Abril « 2012 « O divino ferrete

Intuición vs análise

As crenzas relixiosas dunha persoa debilítanse despois de resolver un problema analítico, segundo revelou un estudo publicado na revista Science. “Por outros estudos sabemos que as crenzas relixiosas se constrúen sobre pensamentos de tipo intuitivo”, explica Will Gervais, da Universidade de British Columbia de Vancouver (Canadá), co-autor do estudo.

{Fonte: MuyInteresante}

Dos actos impúdicos

No estudo de Judith Brown Immodest Acts (Actos impúdicos, 1986), sobre a vida de Benedetta Carlini (1590), coñecida como a monxa lesbiana, recolle reflexións de por que se silenciaba o lesbianismo. A intención era descualificalo como asunto serio:

“Moitas leis civís contra relacións entre o mesmo sexo, incluíndo a lei inglesa de 1533 que castigaba a sodomía coa morte, non facían mención específica ás mulleres. En cambio eran moi explícitos cos actos cometidos polos homes e as penalidades que se lles debían impor. Dado o coñecemento que os europeos tiveron sobre a existencia da sexualidade lesbiana, a súa neglixencia con respecto a este tema en dereito, teoloxía e literatura indica que non quixeron darlle crédito. Para moitos homes do seu tempo, a atracción mutua das mulleres non era asunto serio”.

Fragmento de ‘Tortilleiras’, ‘bolleiras’, ‘marimachos’, texto de Marga Tojo para Praza Pública.

Tratamento mamario tailandés

Khemmikka Na Songkhla, directora dunha clínica tailandesa, garante que os peitos aumentan até dúas tallas dependendo da fisonomía da paciente a través dun tratamento que require dun mínimo de catro sesións e que combina beliscos, masaxes, lapotes e labazadas, estas últimas cando se quere corrixir algunha imperfección facial. Os resultados, asegura a encargada, duran entre un e tres anos e non teñen ningunha contraindicación, agás pola dor dos golpes propiciadas durante o tratamento.

{Fonte:BBC Mundo}

A xanela da confusión

Peitos asimétricos

Non hai muller que teña os seos completamente iguais de maneira natural. Enténdese por asimetría a diferenza no feitío, tamaño e proporción non só do peito, senón tamén das mamilas. Os especialistas estiman que o 80% das mulleres presenta unha lixeira ou imperceptible irregularidade e o 50% ten o peito esquerdo maior ca o dereito. Con todo, o 20% presenta unha diferenza entre ambos os peitos realmente notoria.

Dende Alfa Centauri por amor

{Fonte: FinoFilipino}

Coruña española y olé

(…) Se xa é unha mágoa que o PPdeG renuncie á lingua galega, o que resulta inconcibible é que iso suceda tamén coa propia Xunta. Neste caso vemos ben claro como ultrapasando toda norma, desprezando mesmamente a Lei de Normalización Lingüística, a Consellería de Cultura e Educación, desoficializa na práctica o topónimo ‘A Coruña’ ao tempo que nos dá mostras do papanatismo instalado nas altas esferas do goberno galego. Quen debería dar exemplo de respecto e coidado especiais pola lingua galega ofrécenos desleixo, menosprezo e auto-odio.

{Fonte: Carta Xeométrica}

Espidos no Metropolitan

O Metropolitan de Nova York inaugurou a exposición ‘Naked before the Camera‘, un percorrido moi suxestivo.

Galizionario, sabedoría ferreteira

{Fonte: Galizionario}

Apuntamentos (XXXII)

“Cando alguén decide modificar unha parte do seu corpo, é porque non está a gusto con ela. O meu puido resolverse con axuda psicolóxica, pero optei polo bisturí. Hoxe, a simple idea dunha inxección faime tremer. Pero non xulgo a quen acoden ao cirurxián.” – Emmanuelle Béart, actriz francesa.