Setembro « 2011 « O divino ferrete

Mapa da conexión a internet

{Extracto traducido dunha entrada de Microsiervos}

O estudo Global Game Download de Pando Networks analiza a fiabilidade e velocidade de conexión a Internet de países de todo o mundo, 224 para ser exactos que suman 27 millóns de descargas realizadas desde 20 millóns de computadores.

No mapa interactivo Global Download Study os distintos países están coloreados conforme á súa velocidade de conexión media. En verde máis escuro os que teñen unha velocidade media máis alta. En cor clara as máis baixas.


Preme na imaxe para agrandala

* Os datos polo miúdo.

Deitámonos xuntos?

Touch and Go son unha banda británica que ten uns temas do máis suxestivo. O máis, se cadra, é este “Would you…?”.

Sinalar, de paso, que entrada a entrada imos enchendo a categoría música, e que paga a pena deterse un pedazo nela.

E de bonus, esta versión en castelán que tamén percorreu as discotecas do mundo enteiro.

Totó García versus Nacho Vidal

Entre os nosos referentes temos o Saló del sexe en català, unha iniciativa a cargo do Festival Internacional de Cine Erótico de Barcelona que contou con tres edicións, a primeira en 2006 en Manresa, e que tiña por obxectivo normalizar o sexo en lingua catalá. Lamentablemente, este Festival xa non se celebra (e non sen polémica).

Por outra banda, o que aínda temos é o Salón Erótico de Barcelona, un festival de renome que non perdeu nada de fol; ao contrario: cada ano acapara un maior interese mediático; Nesta ocasión celebrarase do 6 ao 9 de outubro, é dicir, dentro de nada.

Con esta escusa, aproveitamos para informar dunhas votacións que están a ter lugar estes días: as de mellor actriz porno e mellor actor porno do Estado. Nesta última, hai unha nova que no Ferrete nos interesa enormemente:

Totó García vai segundo nas votacións!

Aínda hai tempo para votar e chimparlle ese primeiro posto que neste momento ostenta Nacho Vidal.

Morre Wangari Maathai

Faleceu onte en Nairobi a activista medio-ambiental e política queniana Wangari Maathai, que recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 2004 polo seu labor en defensa da natureza, e a potenciación ao mesmo tempo do labor da muller, a través da plantación de máis de 30 millóns de árbores. Foi a primeira muller africana en recibilo. A doutora Maathai foi membro do parlamento e ministra de Medio Ambiente e Recursos Naturais dentro do goberno presidido por Mwai Kibaki até novembro de 2005.

{Información extraída da cabeceira do seu artigo na Galipedia.}

Canto ao pene

Unha oda ao pene a cargo de Matt Mulholland.

Na consulta do xinehumorista

Interposta unha demanda pola asociación El Defensor del Paciente contra a Sociedade Española de Xinecoloxía e Obstetricia por unhas viñetas que ofenden a dignidade da muller. Velaquí un exemplo:

{Fonte: Público}

Gastrosexoloxía

Foder na cociña. Escoller unha receita afrodisíaca para seducir os comensais. Detectar doces e salgados nos corpos. Comer chocolate despois dun fantástico orgasmo. Quedar para cear e acabar na cama. Converternos en pratos exquisitos envoltos en finísimas sabas… O mundo do sexo e da gastronomía estiveron sempre moi unidos. Tanto, que incluso as veces chegan a confundirse.

Para potenciar a compatibilidade destas dúas disciplinas, a galega Mónica Novas creou un novo concepto: a gastrosexoloxia, unha mestura entre sexo, psicoloxía e gastronomía. Porque, do mesmo xeito que facer o amor pode converterse nunha actividade rutinaria e aburrida, traballar detrás dos fogóns, mesmo comer, pode chegar a ser un suplicio.

A gastrosexoloxía non ofrece unha receita máxica, pero propón claves e trucos para o éxito (e o éxtase): 1. Deixar fluír os cinco sentidos para idear, preparar e saborear novos pratos. 2. Facelo en compañía e utilizar as mans. 3. Non esquecer que hai vida debaixo do mantel. 4. Ter predisposición para explorar novas fronteiras. 5. Dedicar tempo. 6. Saber aplicar o punto exacto de picante en cada prato e postura.

Para aquelas persoas que queredes saber máis sobre gastrosexoloxía, hoxe, ás 21:00 horas, Monica Novas impartirá un taller no Pazo Quinteiro da Cruz de Meis, en Ribadumia. Esperamos a vosa crónica!

Insúltannos

Malia que preto do 40% dos pais e nais das sete cidades galegas queren que os seus fillos sexan educados en galego, o 88% das aulas serán impartidas en castelán de todos os xeitos.

A falta dos datos de 30 centros –que os colexios non quixeron facer públicos ou que aínda non eran definitivos–, o resultado é moi prexudicial para o galego, precisamente nas contornas onde todos os estudos destacan a masiva perda de galegofalantes nos últimos anos. Así, dos 141 centros urbanos de Infantil analizados, en tan só 17 as familias elixiron maioritariamente como lingua principal o galego, mentres que en 87 optaron polo castelán e en 7 houbo un empate que agora as autoridades educativas deberán solucionar. Os 30 restantes non teñen datos finais. En definitiva, o 62% dos centros educará os cativos en castelán, o 5% debería facelo nas dúas linguas e o 12% en galego, unhas porcentaxes que poderían empeorar para a lingua propia vista a tendencia e á espera do 21% restante cuxa decisión aínda non se coñece.

Nos casos concretos das cidades de Pontevedra e da Coruña soamente un colexio imparte clases na lingua propia de Galicia.

{Fonte:STEG}

Apuntamentos (XX)

“As mulleres endexamais deberiamos entrar en política; non somos aptas para iso. Considérome unha esposa tradicional, a diferenza das violentas mulleres liberais que están en política.” – Jackie Kennedy.

{Fonte: Las confesiones de Jackie Kennedy, en El País}

O procreador de América

O caso é que estes días apareceu nos xornais a nova de que un agricultor brasileiro de 90 anos chamado Luiz Costa de Oliveira ten un total de 33 fillos entre os feitos coa muller, os da cuñada e mais os da sogra. Valla pois esa nova de escusa para traermos un vídeo musical do que se deu en coñecer como ‘El Ruiseñor de América‘, Julio Jaramillo, enorme cantate de boleros que tivo, segundo as fontes, entre 27 e 42 fillos, de 5 esposas, e tamén de andar a picar fóra da casa, evidentemente.