No tocante aos homes ibéricos
* O promedio de relacións sexuais é de 1,3 por semana.
* A disfunción eréctil afecta a 1 de cada 5 homes no Estado español.

Unha profesora arxentina entregoulles aos seus alumnos unha memoria portátil como material didáctico para prepararen unha clase de bioloxía, sen se decatar que o dispositivo contiña unha escena de sexo explícito que a tiña como protagonista. Isto sucedeu na Escola Media Manuel Dorrego, da cidade bonaerense de Junín, e ocasionou un lóxico balbordo entre os estudantes, que rapidamente compartiron o material a través da web. A profesora de bioloxía, da cal non transcendeu a súa identidade, tiña gravada a súa escena de sexo coa súa parella nun ficheiro do ‘pendrive’ chamado “Vacaciónes“.

{Fonte: Diario Democracia}
A meirande parte dos casos de disfunción eréctil é debida a motivos orgánicos, arredor dun 85% (obesidade, hipertensión, medicación, traumas, doenzas cardiovasculares etc.), mentres que os problemas psicolóxicos (problemas de parella, ansiedade, depresión etc.) son a base dun 15%. Así e todo, o factor emocional está presente virtualmente en cada caso, de feito, unha ampla porcentaxe é combinada.
{Fonte: El Mundo}
O 25 de Novembro de 1960 na República Dominicana rexistrouse o asasinato das activistas políticas as irmás Mirabal a mans do ditador Trujillo. En 1981, celebrouse en Bogotá o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe, onde se decidiu marcar esta data como o Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres, lembrando o asasinato das irmás Mirabal.

{Fonte: Frente Popular Galega}
Os mozos cren que nunha relación ela debe compracelo a el, titula o diario Público.
O 60% da mocidade está de acordo en que os celos son normais nun noivado e o 40% pensa que o mozo ten a obriga de protexela a ela.
Estas afirmacións son algúns dos resultados destacados do informe ¿Igualmente? Alumnado y género, actitudes y comportamientos, realizado a partir dos datos tirados de 1.396 cuestionarios cubertos entre 2009 e 2010 en institutos de secundaria das provincias de Madrid e Burgos.
U-lo progreso?

Os amigos do Modus Vivendi de Compostela tiveron a amabilidade de nos convidar hai algunhas semanas a tomar unhas cervexas no seu local e a falarmos por espazo de máis dunha hora con Alfredo Padilla, o conductor d’A Guerra do Sapo, que se interesou por este proxecto de normalización da lingua co porno como vehículo.
Foi un gusto, e o a ambiente estaba moi acolledor, de verdade. Tiveron ademais a xentileza de o gravar para despois o subir á rede co formato dun podcast, é dicir, que calquera que o desexe pode escoitalo para saber en que punto estamos agora mesmo; basicamente, digamos que acabamos de gravar unha serie de entrevistas cos que serán os actores acompañadas dun casting porno a posteriori (temos ben de horas de material) no que houbo de todo: tríos, dobres parellas, un de a dous moi tradicional etc. Se aínda non o quitamos na nosa web é porque non nos deu tempo a montalo. En todo caso, sinalar que ademais dos nosos actores protagonistas, Yara Lamas e Totó García, sumáronse ao elenco outros dous mozos cuxo nome permanece polo momento no anonimato e mais unha moza compostelá, de nome Nadia Compostela.
En resumo: graciñas á xente do Modus polo seu apoio e por nos deixaren o podcast co que foi o programa inaugural d’A Guerra do Sapo, onde o equipo do Ferrete estivo representado por Helena Capera (blogueira), Marga Tojo (blogueira e entrevistadora no mencionado casting), Alejandro Tobar (guionista) e Totó García (actor).
Até aquí o parte de novidades ferreteiras.
Entre o Partido Popular e Al Jazeera
Un bico homosexual para amenizar o ‘Tú sí que vales‘ dos simpatizantes populares. E Al Jazeera, entrementres, emitíndoo todo en aberto, tamén a marexada de bandeiras dos populares.
Máis datos para a reflexión:
Un pensamento de carácter sexual cruza, de media, pola mente dun home de entre 18 e 30 anos cada 52 segundos.
No mundo teñen lugar un total de 2.778 coitos entre humanos cada cinco segundos.

{Fonte: Pdviz.com}
As mulleres escravas do PP
Como se da Sección Feminina da Falanxe se tratase, o sábado pasado un coro de mulleres militantes do PP cantou nun mitin dedicado á familia unha versión denigrante do bolero de Armando Manzanero “Somos novios”. A letra dicía así:
“Somos nais, mantemos a nosa casa limpa e pura. Como todos, traballamos sen desdén, non hai dúbida. Choferesas, enfermeiras, cociñeiras e modistas, pedagogas, cantantes e até artistas, contacontos, albañís e economistas. Somos nais. Algunha cana asoma e choramos cando un fillo xa maior nos abandona. Engánanos o recibir algunha flor e unha aperta, pero máis nos gusta un bolso de Vuitton, sen facer máis comentarios. Somos nais, somos nais, somos nais”.
Noxento, vomitivo e lamentable. Todos os malditos roles de xénero metidos en catro liñas versionadas. As mulleres reducidas a nais, esposas, escravas, choromiqueiras, interesadas, consumidoras, débiles, coidadoras e, aínda por riba, estúpidas!
Non é novo que o Partido Popular amose sen vergoña a súa vontade de manter o patriarcado. E nada ten de estraño que un partido liderado por fascistas queira as mulleres agochadas. Cren que somos incubadoras que debemos parir e coidar da manda. Queren pecharnos de novo nas casas como nos anos 50, cando despois da II Guerra Mundial xa non había traballo para nós porque os homes volvían das trincheiras. Hoxe á guerra chámanlle crise. E ao recorte de dereitos, amor pola familia.
Negro é o futuro que nos espera, se negro non é xa o presente. Pero non debemos esquecer que as mulleres loitadoras se caracterizaron sempre pola súa valentía e optimismo. Así que seguiremos esixindo xustiza sen medo ao fracaso. E continuaremos sinalando co dedo os nosos odiados inimigos.





