Xaneiro « 2012 « O divino ferrete

Noxo na Toxa

(xa ten uns anos, pero non está de máis traelo ao blog, porque a discriminación segue aí, á orde do día)

Fala Mr. Kellogg

“Nin pragas nin guerras nin similares produciron resultados tan desastrosos para a Humanidade como o pernicioso hábito do onanismo, causante do cancer de útero, enfermidades urinarias, impotencia, tolemia e debilidade mental e física”. – John Harvey Kellogg

{Fonte: Whale.to}

Deusa por palabras

{Fonte: Visto en Facebook}

A Liga Antisexo de Baiona

Segundo informa o xornal dixital Valminor.info, haberá multas de até 3.000€ para quen practiquen sexo ou realicen obscenidades nos espazos públicos de Baiona. Todo vén a raíz dunha solicitude da Asociación de Veciños do Casco Histórico de Baiona, escusa para que o alcalde Jesús Vázquez Almuíña, do PP e con maioría absoluta, vaia aprobar no vindeiro pleno municipal unha modificación da Ordenanza municipal de Convivencia Cidadá.

Máis información aquí.

Pirolímetro

Hai meses que non traemos un mapa serio a este blog (categorizados como tales, temos 13, por certo), pero por fin hai algo de interese que nos vai permitir acabar con este período de seca: o mapa dos penes do mundo segundo o seu tamaño.

Para agrandar a imaxe, premede nela; para aqueles que queirades entrar en detalle, visitade TargetMap

Viva o Congo!

Penetolemia

O documental Locos por el pene é un dos moitos contidos interesantes que calquera pode rememorar acudindo ao arquivo en liña de RTVE.

Existe algo así como un pene perfecto? A saber.

Apuntamentos (XXIX)

“As mulleres non poden oficiar misa de igual xeito que eu tampoco non podo dar a luz” – Jaume Pujol, arcebispo de Tarragona.

Co pene no lombo

Un bebé de sexo masculino nado na rexión de Hejian, na China central, chegou ao mundo con dous penes: un no seu lugar correspondente e outro nas costas. O pai da criatura, Li Jun, de 30 anos, acudiu rapidamente ao Hospital Infantil de Tianjin, onde a inusual protuberancia lle foi extirpada. Aínda que é o primeiro caso que atendía o centro hospitalario, o certo é que a afección ten nome: fetus in fetu, o que vén ser un xemelgo parásito con vocación siamesa.

{Fonte: El País}

A violencia de xénero en denuncias

Cada día hai no Estado unha media de 385 denuncias por violencia de xénero; de xullo a setembro do pasado ano presentáronse un total de 35.422 denuncias, segundo informa o Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, dependente do Consello Xeral do Poder Xudicial.

{Fonte: Público}

O machismo mata (I)

{Fonte: @costacancio}