anestesia « O divino ferrete

O aguante das persoas rubias

Aínda non se sabe moi ben por que, pero resulta que as persoas rubias precisan dun 20 por cento máis de anestesia ca o resto de xente para que a substancia lles faga efecto cando están riba dunha mesa de operacións. Nun principio, os anestesistas simplemente coñecían o dato en base ás súas experiencias, mais unha serie de experimentos «lixeiramente crueis, polo ben da ciencia» confirmou o feito, medindo a dor que sentían ao recibiren descargas eléctricas mentres se lles fornecía gas anestesiante. Crese que isto pode ter que ver con algún factor de tipo xenético común a todas as persoas rubias, que ademais de proporcionarlles a súa natural palidez e cor de pelo arroxado, fai delas uns seres especialmente sensibles á dor.

{Fonte: Microsiervos}

Arrampla con todo

Un universitario peruano mutilou o seu pene e testículos (previa compra de anestesia local, unha folla de bisturí e auga oxigenada nunha farmacia) no seu cuarto da urbanización Las Quintanas, en Trujillo (Rexión La Libertad). Segundo o mozo, de tan só 20 anos, ‘estorbáballe. A seguir foi atendido no Hospital rexional, onde non puideron reimplantarlle os seus órganos.

{Fonte: Peru21}