Novembro « 2010 « O divino ferrete

Manolas de cine

Hai poucos días mantiña eu unha conversa cun rapaz que sabe máis de cine do que eu chegarei a saber nunca. Como non podía ser doutro modo, saíu na conversa O divino ferrete, dando ocasión a todos os presentes a demostrar o abertos de mente que son, os poucos prexuízos que teñen e o bo rollo que hai cando se fala de porcalladas. O rapaz (ver primeira frase) díxome unha cousa que me deixou meditabundo: quen ve porno o que quere é facerse unha manola logo, así que facer guións elaborados de porno que persigan a excelencia artística é un traballo propio de desorientados.

O único que fun quen de dicir foi que para mover o émbolo non é preciso ver unha película, de feito non hai nada que sexa necesario estritamente, salvo un par de extremidades concretas. Pero algo no meu interior, naquela parte de min menos animal e máis elevada, resistíase a crer que non se poidan conxugar a visión dun ou varios seres humanos fornicando cunha experiencia estética de nivel superior. Coma sempre, xa bastante traballo me dá atopar as preguntas, como para logo poñerme a buscar as respostas. Pero intúo que a excitación sexual ten máis de xenital que de espiritual, e que se asemella ao bocexo, que aparece na boca cando se ve na boca de outro.

Cando xa estaba eu pensando que, se cadra, son bastante máis primitivo do que eu cría por ver as cousas deste modo tan simple, acordoume unha película que non sei se chamar documental ou curtametraxe, e que consiste nunha serie de entrevistas a homes que falan da súa visión do sexo entre mulleres. Homes gais, destes ben convencidos de que son gais e non maricallos, destes que teñen asumida a súa orientación sexual, destes que fan bandeira da desinhibición en materia amatoria, destes que viven como gais, visten como gais, falan como gais e, claro, pensan como gais: «o sexo lésbico só son beixos e caricias», «o orgasmo feminino é bioloxicamente innecesario», «o que fan as lesbianas non é sexo», «teñen que botar en falta ter unha verga que meterse» e outras perliñas do mesmo cariz. Escoitando estas cousas volvín á instalarme na comodidade da miña autoestima, mulida e cómoda por obra e graza do meu psicanalista.

Si, chorbo, o porno só serve para facerse peras. Por iso as lesbianas non miran porno.

Debates na era dixital

Hoxe reproducimos íntegro, previa autorización, un artigo publicado orixinalmente en Cooking Ideas que se titula ‘La Wikipedia y los debates en la era digital: una forma rápida y fiable de salir de dudas’. O seu autor é Álvaro Ibáñez, de Microsiervos. Velaí vai:

Wikipedia T-Shirt (CC) Mike E. Perez

O outro día parolei por correo cun lector sobre un tema pseudocientífico, ao que chamarei XZ. Resulta que XZ era un asunto que un dos meus compañeiros de blog azoutara no canto de lle dedicar espazo coma se fose algo relevante, fiable e cun mínimo de rigor científico. Persoalmente ouvira algunha mención por aí sobre o tema en cuestión, pero tampouco non chegara a profundar sobre el demasiado. Metade por cortesía, metade por curiosidade, dediquei uns minutos a lle botar unha ollada.

Resulta que cando buscas sobre XZ en Google, tras a obrigatoria entrada da Wikipedia as primeiras dez ou vinte referencias eran a Milenio3 e páxinas do tipo «misterios misteriosos e enigmas sen resolver». O asunto XZ fora «noticia» hai catro ou cinco anos, coma un suposto relevante gran descubrimento. Na Wikipedia utilizaban os termos «controversia», «pseudociencia», «falsidade», «falta de veracidade» e similares para se referiren a el. Cualificábano de hoax (engano) e desacreditaban totalmente as teses dos investigadores teimudos coa cuestión.

