
{Fonte: FinoFilipino}

{Fonte: FinoFilipino}

A famosa pastilla azul da Viagra curiosamente ten un efecto vitalizador nas plantas que foron xa cortadas e permanecen na auga como parte da decoración dun lugar. Só un miligramo de Viagra pode engadir unha semana máis de vida a unha flor. A explicación é que “contén óxido de nitróxeno, que retarda o proceso de descomposición nas plantas, o mesmo químico que relaxa os músculos no pene dun home, permitindo que o sangue flúa”, di David Domoney, un británico expero en xardinaría.
{Fonte: Ukmedix}
Oxalá o C. D. Lugo atenda esta petición de galeguización, aínda que só sexa para calar a boca dos trolls vilingües. Que noxo dan, contra; ollo ás parvadas que solta parte do persoal a partir do comentario #2.
No Reino Unido triunfa unha web de citas para afeccionados aos videoxogos. ‘Date a gamer‘ está pensada como unha rede social para os amantes do lecer electrónico, pois nela poden atopar a media laranxa ou, por así dicilo, o seu medio ‘control pad’. O caso é que xa conta con máis de 150.000 usuarios rexistrados des que foi lanzada o pasado mes de febreiro.

Aplaudimos a creación da Irmandade Galega de Adegueiros o pasado 4 de xullo en Ribadavia, que promove a normalización lingüística na etiquetaxe das botellas de viño do país e outros sectores agroalimentarios, tal que o cárnico. «No caso dos viños queremos que, ademais da etiquetaxe, a literatura da botella sexa enteiramente en galego. De momento uníronse 197 marcas e 400 empresas, o cal supón o 40 % do total. E esperemos que aumente ao 50 %, xa que se trata dun sector moi receptivo», explica José González, presidente do Foro Peinador.

{Fonte: FinoFilipino}
Axentes de seguridade do aeroporto de San Francisco retiveron un viaxeiro por levar un vulto sospeitoso entre as pernas. Os vixiantes decatáronse dun vulto de considerable tamaño e detivérono cando ía tomar un voo, tras pasar polo arco de seguridade. Pero non era ningunha arma nin ningún artefacto, senón o seu pene. Jonah Falcon, o home co pene máis grande do mundo, que mide 24 centímetros en repouso e máis de 34 erecto, viviu este transo coa policía sen maiores contratempos.
A altocalcifilia é un tipo de fetichismo no que se obtén pracer ao observar ou levar posto zapatos de tacón alto. A altocalcifilia forma parte dos fetichismos asociados a pezas de vestir, en particular ao fetichismo de calzado coñecido tamén como retifismo. A interpretación psicanalítica da altocalcifilia ve nela unha asociación entre o obxecto que é familiar ao neno mentres agatuña (o zapato feminino) e as mostras de afecto infantil recibidas por el. Existe rexistro do caso dun chimpancé macho criado en cativerio que se masturbaba fretándose contra a bota do seu vixilante.
![]()
{Fonte: Wikipedia}