de blog. Se cadra máis adiante.
Saúde.
Se este blog existe como acompañamento á páxina web -a nosa carta de presentación-, algún uso haberá que lle dar, e a poder ser un bo. Trataremos polo tanto de redactar unha entrada diaria, que xirará as máis das veces arredor do porno, aínda que tamén do software libre e mais doutras cuestións que de seguro haberán espontar co correr das semanas.
Así, por exemplo, hoxe apeteceunos rescatar unha entrevista, que en 2007 publicaba A Nosa Terra, a un dobrador galego de porno. Paga a pena. Velaí vai un fragmento:
Pregunta – Seguro que tivo que dobrar diálogos shakesperianos.
Resposta - De Shakespeare non, mais se cadra de Bukowski, si. No porno, os argumentos, canto máis fantasiosos e surrealistas, mellor.
P – Eu, do sexo, podo comprender todo agás a zoofilia.
R – Pois eu dobrei zoofilia. Non dobras para a televisión, senón para distribuidoras que logo venden en gasolineiras e en tendas do sector (…)
P – Está a favor de subvencionar a dobraxe das pelis porno ao galego?
R – Por suposto, mais na nosa televisión non hai porno. Nas dobraxes, algunha vez escapóuseme algunha expresión en galego, o director botouse a rir, pero ao final quitaron o galego. Se dobramos porno en castelán, por que non imos facelo en galego?, co rexistro que temos…!
Por cortesía de Adrián Chaves, xa temos o primeiro microtráiler co que inauguramos a nosa canle de YouTube. É simpliño pero ben feito, con tema erótico e non porno, de modo que esperamos que os popes youtubeiros non nolo rexeiten de aquí a unhas horas. Outramente, meterémolo por outra vía.
Todo aquel que desexe enviarnos unha peza da súa autoría, pode facelo ao noso enderezo de correo.