Na miña conversación con ese lector paseille as ligazóns para lle deixar ver que podería andar enganado e talvez quixese pescudar algo máis seguindo o fío. Mais rapidamente contestou que se se trataba dunha ligazón da Wikipedia «iso nunca podería ser considerado válido como referencia». Deixoume unha ligazón a unha vella noticia de Associated Press que incluía o nome dun investigador sobre o asunto. As referencias sobre el (de novo na Wikipedia) cualificábano de «personaxe absurdo, errático e irracional». Ao parecer afirmou nunha entrevista que cría que os Maias e outras culturas antigas descendían dos Atlantes, quen á súa vez chegaran á Terra viaxando polo espazo desde as Pléiades. O home despois investigara outras cousas e descubrira revelacións sobre o tema XZ que agora quería dar a coñecer a mundo. Ben, pola miña banda xa tiña suficiente: contestei o último correo con esa referencia e decidín non lle dedicar máis tempo ao asunto en cuestión. O meu interlocutor fixo o mesmo (aínda que non sei se ficou convencido ou non).

Hai varias cuestións sobre esta historia e sobre como sería unha situación similar hai unha década, en especial polo papel da Wikipedia, que me parecen dignas de destacar. Hai unha década o tema XZ dariámolo atopado nunha revista, libro ou un programa de radio, e teriamos complicado poder facer unha referencia ou realizar máis procuras sobre el sen acudir a bibliotecas ou arquivos especializados. Daquela a Wikipedia nin sequera existía, e dende logo un «descubrimento noticioso» non ía aparecer na edición en papel da Enciclopedia Británica dun día para outro como por encantamento, algo que hoxe si que podería suceder. Amais disto, todas as novas sobre ese tema publicadas en medios de comunicación están arquivadas e dispoñibles a través de Google News ou as hemerotecas de xornais e arquivos especializados. Tanto o meu interlocutor coma eu mesmo poderiamos ter peneirado durante horas ou días na busca dos máis pequenos detalles sobre o asunto, segundo a nosa habelencia.

A capacidade da Wikipedia en situacións como estas é impresionante. Como ferramenta rápida para a resolución de debates e conflitos é case inigualable: o que pon alí vai a misa. En certo sentido quitoulle emoción ao Trivial Pursuit; lonxe quedan aqueles debates interminables sobre se certas respostas en ocasións ambiguas que dá oficialmente o xogo son correctas ou non. E é que hai que recoñecerlle á Wikipedia o mérito para concentrar «a opinión da maioría» en millóns e millóns de artigos sobre todas as temáticas. Aínda que hai que evitar caer no argumentum ad wikipediam (invocándoa como dicindo «Se sae na Wikipedia, será verdade», porque non sempre o é), como referencia rápida parece inigualable. Poida que só Google a supere en axilidade. E no fondo o que está a contestar Google cando se busca algo é tamén «a opinión da maioría» sobre o que é relevante e o que non.

Pero tamén sabemos que a Wikipedia non é perfecta nin a fonte de toda sabedoría. Se a les en inglés, parece coma se Alexander Graham Bell inventase o teléfono; se a les en italiano, recálcase que foi Antonio Meucci o xenuíno pai do invento. Hai que ler máis a fondo a historia para descubrir todos os detalles, ou irse a outros idiomas, coma o castelán [ou o galego], para atopar unha versión máis neutra. En cuestións históricas, mesmo as máis importantes, a Wikipedia reflicte as mesmas polémicas que historiadores e expertos arrastran desde hai anos, por non dicir séculos.

A xente que non coñece a fondo como funciona a Wikipedia considera que o feito de que «calquera pode editala» é un signo de pobreza editorial ou de propensión ao vandalismo, e por iso é polo que citala para resolver un debate ou conflito está tan mal visto. Pero é algo tan equivocado como pensar que calquera pode debuxar un graffiti nunha sala do Museo do Prado e facelo pasar por unha obra de arte durante semanas. Podería pasar, pero non é o que sucede normalmente.

Hai algún tempo pedíronme un artigo sobre a capacidade de autocorrección da Wikipedia, onde explicaba en profundidade o funcionamento de certos aspectos da enciclopedia libre e por que ese tipo de problemas son pouco frecuentes. En primeiro lugar, hai un historial de cambios que permite detectar as modificacións rapidamente; desfacer o vandalismo é fácil e rápido, ademais de que moitos artigos están vixiados; hai ferramentas especiais para facerlles seguimento e case sempre hai alguén interesado en que un artigo sobre un tema concreto estea coidado e sexa fiable; hai robots que ademais realizan labores de vixilancia. Finalmente, a reputación dos editores é un factor a ter moi en conta; os contidos de dubidosa orixe ou sen referencias fiables adoitan estar claramente marcados, ou chegan a elimiarse, e se xorde unha guerra de edicións ou unha polémica fóra de control mesmo se poden bloquear certas páxinas.

