«Hai que loitar pola propiedade intelectual e non dar ningunha tregua aos internautas, porque é como pactar cos terroristas» – Manuel Gutiérrez Aragón, guionista e director de cinema.
«A historia da Lei Sinde en 67 palabras: A industria do copyright moveu un dedo e foron enviadas cartas advertindo de accións legais. Cando as cartas foron ignoradas, a industria moveu un dedo e interpuxeron as accións xudiciais. Cando os xuíces resolveron en favor dos denunciados e demandados, a industria moveu un dedo e foron recorridas as resolucións. Cando volveron perder nos xulgados, a industria moveu un dedo e desapareceron os xuíces.» – David Bravo, avogado especializado en dereito informático.
Terroristas? Quen?



