declaración « O divino ferrete

Orientación sexual e identidade de xénero

“Resulta extremadamente grave que o Vaticano, e xa que logo a Igrexa católica enteira, mova os seus fíos na procura de que a proposta [a iniciativa francesa que deu lugar á Declaración sobre a orientación sexual e a identidade de xénero da ONU] non sexa aprobada, o cal sería un verdadeiro acto de condea a morte contra os millóns de gais e lesbianas que teñen a mala sorte de viviren en países sanguinarios” – Aurelio Mancuso, presidente da asociación italiana Arcigay.

O seguinte é un mapa dos estados membros das Nacións Unidas segundo a súa adhesión ou non á Declaración referida por Mancuso.

* En AZUL os países asinantes da declación.
* En MARRÓN os países asinantes dunha declaración contraria a esta.
* En GRIS os países que non asinaron ningunha das dúas declaracións.