Xullo « 2011 « O divino ferrete

As primeiras no Parlamento

Quen foi a primeira muller en sentar no Parlamento de Galicia? Non foi unha soa, que o fixeron tres de vez en 1981: Flora Veiga, deputada da UCD pola provincia de Lugo; Enma González Bermello, tamén da UCD mais pola de Pontevedra (quen ademais foi a primeira muller en acceder á alcaldía dunha cidade galega, Vigo); e Carmen Lovelle, candidata de Alianza Popular pola provincia de Ourense.

Máis información en La autonomía en femenino, de Alexandre Vázquez Lorenzo.

Obxectivos da Marcha Mundial das Mulleres

En 2006, en Lima, celebrouse o VI Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres no que foron acordados os seguintes 8 obxectivos:

1.- Fortalecer e manter un vasto movemento de solidariedade entre todas as mulleres e organizacións de base para que a Marcha constitúa un xesto de afirmación das mulleres do mundo.

2.- Promover a igualdade e a xustiza entre mulleres e homes, entre mulleres e entre todos os pobos.

3.- Seguir construíndo e fortalecendo un amplio proceso de educación popular onde todas as mulleres podan analizar por sí mesmas e para elas mesmas, as causas da súa opresión, da súa discriminación e as posibles alternativas.

4.- Pór en práctica as reivindicacións e as alternativas comúns aos movementos das mulleres do mundo, a escala local, nacional, rexional e internacional, ao redor dos temas de pobreza e de violencia cara ás mulleres.

5.- Exercer presioóns políticas sobre os gobernos e as institucións políticas multilaterais (por ex a ONU), para que realicen os cambios necesarios para mellorar as condicións e a calidade de vida das mulleres do mundo, incluíndo unha política de desarme e de resolución pacífica de conflitos, a fin de todas as impunidades e da corrupción, do uso da violación como arma de guerra, das ocupacións e da presenza militar extranxeira ao igual que a imposición de bloqueos político-económicos.

6.- Rexeitar e denunciar ls institucións internacionais financeiras, económicas e militares (FMI, OTAN, OMC, BM, corporacións transnacionais, axencias de cooperación que condicionan as nosas loitas, etc.) que empobrecen e marxinan as mulleres, e incrementan a violencia cara a elas, e traballar con propostas institucionais alternativas.

7.- Levar á población en xeral, aos outros sectores da sociedade e aos movementos sociales a apoiar e realizar os cambios que sexan necesarios para mellorar a posición, as condicións e a calidade de vida das mulleres do mundo enteiro.

8.- Elaborar e instrumentar accións e proppstas feministas con miras a denunciar as corporacións, institucións económicas e financeiras e gobernos que propician a explotación e a degradación dos nosos recursos, os cambios climáticos e a perda da nosa biodiversidade. Loitar pola soberanía na xestión dos nosos recursos medioambientais que leve a un modelo de desenvolvemento que atenda as necesidades fundamentais das xeracións presentes e futuras.

Máis información relacionada en WikiGender.

Videoxogos e porno accidental

The Accidental Video Game Porn Archive é un sitio web que recompila imaxes de videoxogos, a modo digamos de capturas de pantalla (mais non só: pois tamén hai ben de ficheiros gif), de tal modo que insinúan posicións e escenas sexuais de diverso grao, algunhas delas ben curiosas. Paga a pena botarlle unha ollada.

@Xunta e chíos en castrapo

Decididamente, mexan por nós.

Velaí arriba unha desfeita impúdica e indecente máis como proba; unha de tantas, unha de moitas. É indignante. Coa de profesionais que temos á procura dun traballo digno, e resulta que o PPdeG vai e coloca un ou unha analfabeta funcional en galego á cabeza do twitter oficial da Xunta de Galicia.

É un insulto urbi et orbi, do que non se salva ningúen, pois de igual maneira que non sería de recibo que o spanglish ou o portuñol fosen a lingua por defecto dunha ferramenta de comunicación cidadá, poñamos por caso, da Administración estadounidense ou do Goberno de España, tampouco non o é que o castrapo -castelán mal falado; nunca galego- mesturado con formas dialectais galegas impere nas comunicacións da Xunta cos cidadáns aos que representa, aos que se debe e aos que cun mínimo de respecto ten que dirixirse. É repulsivo, simplemente. Vergoña debería de darlles, mais non llela dá e non llela ha dar. Xa logo, cadaquén que cargue despois co que dixo, co que aturou e calou e mais co que deu en facer por recuperarmos a dignidade como pobo.