O resumo é que o que queda publicado na Wikipedia é, ao 99 por cento, información altamente fiable que pasou unha serie de filtros que moitas veces pasan desapercibidos para os lectores. O resultado recolle diversos puntos de vista, nos que ademais se premia o rigor e a investigación sobre o rechamante, as opinións persoais ou os datos con escuros intereses detrás (comerciais, ideolóxicos etcétera).

Se xurdise unha noticia como o tema XZ que mencionaba ao principio e alguén quixese facelo pasar por información fiable tería que comezar por crear o artigo na Wikipedia. Iso pódeo facer calquera. Pero tal artigo non pasaría inadvertido e sería revisado por unha chea de xente: esixiríanse referencias fiables ou sería eliminado, e eliminaríanselle tamén as opinións persoais, quedándose nos puros datos verificables. Se se trata dun tema controvertido -que non o é a día de hoxe!, mesmo entre a comunidade científica- habería xente a favor e en contra que sen dúbida pugnaría por incluír os seus puntos de vista. Ao final a opinión de maioría acabaría sen dúbida prevalecendo, e en caso de dúbida até a reputación de quen están a realizar as edicións tería un papel importante. Se puntualmente alguén quere vandalizar o artigo para interpretar a realidade doutra forma -ou andar a xogar co proxecto- un robot, un editor ou alguén preocupado porque a información sexa veraz haberá pararlle os pés, sen dúbida ningunha.

É tan difícil eludir todos eses controis -malia que resultan case invisibles para a maior parte da xente- que é polo que usar a frase «mira o que di respecto diso a Wikipedia» tende a ser sinónimo de fiabilidade. E vale tanto para dirimir unha rifa sobre respostas absurdas do Trivial Pursuit como para dar un argumento de peso apoiado por toda unha comunidade sobre o tema XZ.

Álvaro Ibáñez

Chegou o Culturgal

Xa chegou o Culturgal, e O divino ferrete está presente grazas á xente de Toupa. Chegamos onte e ficaremos até o domingo. No stand temos camisolas, chapas e moita labia para informar a quen estea disposto a pór a orella.

Saúde.


O último salto de Steve Driver

Hai case medio ano, as cámaras dos SWAT, grupo de operacións especiais da policía estadounidense, retransmitiron para todo o mundo o suposto suicidio de Stephen Clancy Hill, actor porno de 34 anos de idade coñecido na industria cinematográfica como Steve Driver.

O suceso tivo lugar en West Hills, unha agreste zona de cantís situada nos arredores de Los Angeles. Suposto asasinato, porque na filmación apréciase o impacto de dous proxectís de arma non letal no seu corpo antes de que o actor saltase ao baleiro.

Foi acusado de homicidio por atacar cunha espada samurai, sen motivo aparente, a un dos seus compañeiros durante unha filmación e tentar ferir a outros dous. A consecuencia das feridas, o primeiro deles, o tamén actor porno Herbert Hin Wong, coñecido na gran pantalla como Tom Dong, faleceu.

Hill, con antecedentes policiais, fora xa condenado a 5 anos de prisión en 1998 por ameazar cunha arma de fogo a unha profesora ao non querer este porlle un sobresaliente nun exame ao que nin sequera se presentara, mentres estudaba na Universidade de Maryland.

Fuxido da xustiza durante 4 días, Hill foi acurralado e as negociacións cos axentes non frutificaron. Tras a súa caída libre de máis de 15 metros, a súa cabeza sufriu lesións irreparables e ingresou cadáver nun hospital próximo.

Azul, Sauna Azul

Berrounos un ‘surprais’ dende a outra esquina do bar. Fiquei perplexa. Volver ver a ese amigo despois de tempo. Chiscoume o ollo varias veces mentres laretaba nese bar, naqueloutra tasca e nese pub de ambiente de Compostela que nin sabía que existía.

