
{Fonte:9gag}
A revista Charlie Hebdo volve causar conmoción (polo mero feito de exercer e defender a liberdade de expresión) despois de que as súas oficinas fosen queimadas por publicar unha caricatura de Mahoma. Desta vez o publicado foi unha ilustración co bico homosexual entre un musulmán e un debuxante.

Medicina, sadismo, porno, arte? A ilustración guieira de dona Lorena Bobbitt?
Unha vez explicado o concepto de guión gráfico, velaí vai a escena I.I d’O divino ferrete, coa protagonista Lorena Pernas Cienfuegos aterrando en Lavacolla. Os debuxos son obra do noso ilustrador, o monfortino Héctor Barros.
Ábrense as portas da sala de chegadas do aeroporto. Lorena entra turrando dunha maleta. Leva unha saia e unha camiseta.
Lorena párase no medio da terminal e fedella no móbil. Altera o bluetooth e renomea o seu móbil: «Acabada de chegar, necesito que me dean unha boa benvida».
Lorena recibe unha mensaxe: «Eu daríache a benvida que mereces». Mira ao seu redor. «Si, pero onde estás?», responde.
Lorena mira para un señor maior, case ancián, que a esculca con ollos larpeiros. Repara despois nunha señora que tamén mira para ela e que lle sorrí. «A ver se dás comigo», víbralle no móbil.
Lorena mira para dous mozos novos, de vinte anos, que se están bicando nunha columna e que ollan para ela como convidándoa a algo.
Lorena repara nun rapaz, que se achega mentres olla ora para ela, ora para o móbil. O rapaz sorrí e encamíñase cara ao baño.
Lorena vaille detrás. Entra o rapaz no baño de homes e Lorena vai tras del, pero dubida na porta.
Preme aquí para leres a escena I.I cos diálogos.
Un guión gráfico, designado decote co anglicismo storyboard, é o conxunto de ilustracións mostradas de maneira secuencial cuxo principal obxectivo é servir de guieiro dunha historia, para o caso a trama dun filme. Trátase dunha serie de viñetas que axudan a visualizar as escenas e atopar problemas potenciais antes de que estes ocorran. Canda os debuxos é habitual que veñan instrucións ou apuntamentos que indican ao equipo de traballo por onde debe tirar.
Por que vos contamos isto? Porque esta fin de semana trataremos de subir a primeira secuencia ilustrada, que vos permitirá ter unha idea de como enfocaremos a gravación.











