Vídeo viral Big Bad Wolf
Pois iso, un viral que ten bastante de surrealista.
Pois iso, un viral que ten bastante de surrealista.
{Fonte: Woorkup}
Está todo inventado.
{Fonte: Meme-meme}
“Es una pena que no haya carteles en castellano, pero se entiende razonablemente” – Lido no libro de visitas do Museo do Pobo.

{Fonte: @Prevesos, vía @Lara_marin}
“As mulleres non deben ser iluminadas nin educadas en forma ningunha. De feito, deberían ser segregadas, posto que son causa de insidiosas e involuntarias ereccións nos santos homes (…) É Eva, a tentadora, de quen debemos coidarnos en toda muller… Non alcanzo a ver que utilidade pode ter a muller para o home, se se exclúe a función de concibir nenos (…) A tentación é a enfermidade da curiosidade. É esta a que nos impulsa a tratar de descubrir os segredos da natureza; segredos que están alén do noso entendemento, que non nos proporcionarán ningunha vantaxe, e os cales o home no debera desexar aprender ” – Agostiño de Hipona

O Campionato do Mundo de Scrabble de 2011 celebrado en Varsovia foi máis movido do habitual neste xogo de mesa. Todo se complicou cando o representante de Tailandia, Chollapat Itthi-Are, solicitou impugnar a súa partida contra o campión británico Ed Martin, a quen acusou de gardar unha ficha do xogo nalgún lugar oculto do seu corpo, polo que lle requiriu que se espise.

{Fonte: Strambotic, vía El Jueves}
Datos recollidos no informe ‘Adolescentes e internet’ do Valedor do Pobo sobre o uso da internet por parte da mocidade galega.

Preme na imaxe para vela a tamaño completo
{Fonte: Informe completo}
{Extracto dunha nova en Galicia Confidencial}
A Xunta de Galicia acaba de conceder 91.000 euros de subvencións a iniciativas antiabortistas. Os beneficiarios, segundo denunciou a Marcha Mundial das Mulleres e recolle o DOG esta semana, son os seguintes:
Beneficiario – Programa- Subvención
HH.TT.FF. Rebaño de María – Obra Social Sí a la Vida – 18.000 euros
Asociación Redmadre Coruña – Intervención para mulleres xetantes e lactantes- 24.000 e 10.000 euros
Asoc. Redmadre Pontevedra – Nais 2011 – 22.000 euros
Asoc. Redmadre Ourense – Nais 2011 – 7.000 euros
Asoc. de Ayuda a la Vida Ayuvi – Programa Tu Puedes – 10.000 euros
Todos os colectivos arriba citados forman parte ou colaboran con Red Madre, como se pode comprobar nas webs dos ultraconservadores Hazte Oir ou na propia páxina de Red Madre Galicia.
Red Madre é una iniciativa antiabortista nada do Foro Español de la Familia, un ‘lobby’ conservador e católico apoiado pola Asociación Católica de Propagandistas.

“Ser nai na adolescencia ten un forte impacto na vida das mulleres, e un dos hándicaps máis claros obsérvase no acurtamento da traxectoria educativa das mozas (…) A maternidade temperá tamén inflúe na entrada ao mercado laboral: as nais precoces traballan a calquera idade en menor medida que o resto das súas coetáneas”.
Margarita Delgado, investigadora do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) manifestábase así este mércores na presentación dun novo informe que debulla a evolución da maternidade adolescente en Galicia e o resto do Estado e que constata unha relación directa entre o feito de ser nai precoz e o grao de desenvolvemento da comunidade de residencia. En efecto, as autonomías menos favorecidas amosan unha porcentaxe maior de partos en idades temperás.
Segundo o novo documento do CSIC, e malia confirmar un descenso na idade de iniciación no sexo, a cifra de nais adolescentes diminuiu no último medio século. No caso galego, a porcentaxe de mulleres sexualmente activas antes dos 20 anos elevouse desde o 28,33% no caso das nadas antes do 1956 (un 17,43% no Estado); ao 58,77% das galegas que hoxe teñen entre 35 e 49 anos (52,7% de media estatal), e ata un promedio de case tres de cada catro (71,77%) galegas de entre 20 e 34 anos (73,67 por cento no caso das cifras estatais).
No entanto, e aínda que se adiantan esas primeiras relacións, a cifra de embarazos adolescentes reduciuse en Galicia desde o 39,22% das mulleres que hoxe superan a cincuentena ata o 3,37% das mozas que naceron entre os anos 70 e 80. É especialmente salientable a cifra galega, catro veces menor que a estatal (11,51%). A razón: “Unha maior prevalencia da anticoncepción eficaz”, apunta Delgado.
A investigadora apuntou ademais estas outras conclusións:
“O feito de pertencer á área máis desenvolvida do país desde o punto de vista económico reduce o risco de embarazo adolescente ata nun 40% respecto da zona máis desfavorecida. E no caso da educación, redúceo nun 37 por cento”
“A maternidade precoz inflúe tamén na entrada ao mercado laboral. As nais precoces traballan a calquera idade en menor medida que o resto das súas coetáneas. Pero tales diferencias entre elas son máis acusadas nas áreas máis desfavorecidas”
A fenda social, xa que logo, é un elemento clave á hora de analizar as causas e a situación dos embarazos temperás. E aplicar as ferramentas necesarias para superala, unha tarefa tan imprescindible como pendente.