conservadorismo « O divino ferrete

Tetiñas free

Un fito do naturismo galego.

Fala Mr. Kellogg

“Nin pragas nin guerras nin similares produciron resultados tan desastrosos para a Humanidade como o pernicioso hábito do onanismo, causante do cancer de útero, enfermidades urinarias, impotencia, tolemia e debilidade mental e física”. – John Harvey Kellogg

{Fonte: Whale.to}

Cameron e o matrimonio homosexual

Se apoio o matrimonio homosexual, non é a pesar de ser conservador senón porque son conservador. – David Cameron, primeiro ministro británico.

{Fonte: PinkNews}

Caladiña estás máis guapa

Hai auténticas xoias dentro da chamada música country estadounidense. Aí está o moito e moi bo feito por Johnny Cash, por suposto, pero tamén aí está Tammy Wynette, quen é hoxe lembrada principalmente pola súa canción ‘Stand by your man‘, unha marabilla, malia que a mensaxe que envía non podía ser peor, máis reaccionaria nin máis inxusta: Stand by your man, muller! é dicir, fica canda teu home, perdóalle todo, sempre e sen reproches, asume a súa natureza masculina e dominante, escolma o bo e mira para outro lado co malo, esquéceo e négao se cumprir, propón.

Sometimes it’s hard to be a woman / Giving all your love to just one man / You’ll have bad times / And he’ll have good times / Doing things that you don’t understand / But if you love him you’ll forgive him / Even though he’s hard to understand / And if you love him / Oh be proud of him / ‘Cause after all he’s just a man

A tradución podería ser como segue: Ás veces non é doado ser muller / pois tes que dar todo o teu amor a un único home / Pasarás momentos malos / e el pasará momentos bos / Facendo cousas que ti non es quen de comprender/ Mais se o amas, perdoaralo / Mesmo cando non é doado de comprender / E se o amas / daquela séntete orgullosa del / Porque á fin e ao cabo non é máis ca un home.

Esa América profunda!