-O divino ferrete? Interesante. E dende cando andas nisto do porno?
-En realidade non ando nisto (sorriso). Pasei anicada sen darme de conta e detívenme a mirar, é máis voyeurismo que participación.

Notaba a calor na cara, estaba vermella. Riuse e seguiu bebendo no caldeiro de licor café con xeo que acabábamos de pedir. Continuou:

-O inglés? Agora está baixo control, mais continúo dicindo ‘Ola’ cando entro no avión, gústame. Ao principio era unha tortura, sobre todo para traballar… todo estaba moi mal pago sen inglés.
Detívose e botou unha risada. Mirou aos dous lados.
-Alí, onde limpei, naquela sauna, gañaba bastante pasta, mais tiña medo de pillar algo. Atópaste de todo. Ao final deixeino.
-Unha sauna? Agarda. Como? -preguntei. Non entendía nada
-Era coma un pub pero con diferentes saunas e cabinas. Unha pasada. Non cho contara?
-Non choiaras en Mango?
-Despois. Mais antes limpei alí. Era unha sauna onde nada máis entrar te ispes. Danche unha toalla, un paquete de condóns, un lubricante e listo. Todo seguro, iso si!
-Agarda que o entenda. Unha sauna?
-Unha sauna, si, unha sauna gai. Traballei unha semana e deixeino. Malia todo sempre vives con ese medo, alí vai todo tipo de xente…
- …

-E esa calor…

Botou unha gargallada pícara e fixo un xesto de sufoco.

-Ves de todo, Olalliña, de-to-do. Estabamos alí uns brasileiros mais eu. O calor era tan intenso que saías coma colocado. Xa sabes. Era unha sauna.

Volta a rirse. Eu sorrín tamén.

-Esta historia paga a pena de contar -dixen entre o abraio e a curiosidade-. Non sabía que existían ese tipo de locais –recoñecín.
-Aínda que alá che son máis profesionais. En Compostela tamén hai unha.
-Que me dis?
-E en Vigo, e en… en máis sitios. Chámase Azul, Sauna Azul, en Santa Marta.
Apuntei o nome nun caderno: “Sauna gai Santa Marta. Azul.”

Dedo ou brazo

O fisting defínese como a práctica sexual na que se produce pracer no ano ou vaxina ao introducir, parcial ou totalmente, os dedos, a man ou puño.

Existe o dobre fisting que consiste na introdución de ambos puños e ás veces o antebrazo. Acostúmase a introducir o puño pechado de xeito brusco para logo retiralo lentamente, de maneira que o pracer sexa máis intenso. Esta modalidade é coñecida como punching. Existe outra variante que consiste en «meter» parte do pé no recto (foot fucking).

Como tódalas prácticas sexuais anais, esta tamén require de tempo e dunha iniciación previa. O aconsellable é iniciarse no fisting mediante a penetración de pequenos obxectos ou introducindo un, dous ou tres dedos; así sucesivamente de maneira suave até que se consiga, con abundante lubricante, dilatar a zona. É preciso ter lubricante soluble en auga.

As sesións de fisting, a diferencia doutras prácticas sexuais máis «convencionais» precisan dunha certa disposición, tempo, delicadeza, seguridade e sobre todo de paciencia. Leva o seu tempo preparar o corpo. Esta actividade sexual debe ser iniciada cun baño e cunha relaxación do corpo. A continuación, é recomendable a previa introdución dos dedos no ano, pouco a pouco, para así poder relaxar os músculos e, cando xa se sinta pracer, empregar suficiente lubricante a base de auga. De seguido introducir un consolador brando a fin de acostumar o ano á relaxarse. A introdución debe ser lenta e paulatina. Pode levar meses, incluso anos, conseguir unha penetración coa man completa.

Hai que ter en conta que a través desta práctica sexual existe unha alta probabilidade de complicacións no transcurso do acto. Riscos que van dende desgarros «simples» até perforacións intestinais (casos extremos). É preciso saber que o fisting, á marxe do pracer que poida producir, é unha práctica sexual de alto risco posto que no seu transcurso se producen microtraumatismos, rozamentos e desgastes do tecido autorrectal.

