Xuño « 2012 « O divino ferrete

Modas estrañas e delituosas

Un home nos Estados Unidos foi condenado a pasar tres días no cárcere pola súa inapropiada vestimenta; Durrell Brooks foi condenado por levar os pantalóns demasiados baixos. Foi acusado de desacato ao tribunal e será condenado a pasar tres días de cárcere xa que, segundo o xuíz Mark Mihok, os seus pantalóns estaban demasiados baixos e mostraba a súa roupa interior. Durrell acudira ao xuízo para acompañar a unha amiga, quen se atopaba nunha citación por unha multa en Lorain, Ohio. Ao ser chamado a declarar, o xuíz non viu con bos ollos a súa vestimenta e decidiu polo baixo arresto. O xuíz Mihok afirma que con Brooks é xa a terceira persoa no último mes en ser detido por violar o código de vestimenta da sala de audiencias. Está seguro que as súas esixencias son razoables, pois “é unha falta de respecto ir ensinando a roupa interior” dixo Mihok. “Xa son persoas adultas quen entran en estea tribunal, polo que xa deben saber como se debe vestir en certos lugares. Só esixo que teñan os pantalóns debidamente postos, non creo que puxese o listón demasiado alto. Espero que esta moda remate pronto”, finalizou.

{Fonte: Noticiasinsólitas}

Danny James non-stop

Un mozo británico de 27 anos tivo que deixar a súa vila natal logode deitarse cunha parte importante das mulleres do lugar. Danny James, un tatuador de Lytham St Anne, revelou que gastaba centos de dólares por mes en festas e levando mulleres a hoteis. James, quen ao parecer sofre de adicción ao sexo, deitouse con máis de 500 mulleres da súa vila, e por iso quedou sen opcións dentro da súa localidade e mudouse.

“Cando non quedaban máis mulleres coas que ir á cama, gastei unha fortuna en taxis para saír aos arredores” contou ao diario inglés The Sun.

O seu comportamento, ademais, levouno á bancarrota e á depresión. Pero puido superar os seus problemas. Agora instalouse en Liverpool onde reiniciou o seu negocio, e mantén unha relación estable, sen ter que gastar fortunas nin esconderse das súas veciñas.

{Fonte: Datosychicas}

Espermacete

O espermacete  -do grego sperma, semente, e do latín cetus, balea- é unha cera que se coñece tamén como esperma de balea, segundo a denominación en inglés sperm whale; está presente nas cavidades do cranio do cachalote (Physeter macrocephalus) e nas graxas vascularizadas de todas as baleas. Usouse principalmente na industria cosmética, traballos con coiro e como lubricante.

Apuntamentos (XXXIV)

Mario Vaquerizo converteuse na estrela do Orgullo Gai da Coruña, organizado polo PP, ou así o pregoa triunfalmente La Voz de Galicia. Non é casual a promoción, apoio e protagonismo que o PP lle dá ao home de Alaska, pois Vaquerizo representa á perfección o tipo de gai que o PP queren impor: reprimido, casado cunha muller, submiso, divertido bufón e cómplice da homófoba Igrexa. – Shangay Lily

{Fonte: Público}

Barbarie xudicial

Un xulgado de Vigo ameaza con non admitir unha demanda en galego se non se presenta cunha tradución xurada ao castelán.

Tan pronto como teñamos datos máis concretos, porémolos aquí. En todo caso, dicir que se isto é certo, o normal sería que esta xuíza quede inhabilitada, porque unha ameaza deste tipo xa non só é que sexa medieval e desorbitada, é que é racista e intolerable, mírese por onde se mire.

* Actualización: é tanto que era a verdade. Isto xa anda rulando pola rede:

{Fonte: A Mesa}

Cogomelo chinés?

O programa chinés de xornalismo de investigación Xi’an Up Close confunde un xoguete sexual cun cogomelo. Unha metedura de pata en toda regra.

{Fonte: Kotaku}

Tennessee log jammer

{Grazas pola información, Gallaecio}

De libro a libro

O triste caso de Pilar Varela

Nunca en mi vida odie tanto una lengua. Odio el gallego!! Puaajj

A pregunta é: representa un sector da sociedade ou soamente a si mesma?

* Actualización: @pilarvarela95 cancelou a súa conta de Twitter.

O caso Fashanu

Justin Fashanu, nado en febreiro de 1961, foi un xogador inglés de fútbol que xogou para unha serie de clubs entre 1978 e 1997. A súa transferencia ao Nottingham Forest converteuno no primeiro xogador negro que custou un millón de libras. En 1990 Fashanu foi tratado con hostilidade tras converterse no primeiro futbolista de certa fama que se identificou publicamente como homosexual. En 1998 foi interrogado pola policía dos Estados Unidos de América cando un mozo de 17 anos o acusou de agresión sexual. A policía abandonou o caso por falta de probas, mais Fashanu suicidouse o 2 de maio dese mesmo ano, aforcado nun garaxe, en protesta porque segundo el «xa fora considerado culpable».