Utilidade do condón para combater a SIDA.
Hai factores sociais e culturais que inflúen no modo de expresarmos a sexualidade. Esta depende de como cada sociedade regula as normas de comportamento a través das leis, da moral ou da relixión. As relacións sexuais son e foron un tema controvertido ao longo da historia de todas as civilizacións, especialmente nas culturas xudea e cristiá. As relixións influíron dunha forma importante no concepto da sexualidade. Actividades sexuais como o adulterio, a homosexualidade, o sexo grupal e as relacións prematrimoniais poden ser rexeitados ou aceptados por determinados grupos sociais, aínda que son prácticas non sancionadas en gran parte de Occidente e noutros lugares, mentres que existe unha tendencia punitiva en sociedades teocráticas ou fundamentalistas.
Pois iso, que algúns e algunhas teñen que mirar con outros ollos.
{Fonte: Galipedia}
Na Roma dos centurións, os membros da garda do César levaban aros nas mamilas como mostra da súa virilidade e coraxe así como un accesorio das súas vestimentas que lles permitían pendurar as curtas capas que usaban. Esta práctica tamén foi bastante común tamén entre as mozas da alta sociedade da época vitoriana. No caso delas, facíano para realzar o diámetro das súas mamilas.
{Fonte: Datosychicas}
Unha de mitos e lendas:
O prepucio sagrado é unha das máis prezadas reliquias católicas relacionadas coa figura de Xesuscristo. Trátase, como o propio nome indica, do prepucio atribuído á figura de Cristo, que tería sido retirado do seu corpo durante a circuncisión, ritual ao que o pobo xudeu somete os seus rapaces. En diversas ocasións ao longo da historia, varias igrexas ou catedrais reclamaron a súa posesión, algunhas de maneira coetánea. Hai varios milagres atribuídos a esta reliquia.

{Fonte: Galipedia}
A pintura coñecida como A randeeira converteuse no símbolo de toda unha época, o Rococó, polo seu refinamento e sensualidade.
![]()
A obra representa unha escena galante nun ambiente idílico. Unha moza balancéase na randeeira que empurra un home maior (seguramente o seu home) mentres que abaixo, á esquerda, aparece un mozo que mira debaixo da súa saia. O marido queda relegado á sombra, mentres que o mozo (amante da muller) loce en primeiro plano, entre vexetación e flores.
O adulterio, un pecado duramente criticado nas clases proletarias, era aceptado como algo natural nas clases altas. Na aristocracia do século XVIII eran moi comúns as vodas por interese, concertadas para aliar sagas familiares e concentrar poder e riqueza. As parellas nobres asumían o obxectivo só material dos seus matrimonios, e tras aseguraren a descendencia, moitas adoitaban vivir a súa sexualidade por separado.
O mozo atópase tombado aos pés dunha escultura de Cupido. A dira figura agocha unha pista: pide silencio cun dedo nos seus beizos, o que alude a un segredo. O amante mostra unha expresión de arrebato, coma se recibise unha revelación, de carácter neste caso puramente terreal. A rapariga correspóndelle fitándoo. Captouse o momento do máximo abalo da randeeira, pois un instante despois este volverá cara a atrás, cara ao home de maior idade, representando así «un segundo de arrebatamiento erótico, tan voluptuoso e fráxil coma o Rococó mesmo».
{Fonte: Galipedia}
Un estudo realizado en Estados Unidos por Yahoo! sinala que un 38% das mulleres daquel país non son infieis a causa do temor a ser descubertas. Esta conclusión non ten en principio maior interese, mais a que ten que ver cos ximnasios si, ou algo máis si: quen pensan que o ximnasio é un bo lugar no que coñecer a futura parella ou amante, deben ter en conta que o 13% dos enquisados neste mesmo estudo afirman que lles molesta que tenten ligar con eles ou elas neste espazo dedicado a exercitar os músculos e que moitas veces é confundido cunha discoteca.

{Fonte: YoDona}
O membro mutilado da araña macho Nephilengys malabarensis segue a funcionar dentro da femia mentres este, o macho, marcha. Isto recorda ao asunto de Mike, o pito sen cabeza. Seica os xenitais non cesan o seu labor despois de que o seu dono os arrinque do corpo. Así o afirma un equipo de investigadores que estudou os encontros íntimos de 25 parellas de malabarensis á busca de novas tácticas evolutivas para garantir a supervivencia. O novo truco chámase copulación a distancia.

A raíña Ana de Gran Bretaña e Irlanda tivo 13 abortos e 4 xestacións que resultaron en outros tantos fillos, mais 3 destes morreron antes de cumprir os 2 anos de idade; o único fillo que sobreviviu foi William, duque de Gloucester, quen non obstante morreu aos once anos. Crese que as súas dificultades cos embarazos puideron ser debidas a un caso de lupus non diagnosticado.
![]()
{Fonte: Datosychicas}
Este é o vídeo realizado pola revista Mirales para promover que coñecidas mulleres lesbianas da política, os deportes ou os negocios dean un paso adiante e fagan publica a súa orientación sexual. Faltan referentes e visibilización.