Algunhas persoas describen está práctica sexual extrema como unha forma de meditación ou unha odisea espiritual, practicamente de éxtase prolongada. Normalmente vincúlase esta práctica sexual ás persoas que gozan con situacións extremas e de gran intensidade. Hoxe en día é probable que sexa máis comunmente empregada en círculos gais, o que non significa que as mulleres non a leven a cabo.

Unha vez máis a natureza humana demostra que o universo de sexo é tan infinito como pracenteiro e variado.

De grupos, espellos e parellas

Dende que comecei a escribir neste blog a miña vida social periga. Ao longo da semana vánseme ocorrendo temas do máis variado relacionados co sexo, dos que podería saír unha entrada máis ou menos interesante. Logo, como a miña experiencia salaz non dá para contar moito, recorro aos meus amigos para que me conten da súa. Pero eles non están afeitos a escoitar a miña voz no teléfono preguntándolles sobre os seus hábitos sexuais. Son poucos os que responden, e non llelo podo reprochar: algúns preocúpanse e hainos que ollan para min de esguello, con xesto escandalizado, mentres lles tapan as orellas aos fillos.

(Que peniña de rapaz, co ben que lle ía na carreira e mira para el, sen oficio nin beneficio, e agora deulle por meterse nunha porno e facer preguntas incómodas diante dos cativos, que dirá a súa nai? eu son ela e morro do desgusto…)

Os últimos días as miñas enquisas versan sobre o sexo en grupo. Polo que vin, o sexo en grupo é algo que quen nunca fixo devece por facer. Descubrín cousas interesantes. A primeira, que o sexo en grupo é máis común do que eu pensaba. A segunda, que ese grupo rara vez supera o terceto (as orxías non abondan, polo que se ve). O terceiro e menos concluínte dos meus descubrimentos é que a fórmula máis habitual é a dunha parella que decide manter cunha terceira persoa un comercio carnal sen nexo afectivo ningún.

Isto paréceme interesante, pois lévanos ao que falabamos a semana pasada sobre o sexo anónimo, que nestas merendas en grupo aparece mesturado en sabia combinación co sexo coa persoa amada (amar no sentido máis aeróbico do termo, non nos trabuquemos). Pero eu non teño claro que é iso que chaman amar, que todos conxugan como verbo transitivo e eu creo que é sobre todo reflexivo, aínda que reflexión non adoita haber moita no oficio do amante. Con isto o que quero dicir é que o amante -ao meu entender- é o espello do amado, que busca nel aquela parte de si mesmo que non é quen de ver cos seus propios ollos (pregúntelle a Jung quen non concorde comigo). Se isto é así, importa pouco quen é a persoa que me ama, o que conta é que me devolva unha fermosa imaxe cando me miro nel.

Xa sei que o meu símil non se ten facilmente en pé, porque sendo estritos esta teoría do sexo especular leva a considerar que todo fornicio equivale a cascar a pera con man allea. Infeliz descubrimento aquel que só serve para relativizar a miña capacidade como literato, pero non para rebater as miñas teorías, que serán peregrinas, pero a min véñenme estupendamente para a miña persoal campaña de erradicación das medias laranxas azuis, as películas de Meg Ryan, as tortas de cinco pisos e as hipotecas de interese variable.

Culturgal

Os días 26, 27 e 28 de novembro temos cita no Pazo da Cultura de Pontevedra, co gallo do Culturgal. O divino ferrete tamén estará presente, no stand de Toupa. Alí poderedes informarvos sobre o devir do proxecto así como tamén colaborar, pois poremos á venda unha serie de artículos que non han deixar indiferente. Levaremos mesmo unha maquiniña de facer chapas, o cal sempre é do gusto dos máis cativos.

Así como o guión gráfico corre a cargo de Héctor Barros, os deseños do merchandising e tamén o novo logo co parafuso e mais a porca que temos dende a pasada semana son da autoría de Amaia Míguez, unha das nosas fichaxes máis recentes.

Velaí queda, liberado con licenza CC, un dos deseños que presentaremos esta fin de semana.