Polo momento, isto dá para termos unha confirmación: nunca unha decisión foi tan acertada como a de arredarmos este proxecto de normalización do galego no porno das canles institucionais e dese galeguismo cordial, harmónico e inexistente que ten tanto de posta en valor do noso como de policía tiña o asasino noruegués que non obstante si entrou vestido de tal na illa de Utøya. Moito ollo con este goberno de antroido e comparsas.

Até aquí a miña indignación, por hoxe.

BONUS TRACK 1: A nova camisola do Celta de Vigo en castrapo.
BONUS TRACK 2: O/A leite gal(l)ego/a que marca a diferenza/cia.
BONUS TRACK 3: A ignominia cultural do PSOE vigués.

E unha reflexión a maiores:

“O castrapo é unha forma degradada e degradante da lingua. Que faga graza e resulte simpático é un síntoma do estado real da saúde da fala, que non tería importancia ningunha se nos centros de poder e decisión se utilizase o galego (consellos de administración das grandes, medianas e pequenas empresas e organismos da administración). Iso é o grave, o reducido espazo vital ao que está restrinxido o idioma.”

Xosé Feixó Cid, nunha entrevista concendida ao Faro de Vigo para o seu suplemento Faro da Cultura.

Postporno na Coruña

Queridas amigas e amigos do postporno: esta semana tedes unha cita ineludible na Coruña. As compañeiras de NOMePISESoFREGHAO, un colectivo de mulleres feministas do barrio de Monte Alto, organizan Corpos e Linguasex, unhas xornadas nas que aprenderemos a usar as mentes o os corpos como ferramentas de liberación. Apuntádesvos, non?

Serán os días 28, 29 e 30 de xullo, no Centro Social Atreu. Na primeira xornada, presentarase Pornoterrorismo, un libro co que Diana Torres, o máximo expoñente deste concepto político-artístico, fai un ataque brutal aos piares que mantén en pé unha sociedade “heteropatriarcal e castradora” Despois de Diana chegará Lucía Egaña, a directora do documental Mi sexualidad es una creación artística. A fita mergúllase entre os colectivos e persoas que dende o ano 2000 traballan e crean postporno na cidade de Barcelona. Sete entrevistas que mostran as motivacións de homes e mulleres que apostan por unha pornografía alternativa e inclusiva. Por último, proxectarase a curtametraxe galego-catalá O dente negro.

O venres haberá obradoiros para coñecer mellor as nosas sexualidades e os nosos corpos. O sábado, o derradeiro día, festa na rúa con xantar colectivo, intercambio de experiencias e moitas “sorpresas”. E antes de rematar, e como guinda deste xeitoso pastel, ofrecerase unha pequena degustación da Mostra Marrana que este mes de xullo celebrouse en Barcelona. Ides resistir a tanto pecado?

Por último, proxectarase a curtametraxe galegocatalá O dente negro.

O venres, haberá talleres para coñecer mellor as nosas sexualidades e os nosos corpos. O sábado, o derradeiro día, festa na rúa con xantar colectivo, intercambio de experiencias e moitas “sorpresas”. E antes de rematar, e como guinda deste xeitoso pastel, ofrecerase unha pequena degustación da Mostra Marrana que este mes de xullo celebrouse en Barcelona. Ides resistir a tanto pecado?

Fútbol nada máis

Nunha entrada titulada Morbo e prensa demos conta do amplo espazo que o diario El Mundo lle dedica ao sexo e á farándula, e hoxe retomamos o fío con dúas -supoñemos- novas que se publicaron no sitio web do Marca o pasado domingo 17 de xullo.

Fútbol nada máis. Si, home, si.

Homofobia de estado

Plans de prevención estival ante doenzas en destinos tropicais. Advertencias respecto do alto risco penal polo contacto coas drogas no estranxeiro. Ollo coas subidas nas tarifas de telefonía móbil cando traspasamos as fronteiras xeográficas… Tendo que poñer nas vacacións tantas ilusións como precaucións –e cartos– parecemos esquecer que a práctica homosexual en non poucos países está castigada con penas que van desde multas até a pena de morte.

As relacións entre persoas do mesmo sexo –con idade legal, de forma consentida e no ámbito privado– son ilegais en 76 países de todo o mundo. É máis: en Arabia Saudí, Irán, Iemen, Mauritania, Sudán, 12 estados do norte de Nixeria e partes meridionais de Somalia mesmo están castigadas coa pena de morte.

