2.0 editora « O divino ferrete

ODF en Criticalia

Fragmento da crítica feita por Armando Requeixo.

Non hei ser eu quen trate de (des)convencer a ninguén sobre o (in)verosímil do festivo sexual de Lorena e Gloria, dama de honor e noiva que, nos días previos ao casamento desta última, deciden trebellar intensamente con todo canto apañan nos momentos e lugares máis insospeitados. Nin tampouco caerei na crítica fácil da falta de credibilidade dos diálogos ou da súa manifesta escaseza, pois, por riba de todo o anterior —sexa ou non—, préstame convidar a que se fisgue no volume, inzado de bo humor e desenfado, gaudium venéreo ao que, se consegue alegrar (no sentido que se queira), ben pouco máis pode pedírselle nestes tempos de crise, tan pouco excitantes.

{Fonte: Blog Criticalia}

Guión á venda

***

Produtos á venda!

Hai tenda! Temos o merchandising á venda. Tardou, pero aquí está. Grazas principalmente a Toupa e a 2.0 editora, contamos por fin con produtos exclusivos co selo oficial ODF.

Preme na imaxe para accederes ao noso espazo de venda


Seguiremos aceptando e agradecendo moitísimo as doazóns, pero é evidente que esta nova proposta de apoio ao financiamento resulta moito máis atractiva para todos, amais por suposto de que contribúe a seguir normalizando o galego no mundo do porno, en tanto que o pasa da rede á rúa.

Os produtos que poñemos á venda son de garantía, e os beneficios derivados destes produtos irán destinados integramente ao desenvolvemento do filme.