entrevista « O divino ferrete

Entrevista con Christopher Ryan

Esta entrevista de apenas 13 minutos dá moito de si, mesmo cando as preguntas dos entrevistadores son bastante simplonas. Pero si, o señor Ryan, psicólogo e coautor canda Cacilda Jethá de Sex at Dawn: The Prehistoric Origins of Modern Sexuality, exprésase fabulosamente e deixa unhas afirmacións dignas de reflexión.

A roupa nunha porno

Extracto da entrevista a Gonzalo Vázquez en Disquecool.

P.- Estás traballando no vestiario da primeira película porno en lingua galega, ‘O divino ferrete’, e eu pregúntome se hai moita roupa nunha película porno.

R.- Pois si, hai roupa. En todas as pelis porno hai roupa.

P.- … que se quita…

R.- Claro. Cando se ten consciencia do corpo realmente ten moito sentido a roupa. Agora tamén, porque non sexa normal facer cousas de calidade para ambientar películas porno, non ten porque selo sempre. Despois é un proxecto no que creo, co seu carácter normalizador, por amor á lingua.

Zaira Rodríguez, un despropósito

Zaira Rodríguez, deputada provincial e concelleira do Partido Popular en Cee, é outro insulto á lingua galega e a todos nós como seres racionais, outra vítima dos seus complexos e outro ariete exterminador que chanta sen ningunha vergoña o Partido Popular de Galicia contra o sentidiño e a dignidade dun país enteiro.

La Voz de Galicia -Entre sus áreas de trabajo, usted es la responsable de normalización lingüística. Puede parecer algo chocante en una persona que no habla gallego.

Zaira Rodríguez -Lo entiendo perfectamente y lo hablo a veces. En mi casa lo hablan, pero creo que cada uno es libre de elegir la lengua en la que se siente más cómodo.

{Fonte: Entrevista en La Voz de Galicia}

Xente como Rodríguez destrozan este país.

* Moitas grazas a Xabier P. DoCampo por lle dar resposta a esta señora e pedir o mínimo: que sexa cesada de maneira fulminante.
* E a ProLingua, que segue aí.

Apuntamentos (XX)

“As mulleres endexamais deberiamos entrar en política; non somos aptas para iso. Considérome unha esposa tradicional, a diferenza das violentas mulleres liberais que están en política.” – Jackie Kennedy.

{Fonte: Las confesiones de Jackie Kennedy, en El País}

Evidentemente homófobo

Extracto dunha recomendable entrada no blog de Fran P. Lorenzo.

Na rede aínda circula aquela xa famosa entrevista de Xavier R. Blanco a Núñez Feijóo, publicada en agosto de 2007 en El País, na que o entón candidato á presidencia da Xunta, o hoxe casado con Galicia, retratou, en só dúas palabras -Evidentemente, no-, a súa patética condición de homófobo:

P-¿Sabe que se dice que es homosexual?
R.- Sí, sé que hay gente que dice que soy homosexual.
P. ¿Lo es?
R. Evidentemente, no; aunque no tengo nada en contra de mis amigos homosexuales.

Sobre as políticas islandesas de igualdade

Tirado da entrevista a Jóhanna Sigurdardóttir no diario El País.

(…) Desde 2009, Islandia ocupa o primeiro posto no clasificación de igualdade de xénero que publica o Foro Económico Mundial. Como é posible que as mulleres gañasen poder xustamente por mor da crise? “Nos anos que precederon ao crash, o sector financeiro excedera todos os límites, correndo inmensos riscos, acumulando débeda… Era unha cultura de homes novos que viraba ao redor da exaltación das nocións máis estereotipadas de masculinidade”. Si, afirma rotundamente, “podemos falar dun crash dos valores masculinos”.

A primeira ministra destaca que a igualdade é causa, á vez que efecto, da prosperidade do seu país. “Defendendo os servizos públicos, non soamente protexemos os empregos das mulleres neste sector tan feminizado, senón que contrarrestamos o impacto negativo da crise sobre o benestar da cidadanía”.

Mais non hai lugar para a autocompracencia. “O déficit de mulleres en postos de dirección empresarial e a fenda salarial de xénero son os nosos maiores problemas”, di Sigurdardóttir. “O ano pasado, o Parlamento aprobou unha lei de cotas nos consellos de dirección de empresas privadas e públicas que entrará en vigor en 2013″. “Un dos obxectivos do noso sistema de permisos parentales é aumentar a participación dos homes nas responsabilidades familiares. Non debemos subestimar a importancia deste tema”, prosegue. O sistema de permisos parentales islandés é o máis avanzado do mundo: concede tres meses intransferibles a cada proxenitor (dun total de nove) e os pais toman a súa parte masivamente.

Non está aínda desequilibrada a balanza? “Abofé que pode mellorar. A nosa meta é coordinar o sistema de permisos parentales co de educación infantil, outro factor chave para o alto nivel de igualdade de xénero en Islandia”. “Cando estendamos o permiso parental até os 12 meses e as criaturas sexan admitidas nas escolas de educación infantil a esa idade, veremos unha distribución máis igualitaria do tempo dedicado por homes e mulleres. Pero tamén temos que considerar se os permisos deben ser de seis meses intransferibles para cada un”. Este asunto, reflexiona, “require máis debate”.

Entrevista co director

Entrevista con Matías Nicieza, director do filme O divino ferrete, no programa É Cultura de Telelugo.

Cadena SER e RNE

Carles Francino e mais os seus compañeiros do programa Hoy por hoy da Cadena SER, co señor Feijóo mediante, dedicaron un tempo do programa a falaren sobre O divino ferrete, e a seguir fixeron un breve repaso polas primeiras iniciativas pornográficas feitas nas linguas minorizadas, malia que oficiais, da península. Por outra banda, fomos entrevistados no programa Esto me suena de Radio Nacional de España.

A seguir quedan ambos os dous ficheiros de audio (en castelán).

Hoy por hoy

Esto me suena

Entrevistas varias

Varios membros do noso equipo citáronse con María Munín, da Axencia EFE, o mércores á tarde en Compostela, e onte saíu a noticia do proxecto en múltiples diarios, tanto de ámbito nacional como estatal. Entre quen se fixeron eco do que estamos a argallar, estiveron grupos empresariais de todas as cores, sobre todo das dereitas, sempre viciosas e sexuais, é certo que as máis das veces máis ben á calada e a zorro. En fin, que La Voz de Galicia, El Mundo, ABC, ou La Opinión deron conta da nosa existencia, e ben que llelo queremos agradecer.

No caso de La Voz, ademais, saíu o pasado venres unha outra reseña produto dunha entrevista coa xornalista Laura López, en exclusiva para e edición luguesa, que ligamos nun documento pdf ao non estar dispoñible na edición dixital.

Non deixa de ser curioso que mentres algunhas redaccións como a de Terra Noticias, Diario Atlántico ou ADN, optaron por prescindir da frase final, outras como a de El Confidencial ou Faro de Vigo si a incluíron. É esta:

[...] “O filme vaise facer, se non é con máis é con menos”, asegura Nicieza, cuya intención es hacer llegar un ejemplar al presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, al que previene de que “a fita levará subtítulos en varios idiomas, entre eles o castelán, por se se perde.”

Ben falado!

O divino ferrete na Radio Galega

Onte os xornalistas Kiko Novoa e Belén Regueira, no programa Galicia por diante da Radio Galega, conversaron de maneira distendida cun dos guionistas deste proxecto, Alejandro Tobar. Aquí queda pois a entrevista, que agradecemos e esperamos que sexa a primeira de varias.

Preme na ligazón para escoitares a entrevista