{Fonte: El Tumblr de Vejiga}
Xa está dispoñible o cómic dun superheroe que loita contra a circuncisión. O protagonista é un norteamericano louro e musculoso que combate os ‘perversos xudeus’, nunha volta aos estereotipos antisemitas.
«Foreskin Man» (Home Prepucio) foi creado polo grupo estadounidense chamado Iniciativa contra a Mutilación Xenital Masculina. No libro, o heroe batalla contra o ‘Monstro Mohel’, un home con barba, chapeu negro e tesoiras. Na tradición xudía un ‘mohel’ é a persoa adestrada para realizar a circuncisión. A liga Anti-Difamatoria, organizada para combater o antisemitismo, vén de denunciar publicamente o cómic.




