Marzo « 2012 « O divino ferrete

Rocco e PussyKat contra o porno infantil

Imaxe da campaña con Rocco Siffredi e PussyKat, estrelas do porno.

{Fonte: El País}

Amor entre mistos

Amor entre mistos con Mahler de fondo, todo un coup de foudre!

Folga xeral

Hoxe non escribimos.

Modelo ou ditador?

“Co ben feitiño que é, ese non che é capaz nin de matar unha mosca.”

Pois non, ou non necesariamente.
Véxase senón Stalin cando mozo.
E logo non ten a traza toda dos hipsters/gafapasta?

Hipertrofia na arte

Nunha entrada recente comentabamos o caso de Ellie Jaycock, que padece macromastia xuvenil. Ben, ao fío traemos esta pintura na que aparece retratada Lu-Shi, de 42 anos, pouco antes de lle ser extirpado o peito (a extirpación de cada mama está documentado que levou tres minutos e medio aproximadamente). O autor do lenzo é o chinés Lam Qua, que o asinou o 17 de abril de 1848.

Daldry, gai con muller e fillos

“Son totalmente gai, pero practico o sexo cunha muller e crio os meus pícaros nun modelo de familia tradicional“. Así se define Stephen Daldry, cineasta responsable de filmes como Billy Elliot, The Hours ou The Reader.

{Fonte: Askmen}

Criminalización do éuscaro II

Logo de publicarmos a entrada -amplamente difundida (grazas!)- titulada “O éuscaro, unha lingua violenta“, chega hoxe esta segunda parte en forma de simple apuntamento, porque é tan pouco sutil e tan bochornoso que nin de análise precisa. Pois iso, máis sobre a criminalización das linguas; e, para o caso, máis sobre a criminalización do éuscaro.

“El vascuence sólo lo entienden separatistas, filoetarras y nacionalistas”Isabel San Sebastián, animadora cultural.

{Fonte: El Economista}

Robaliza a dúas bandas

Científicos do CSIC atoparon o mecanismo polo que as robalizas femia se converten en machos ao aumentar a temperatura. O efecto estaría relacionado co silenciamiento dunha encima responsable da formación dos órganos femininos. Os investigadores someteron dous grupos de larvas de robalizas a diferentes temperaturas durante as primeiras semanas de vida, e comprobaron que nalgúns casos as femias se convertían en machos.

O aumento de temperatura  inhibía a formación de aromatasa, unha encima que converte os andróxenos en estróxenos, fundamentais no desenvolvemento dos ovarios nos peixes. Se o peixe é sometido a un incremento de temperatura antes da formación dos órganos reprodutores, ten maior probabilidade de crecer como un individuo macho malia que no seu código xenético se indique o contrario.

{Fonte: Datosychicas}

Peitos non-stop

Existe unha rara enfermidade coñecida como xigantomastia, macromastia xuvenil ou simplemente hipertrofia mamaria. Elli Jaycock padécea, e non é ningún chiste.

Con 16 anos, esta é Jaycock, que deberá agardar até os 21 para ser operada, e que entrementres trata as dores de costas e outras serias molestias a base de medicación.

{Fonte: Noticias de Navarra}

Seme, un mundo de sabores

Alimentos recomendados: ameixas, mango, ananas, pexego, laranxa, limón, lima, pirixel, menta verde, té verde… Cómpre salientar que:

*O Tomate: seica aumenta a produción de seme e faino máis líquido. Funciona
*Os amorodos: afirman que dá mellor sabor e textura. Garantido.

Alimentos a evitar: espárragos, polo, allo, cebola, produtos lácteos, carne vermella, brócoli, coliflor, alimentos graxos, especias, café, chocolate… Cómpre salientar que:

* Os espárragos brancos: tanto ao ouriñar como ao exacular desprende un cheiro insoportable.

{Fonte: El sabor del semen de la dieta}