Entre o Partido Popular e Al Jazeera
Un bico homosexual para amenizar o ‘Tú sí que vales‘ dos simpatizantes populares. E Al Jazeera, entrementres, emitíndoo todo en aberto, tamén a marexada de bandeiras dos populares.
Máis datos para a reflexión:
Un bico homosexual para amenizar o ‘Tú sí que vales‘ dos simpatizantes populares. E Al Jazeera, entrementres, emitíndoo todo en aberto, tamén a marexada de bandeiras dos populares.
Máis datos para a reflexión:
A revista Charlie Hebdo volve causar conmoción (polo mero feito de exercer e defender a liberdade de expresión) despois de que as súas oficinas fosen queimadas por publicar unha caricatura de Mahoma. Desta vez o publicado foi unha ilustración co bico homosexual entre un musulmán e un debuxante.

Eu tiña un profesor cando era cativo. Chamábase don Ramón. Era un deses mestres que sabían saltar dun tema a outro, falando de historia, de matemáticas, de lingua e de xeografía nun só discurso con aparencia de conto que eu escoitaba aparvado. Moitos días atopábao camiño da escola, saudabámonos cun “bos días” e púñame a man riba do ombreiro mentres proseguiamos o camiño, preguntándome polas miñas cousas e contándome historias de cando el tiña a miña idade e enredaba na escola tanto ou máis ca min.
Esa man enriba do ombreiro era agarimosa, transmitía un aquel de proximidade que contrastaba co trato formal que nos daba a todos os seus pupilos: dende os seis anos tratábanos a todos de vostede e polo apelido. Pero eu normalmente non experimentaba contacto físico con ninguén, de modo que para min aquela man era a canle pola que don Ramón me facía chegar unha caloriña que chegaba ao meu corazón sen deterse na pel.
Moitos anos despois -eu barbeábame xa- coñecín outro mestre, un mestre dos que gozan ensinando e teñen moito que ensinar. Tiña como hábito aproximarse moito para falarme, tanto que eu percibía a súa respiración e mesmo algunhas diminutas gotas de cuspe que saían da súa hipnótica boca. Hipnótica para min érao, sobre todo porque sempre saía dela unha palabra de ánimo, outra de comprensión, outra de alento e outra de orgullo. As conversas con el eran infinitas e cálidas, e sempre tiña unha man riba da man miña, ou riba da miña perna, ou no meu ombreiro (de novo o ombreiro) ou na miña caluga.
Hai longo tempo lin que moitas mulleres acceden a deitarse co seu compañeiro só para poderen sentir a súa proximidade física, o seu abrazo, o seu cheiro, a súa suor. Hai culturas nas que o beixo non é unha práctica habitual pero teñen outro tipo de xestos relacionados coa percepción de sinais olfactivos. Eu podo entendelo: finalmente, a máis vívida lembranza que eu gardo destes dous mestres meus é o seu cheiriño a home e o peso daquelas mans riba do meu ombreiro.
Hai anos coñecín un cativiño de dous anos, fermoso e espelido coma un allo. Chamábase Yeray. Un día, a modo de despedida e xa na porta da súa casa, arrexuntóuseme e deume un beixiño coa punta dos seus beizos sobre os beizos meus. Ese día tiven soños malditos.
Os beizos, como di o fado, son as ás dunha gaivota, lenes e fráxiles. Con eles percibimos o mundo ao nacermos, cando ese mundo se reduce ao peito da nai. Xa grandiños, os beizos conservan aínda esa capacidade para conectarnos coa nosa parte máis primitiva, que é a que se move sobre as emocións. Na dor engurramos os beizos, na alegría sorrimos con eles, no pranto trémenos, no amor procuran outros beizos cos que bailar.
Un bico é un baile a catro beizos que tivo como prólogo unha caricia dada co dorso da man, unha palabra doce, un ollar. Os beizos saben escoitar o que a boca non pode dicir.
A psicanálise suxire que os beizos, os beixos, nos retrotraen aos momentos pracenteiros nos que sentíamos a mamela materna dándonos parte da súa vida. Por iso os beixos son o fluxo do amor, pero tamén o estímulo da luxuria (dúas caras dunha mesma moeda: a busca daquilo que botamos a faltar en nós mesmos). Freud, tan listo como chegaba a ser ás veces, entendeu que o beixo é un acto sexual, pero na súa visión científica do mundo tivo que clasificar o beixo como acto perverso, ao non estar enfocado á reprodución. Non sería porque o bico é un fin en si mesmo, que non pretende outra cousa que atopar a porta de entrada da alma da persoa beixada?
Pero ollo, que tamén hai beixos mentiráns.
Yerai tiña dous anos, cabelo louro e crecho, ollos grises e uns sempiternos cueiros con debuxos de dinosauros. Ningunha palabra (quérote) podía transmitir o que ese beixiño me dixo. Esa noite o cativo que eu fun faloume mestres durmía.