Caladiña estás máis guapa

Hai auténticas xoias dentro da chamada música country estadounidense. Aí está o moito e moi bo feito por Johnny Cash, por suposto, pero tamén aí está Tammy Wynette, quen é hoxe lembrada principalmente pola súa canción ‘Stand by your man‘, unha marabilla, malia que a mensaxe que envía non podía ser peor, máis reaccionaria nin máis inxusta: Stand by your man, muller! é dicir, fica canda teu home, perdóalle todo, sempre e sen reproches, asume a súa natureza masculina e dominante, escolma o bo e mira para outro lado co malo, esquéceo e négao se cumprir, propón.

Sometimes it’s hard to be a woman / Giving all your love to just one man / You’ll have bad times / And he’ll have good times / Doing things that you don’t understand / But if you love him you’ll forgive him / Even though he’s hard to understand / And if you love him / Oh be proud of him / ‘Cause after all he’s just a man

A tradución podería ser como segue: Ás veces non é doado ser muller / pois tes que dar todo o teu amor a un único home / Pasarás momentos malos / e el pasará momentos bos / Facendo cousas que ti non es quen de comprender/ Mais se o amas, perdoaralo / Mesmo cando non é doado de comprender / E se o amas / daquela séntete orgullosa del / Porque á fin e ao cabo non é máis ca un home.

Esa América profunda!

Mexar por elas e dicir que chove

Acendo o portátil. Tecleo «porno para mulleres». Erika Lust, directora e produtora de cinema para adultos, é a portadora da bandeira do feminismo no xénero X. No seu filme Five Hot Stories for Her, a sueca desenvolve o seu concepto de «porno para mulleres». Van 10 minutos e unha rapaza loira remata por botar un ferrete co pizzeiro. Até aquí, a típica escena X, coa diferenza dunha estética moito máis coidada do que nos ten acostumados a industria, e a aparición dun monólogo interior ao estilo de Woody Allen. Pero, que diantre pinta unha música romántica de fondo nun suposto ferrete salvaxe cun descoñecido? Concho, se incluso fican parvos ollando o un para o outro coma se fosen namorados. Todo tan bonito e sentimental que me pregunto se non estarei a ver a versión porno de Titanic.

O cinema para adultos sempre estivo claramente orientado a un público masculino, e é por iso que predominan as escenas onde hai unha polémica dominación do home fronte á muller que, ás veces, chega a se converter en humillación. Daquela, que lugar ocupan aquí as mulleres? Como dixo Jack o Estripador: imos por partes. Todo comezou alá polos anos 80, cun bambino chamado Rocco Siffredi. O guapiño de cara foi o pioneiro en dar caña fodendo diante dunha cámara. Animal Trainer, unha das súas series, marcou un antes e un despois na industria X. Rocco cuspía na cara e na propia boca das actrices, e exploraba tódolos buracos da muller arremetendo coma unha besta. Incluso chegaba a mexar por riba delas. O italiano púxose de moda e sería imitado por tódalas estrelas do porno. O catalán Nacho Vidal converteuse no principal herdeiro deste método sexual por estas latitudes; lonxe de ser mal visto, Nacho converteuse en todo un mito sexual para as mulleres españolas.

Hoxe en día, case tódolos actores porno dan labazadas, cospen á cara, dan tiróns de pelo e realizan anais. Este tipo de actuacións sexuais teñen unha razón de ser alén de pertencer a un estilo determinado de cinema para adultos. A interacción constante coa actriz é unha axuda eficaz para manter a erección, posto que unha rodaxe non é coma un ferrete a soas, en privado. Está a actriz, pero tamén está o cámara ou o director e poida que alguén de son, ademais das interrupcións entre postura e postura. De aí que truquiños coma estes axuden a que o actor concentre a atención na actriz.

Pero onde está o límite entre dar caña e exercer a brutalidade? E onde pode atopar o público feminino as súas fantasías eróticas nunhas escenas onde a muller é sempre dominada e, ademais, humillada? Na miña opinión o límite é o pracer. Unha escena ou un acto sexual cañeiro é perfecto se ambos os dous gozan. Pero se alguén sofre mentres está en plena fodincha, algo falla. Hai casos de actrices que recoñecen ter chorado despois de rodar algunha escena especialmente dura. E se unha muller chora, o produto ten un 95% de probabilidades de non responder ao gusto xeral do resto das mulleres do mundo. Xa logo, como adaptar o cinema X ás necesidades da muller?