Google quita con certa frecuencia versións do seu propio logo e fai con este pequeno xesto que moitos sintamos curiosidade e piquemos nel para saber onde nos ha levar. De feito, moitas desas veces en que a compañía realiza estas mínimas mudanzas estéticas, provoca de forma paralela, intencionadamente ou non, intensos debates entre os propios internautas: se as homenaxes dos doodles están demasiado centradas na cultura norteamericana, se esquece figuras de primeira liña para meter outras de segunda, se son demasiadas as veces que bota man deste recurso ocasionando unha perda de interese polo usuario etc.
Sexan moitos ou poucos, feos ou bonitos, sirvan para render tributo a un persoeiro ou para pór de relevo un acontecemento, unha cousa si debemos esixirlle á empresa: que, sexa na lingua que sexa, non cometa fallos ortográficos. Doe ver unha frase con fallos, sobre todo por iso, porque é unha frase e non un parágrafo.
Velaquí a proba.