Homofobia de Estado, un informe sobre as leis que criminalizan a actividade sexual con consentimento entre persoas do mesmo sexo (maio, 2011), elaborado pola Asociación Internacional de Lesbianas, Gais, Bisexuais Trans e Intersex (Ilga) advirte da férrea ideoloxía de Gobernos que, lonxe de levantar as limitacións á liberdade sexual e identidade de xénero, se ratifican na súa postura ou mesmo a endurecen: en Malawi, o Presidente Bing Wa Mutharika non só recuou na súa intención de perdoar a relación amorosa entre Steven Monjeza e Tiwonge Chimbalanga, senón que fixo incluír no Código Penal a criminalización das “prácticas indecentes entre as mulleres”, lembran os responsables do informe a modo de exemplo desta realidade.

Con todo, a ‘homofobia de Estado’ trascende do ámbito da sexualidade e anega todo o que teña que ver coa identidade de xénero e a igualdade de dereitos: as persoas LGBTI son sistematicamente discriminadas e acosadas nestes países en nome dos ‘valores tradicionais’ e baixo o temor a que “contaminen” ao resto da poboación, segundo se advirte no documento que, ao longo de 72 páxinas, debulla un completo mapa da discriminación homosexual e transexual en todo o mundo.

“Esta non é exactamente –indican os responsables do informe– a forma máis coherente de defender os valores, que se supoñen son tan ‘tradicionais’ como ‘naturais’ e, certamente, recaen no inmoral, tendo en conta que, como resultado, neste último ano, varios defensores dos dereitos LGBT foron asasinados. Non podemos senón expresar gratitude e admiración pola coraxe de todos/as os/as activistas que arriscan as súas vidas e a súa seguridade para construír un movemento LGBTI forte e –sobre todo– un mundo mellor, onde todos os dereitos humanos sexan verdadeiramente para todos e todas”.

“O día non está lonxe, cando se considere en todas partes que a homofobia e a transfobia merezan a mesma repugnancia que actualmente teñen o sexismo e o racismo, e ningunha retórica auto implantada evitará que a parede da Homofobia de Estado se derrube”, conclúen.

Zoofilia mortal

Unha muller do distrito de Limerick cunha alerxia severa aos cans morreu en 2008 logo de practicar sexo cun pastor alemán. Trátabase dunha irlandesa que coñecera un tipo nun ‘chat’ de zoofilia vía Internet, quen lle propuxo manter relacións sexuais co seu can, ao que ela accedeu de forma voluntaria.

O home, Sean McDonnell, de 57 anos, está acusado de violar as leis que en Irlanda prohiben dende 1891 a zoofilia, polo que podería enfrontar unha pena de cadea perpetua por iso. A policía irlandesa, non obstante, determinou que o sexo foi consentido pola muller, falecida dun shock anafiláctico poucas horas despois do encontro sexual co can.

{Fonte: The Journal}

Apuntamentos (XVI)

O seme pode actuar como unha droga psicoactiva no corpo das mulleres, ao mellorar o seu estado de ánimo e mais as súas destrezas cognitivas.

Os organismos que se reproducen sen sexo teñen un maior risco de extinción, debido á perda de diversidade xenética e á imposibilidade de se adaptaren a cambios nas condicións ambientais.

{Fonte: Revista New Scientist}

Relixión e lingua

Da mesma maneira que as feministas denuncian o emprego de ‘el’ no canto de ‘el ou ela’, ou ‘home’ no canto de ‘humano’, eu quero que todos sintan repulsión sempre que escoiten unha frase como ‘neno católico’ ou ‘neno musulmán’. Fale vostede de ‘neno de pais católicos’ se quere, mais se escoita a calquera falar dun ‘neno católico’, detéñao e cortesmente sinálelle a esa persoa que os nenos son demasiado novos para saberen por onde andan neses asuntos; de igual xeito que son demasiado novos para saberen onde se sitúan en materia economía ou política. Un non pode e non debe cansar de repetilo. Direino de novo: non é un neno musulmán senón un neno de pais musulmáns. Ese neno é demasiado novo para saber se el é un musulmán ou non. Os nenos musulmáns non existen. Os nenos cristiáns non existen.

Richard Dawkins, no proemio de The God Delusion (2006)