El País « O divino ferrete

A homosexualidade como delito

A homosexualidade é un delito en 80 países do mundo. Nalgúns, como en Irán, Iemen ou Arabia Saudita, onde se aplica a sharia, ese delito págase coa morte. Uganda, un dos países máis profundamente cristiáns de África, tamén decidiu modificar o seu código penal para condenar á morte os homosexuais. O proxecto de lei, actualmente en discusión no Parlamento de Kampala, contempla a execución para a chamada homosexualidade agravada ou reincidente, e a cadea perpetua para todo aquel sorprendido tendo relacións sexuais con alguén do mesmo sexo.

{Fonte: Caza al homosexual, no diario El País.}

Os mozos das flores

O termo “Mozo das flores” foi utilizado polo antropólogo Erin Malvert o 22 de novembro de 2003 durante un relatorio no congreso internacional de Antropoloxía na cidade de Atenas para se referir ao fenómeno cultural espontáneo e non sistémico que consiste en lle asignar a un neno home o rol de “Dama de honra” ou “Flower Girl” (Rito cristián protestante) cando non existe unha nena na familia da noiva que poida asumir este mester durante unha cerimonia de matrimonio.

E unha vez explicada a orixe do termo, En Corea do Sur hai un tipo de home que recibe esa mesma denominación. Trátase de homes heterosexuais aos que lles encanta pasar horas diante do espello.

{Fonte: Wikipedia en castelán e El País}

Moda e mulleres

As mulleres reinaron sobre o fío e a agulla desde o principio dos tempos. Pero fixérono na sombra, agochadas por pais e maridos no interior doméstico. Da Penélope de Ulises, que tece polo día e destece á noite, á lorquiana doña Rosita la Soltera, que borda na súa casa o seu van enxoval. O paradoxo é que o oficio como tal non o puideron exercer as mulleres até ben entrado o século XVII. «Na Idade Media os xastres, organizados en gremios, cosían tanto para homes como para mulleres, pero era unha profesión que legalmente só podían practicar eles», explica Amalia Descalzo, experta en Indumentaria barroca e profesora da Universidade de Alcalá de Henares. «Foron as francesas as que lograron que Luís XIV recoñecese en 1675 a existencia xurídica da comunidade de mestras costureras», conta Descalzo.

{Extracto traducido da reportaxe Las modistas de toda la vida, de Laura Requejo e María Victoria Aroca, publicada no diario El País o 16 de setembro de 2012}

Co pene no lombo

Un bebé de sexo masculino nado na rexión de Hejian, na China central, chegou ao mundo con dous penes: un no seu lugar correspondente e outro nas costas. O pai da criatura, Li Jun, de 30 anos, acudiu rapidamente ao Hospital Infantil de Tianjin, onde a inusual protuberancia lle foi extirpada. Aínda que é o primeiro caso que atendía o centro hospitalario, o certo é que a afección ten nome: fetus in fetu, o que vén ser un xemelgo parásito con vocación siamesa.

{Fonte: El País}

Apuntamentos (XX)

“As mulleres endexamais deberiamos entrar en política; non somos aptas para iso. Considérome unha esposa tradicional, a diferenza das violentas mulleres liberais que están en política.” – Jackie Kennedy.

{Fonte: Las confesiones de Jackie Kennedy, en El País}

Mutilación dos peitos en Camerún

Extracto traducido dun artigo de Charo Nogueira en El País.

Pedras quentes por riba dos seos que comezan a apuntar. Ás veces paus de mallar o cereal, ás veces outros obxectos planos, mais sempre ardendo. É o aplanado a ferro dos peitos que sofre unha de cada catro nenas en Camerún. As nais ou outras mulleres da familia son as encargadas de practicalo coa crenza de que atrasa o crecemento do peito das súas fillas e, por tanto, tamén as afasta das relacións sexuais, consentidas ou non, as protexe das miradas libidinosas dos homes e evita talvez embarazos non desexados.

Ler a reportaxe completa.

Evidentemente homófobo

Extracto dunha recomendable entrada no blog de Fran P. Lorenzo.

Na rede aínda circula aquela xa famosa entrevista de Xavier R. Blanco a Núñez Feijóo, publicada en agosto de 2007 en El País, na que o entón candidato á presidencia da Xunta, o hoxe casado con Galicia, retratou, en só dúas palabras -Evidentemente, no-, a súa patética condición de homófobo:

P-¿Sabe que se dice que es homosexual?
R.- Sí, sé que hay gente que dice que soy homosexual.
P. ¿Lo es?
R. Evidentemente, no; aunque no tengo nada en contra de mis amigos homosexuales.

Sobre as políticas islandesas de igualdade

Tirado da entrevista a Jóhanna Sigurdardóttir no diario El País.

(…) Desde 2009, Islandia ocupa o primeiro posto no clasificación de igualdade de xénero que publica o Foro Económico Mundial. Como é posible que as mulleres gañasen poder xustamente por mor da crise? “Nos anos que precederon ao crash, o sector financeiro excedera todos os límites, correndo inmensos riscos, acumulando débeda… Era unha cultura de homes novos que viraba ao redor da exaltación das nocións máis estereotipadas de masculinidade”. Si, afirma rotundamente, “podemos falar dun crash dos valores masculinos”.

A primeira ministra destaca que a igualdade é causa, á vez que efecto, da prosperidade do seu país. “Defendendo os servizos públicos, non soamente protexemos os empregos das mulleres neste sector tan feminizado, senón que contrarrestamos o impacto negativo da crise sobre o benestar da cidadanía”.

Mais non hai lugar para a autocompracencia. “O déficit de mulleres en postos de dirección empresarial e a fenda salarial de xénero son os nosos maiores problemas”, di Sigurdardóttir. “O ano pasado, o Parlamento aprobou unha lei de cotas nos consellos de dirección de empresas privadas e públicas que entrará en vigor en 2013″. “Un dos obxectivos do noso sistema de permisos parentales é aumentar a participación dos homes nas responsabilidades familiares. Non debemos subestimar a importancia deste tema”, prosegue. O sistema de permisos parentales islandés é o máis avanzado do mundo: concede tres meses intransferibles a cada proxenitor (dun total de nove) e os pais toman a súa parte masivamente.

Non está aínda desequilibrada a balanza? “Abofé que pode mellorar. A nosa meta é coordinar o sistema de permisos parentales co de educación infantil, outro factor chave para o alto nivel de igualdade de xénero en Islandia”. “Cando estendamos o permiso parental até os 12 meses e as criaturas sexan admitidas nas escolas de educación infantil a esa idade, veremos unha distribución máis igualitaria do tempo dedicado por homes e mulleres. Pero tamén temos que considerar se os permisos deben ser de seis meses intransferibles para cada un”. Este asunto, reflexiona, “require máis debate”.